A área sanitaria de Pontevedra e O Salnés incorpora 120 novos profesionais

Pontevedra
13 de decembro 2022

Destes 120 profesionais que se incorporan cun contrato fixo, 85 son facultativos especialistas, 23 profesionais son persoal técnico e 12 toman posesión coma persoal facultativo de Urxencias

Acto de benvida aos 120 novos profesionais que incorpora o Sergas ao área sanitaria de Pontevedra e O Salnés
Acto de benvida aos 120 novos profesionais que incorpora o Sergas ao área sanitaria de Pontevedra e O Salnés / Sergas

A Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés acolleu este martes no hospital Provincial do Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra a toma de posesión dun total de 120 profesionais sanitarios coma persoal fixo do Servizo Galego de Saúde nesta área de saúde, toda vez que se superaron os procesos selectivos tanto en hospitais públicos e entidades coma o 061.

Deste total de 120 profesionais, 85 toman posesión coma persoal fixo do Sergas na Área Sanitaria coma facultativos especialistas (70 no distrito sanitario de Pontevedra e 15 no distrito sanitario de O Salnés), 23 profesionais coma persoal técnico (20 no distrito sanitario de Pontevedra e 3, do Salnés) e 12 toman posesión coma persoal facultativo de Urxencias (8 en Pontevedra e 4 no Salnés).

A Xunta de Galicia continúa así co seu traballo administrativo e organizativo no proceso de estabilización dos cadros de persoal e mellora dos servizos sanitarios públicos, con medidas para fomentar a conciliación e a estabilidade dos empregados públicos así como co desenvolvemento da súa carreira profesional.

A incorporación destes profesionais coma persoal fixo do Servizo Galego de Saúde tras a superación destes procesos selectivos tamén contribuirá a paliar o déficit de médicos que sofre o conxunto do Sistema Nacional de Saúde.

Pola contra, o BNG e o Partido Socialista de Cerdedo-Cotobade, denunciaron que o centro de saúde de Carballedo volve quedar sen médico, que non volverá ata o martes da próxima semana.