A Asociación pola Defensa da Ría de Pontevedra (APDR) considera un "caso claro de prevaricación" que a Xunta pretenda resolver a ilegalidade dos recheos portuarios de Marín coa aprobación definitiva do actual Plan Especial do Porto "que é unha copia dos anteriores".
O Tribunal Supremo sentenciou a ilegalidade que os recheos fronte a Estribela ordenando a devolución ao mar dos mesmos e a demolición das naves empresariais que se alzan sobre eles.
Con todo a administración autonómica ten previsto emitir unha memoria ambiental e os informes sectoriales o que, segundo a Xunta, "permitirá a aplicación dunha normativa que ofreza seguridade xurídica non desenvolvemento da actividade portuaria e solucionará o problema plantexado co recheo".
A visión do departamento autonómico contrasta coa da APDR e a da denunciante, a Plataforma Defensora da Praza dos Praceres, que reclamou aos tribunais que se lle autorice a executar os derrubamentos e que o financiamento dos traballos se faga con fondos que deberían incautarse a Fomento para este fin.
Pola súa banda, desde a APDR consideran que se se aproba este plan especial "hai razóns suficientes para poñer en coñecemento do fiscal estes feitos e esixir responsabilidades" por un delito medio ambiental e outro de prevaricación.
O colectivo ecoloxista ten "moi claro" que os responsables son "a Secretaria Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, Encarnación Rivas, e os presidentes da Autoridade Portuaria, deste Tomás Iribarren pasando por María Ramallo, Juan Carlos Surís ata José Benito Suarez Costa" asi como o Director e o responsable do departamento de Desenvolvemento do Porto.