A Autoridade Portuaria desestima a proposta de Fernández Lores sobre a necesidade dun porto seco

Pontevedra
31 de outubro 2014

Segundo informaron dende a Autoridade Portuaria os vogais consideraron que a creación de máis chan industrial sería "un sobreinvestimento non necesario polo momento"

Imaxen aérea do Porto de Marín
Imaxen aérea do Porto de Marín /

O Consello da Autoridade Portuaria de Marín e Ría de Pontevedra desestimou a proposta do alcalde capitalino, Miguel Anxo Fernández Lores, sobre a necesidade inminente de que a rada conte cun porto seco.

Segundo informaron dende a Autoridade Portuaria os vogais consideraron que a creación de máis chan industrial sería "un sobreinvestimento non necesario polo momento", debido á existencia de 420.000 metros cadrados de chan industrial libre nos dous parques empresariais do ámbito e "coa actual conxuntura económica".

En consecuencia, non se considerou a necesidade de votar o texto proposto polo rexedor pontevedrés.

Fernández Lores expuxo a súa proposta en relación á creación de chan industrial que permita ao porto continuar crecendo e que sexa unha solución ante a inseguridade xurídica existente coa posible execución das sentenzas xudiciais que obrigan a derrubar 300.000 metros cadrados de recheos portuarios ilegais.

Tras a súa exposición, o presidente da Autoridade Portuaria, José Benito Suárez Costa abriu unha quenda de debate para que todos os conselleiros expresasen a súa opinión ao respecto, descartando a creación dunha plataforma loxística ou porto seco.

Ademais, nas súas conclusións, o presidente da Autoridade Portuaria reiterou que a creación de chan industrial en ningún caso se pode formular como unha alternativa á sentenza de 2009.

CESIÿN DE ESPAZOS

Para dar cumprimento ás esixencias normativas que ten o Porto como recinto de resgardo fiscal e como porto de interese xeral do Estado, a Autoridade Portuaria ten neste momento en licitación a actuación coñecida como "novos accesos á zona S-O do Porto de Marín ". Trátase de modificar o peche perimetral do recinto e o punto de acceso de vehículos e persoas na zona da praza de España do Concello de Marín.

Deste modo aténdese ademais a petición do Concello de Marín para completar a superficie portuaria cedida ao Concello naquelas zonas onde non se interfira a actividade loxística-portuaria. Desta manera,el Consello de Administración aprobou realizar unha addenda ao acordo subscrito en 2010 entre a Autoridade Portuaria e o Concello sobre xestión e uso público de determinadas superficies e instalacións incluídas na zona de servizo do Porto.