25N | Ribadumia conmemora o día cun manifesto institiucional e un punto violeta

O Salnés
25 de novembro 2024
Actualizado: 19:07

O acto, que tivo lugar no auditorio, contou cunha interpretación musical por parte de Juan Carlos Cambas e Rosa Leiro, acompañados de ximnastas do club Grand Jeté

Conmemoración del 25N en Ribadumia
Conmemoración del 25N en Ribadumia / Concello de Ribadumia

O Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra as Mulleres, o 25N, conmemorouse por partida dobre en Ribadumia.

Por unha banda, o auditoio acolleu a lectura dun manifesto institucional nun acto ao que acudiron representantes políticos, veciños e representantes do tecido asociativo e deportivo da localidade.

O acto comezou cunha actuación do pianista Juan Carlos Cambas, acompañado dunha interpretación de danza por parte de ximnastas do club de ximnasia rítmica Grand Jeté.

Despois tomou a palabra o alcalde, David Castro, avogando por unha sociedade libre de violencia e igualitaria.

Tamén participou na lectura do manifesto a concelleira de Igualdade e Servizos Sociais, Alba Martínez, e a coordinadora do CIM da Mancomunidade do Salnés, Ana Balsa.

Unha nova interpretación musical por parte de Juan Carlos Cambas, acompañado esta vez pola solista Rosa Leiro, pechou a parte institucional da xornada

Paralelamente, na Praza do Concello instalouse este luns un Punto Violeta, que proporcionou información sobre a campaña de sensibilización do 25N baixo os lemas 'Compracer nunca, con pracer sempre' e 'Non a líes, alíate'.

Este punto informativo desprazouse tamén até o CPI Julia Becerra Malvar.