Reforma de Santa Clara

Operarios de obras (arquivo)

A rúa de Santa Clara abrirase completamente á circulación rodada durante a semana próxima

06/02/2015
Pontevedra

O tráfico normalizarase completamente na rúa de Santa Clara durante a semana próxima. As obras no último sector desta céntrica vía afrontan a súa recta final. Nos últimos días rematáronse completamente as novas beirarrúas e quedou aplicado e pulido o formigón da calzada. O concelleiro de Urbanismo, Antón Louro, mantivo unha...

Mónica Patxot
Cubrición dos vestixios do Camiño Vello de Castela

Tapan o Camiño Vello de Castela tras concluír os traballos arqueolóxicos

24/11/2014
Pontevedra

Os arqueólogos empezaron este luns a tapar os restos arqueolóxicos na rúa Santa Clara cunha tea xeotextil para protexelos da auga unha vez que sexan soterrados. A empresa Citania escavou durante estes días nuns 400 metros cadrados do tramo final da rúa, dende a entrada ao aparcadoiro do Hipermercado Froiz ata...

Oskar Viéitez
Antón Louro e Israel Picón nos traballos arqueolóxicos de Santa Clara

Os arqueólogos localizan a porta de 'Rocha forte' na rúa Santa Clara

14/11/2014
Pontevedra

Os arqueólogos da empresa A Citania que está a traballar no primeiro tramo da rúa Santa Clara, localizaron a porta de 'Rocha forte', a entrada do Camiño de Castela na cidade de Pontevedra. Segundo explicou o arqueólogo Israel Picón, destaparon o Camiño de Castela no tramo pétreo, unha vía que xa...

Oskar Viéitez
Antón Louro visita a escavación arqueolóxica de Santa Clara

Avance nas obras de Santa Clara co inicio das escavacións arqueolóxicas

05/11/2014
Pontevedra

O inicio dos traballos de escavación arqueolóxica na rúa Santa Clara activaron de novo a fase final dunha obra que provocou as queixas de veciños e comerciantes. A aparición de restos arqueolóxicos obrigou a licitar e adxudicar unhas obras complementarias que provocarán unha escavación de metro e medio de profundidade para...

Diego Espiño
Obras na rúa Santa Clara

Sería unha boa noticia que aparecesen valiosos restos arqueolóxicos en Santa Clara?

27/10/2014
Pontevedra

Se aparecesen restos arquelóxicos de alto interese na rúa Santa Clara, sería unha boa ou unha mala noticia?. A pregunta formulouna en rolda de prensa o concelleiro de Urbanismo, o tenente de alcalde, Antón Louro, que compareceu para anunciar o reinicio dos traballos na rúa Santa Clara. A xunta de goberno...

Oskar Viéitez
Xuntanza dos comerciantes de Santa Clara co concelleiro de Urbanismo, Antón Louro

Louro confía "plenamente" en que "antes do Nadal" as obras de Santa Clara estean executadas

23/09/2014
Pontevedra

O concelleiro de Urbanismo e tenente de alcalde, Antón Louro, reuniuse este martes cun grupo de veciños e comerciantes da rúa Santa Clara. Un encontro valorado positivamente polos afectados pola paralización das obras. "Polo menos falamos, ainda que estamos defraudados porque non temos datas", indicou Sebastián Filgueira, voceiro veciñal. Non obstante, Antón...

PontevedraViva
Membros da plataforma anti crematorios ás portas do Pleno municipal

Respaldo unánime ás mocións de Biempica e só do PP ás demandas dos 'anticrematorios'

22/09/2014
Pontevedra

A concelleira non adscrita, María Biempica, ex edil do PP, logrou reunir o apoio de toda a corporación para aprobar as dúas mocións que presentou ao Pleno, nas que instaba ao deseño dunha planificación e xestión estratéxica e tamén solicitaba a instalación dunha horta urbana en Valdecorvos. A concelleira non adscrita,...

Oskar Viéitez
Mónica Patxot
Os veciños de Santa Clara protestan pola paralización das obras

Os comerciantes de Santa Clara protestan polo atraso da reforma da rúa

18/09/2014
Pontevedra

Aos veciños e comerciantes de Santa Clara esgotóuselles a paciencia ante a paralización e o atraso das obras de reforma da rúa. Este xoves convocaron os medios de comunicación para trasladar o seu malestar e lamentar a falta de resposta municipal ás súas queixas tras solicitar unha reunión co concelleiro de...

Oskar Viéitez
Mónica Patxot
Un dos enlousados pétreos aparecidos en Santa Clara

Escavarán parte de Santa Clara ante a aparición dos últimos achados arqueolóxicos

30/07/2014
Pontevedra

A aparición de restos arqueolóxicos nas obras de reforma da rúa Santa Clara obrigarán a facer unha serie de actuacións complementarias. A máis importante unha escavación do sector afectado por estes achados, supostamente relacionados co pavimento orixinal do Camiño Vello dos Arrieiros. Unha Xunta de Goberno extraordinaria autorizou a contratación...

PontevedraViva
Obras da segunda fase da reforma urbana na rúa Santa Clara

A segunda fase das obras de reforma de Santa Clara, listas antes de que acabe xuño

21/06/2014
Pontevedra

As obras da rúa Santa Clara afrontan a recta final do segundo sector do Plan de Obra, trazado polos técnicos municipais para facer compatible a execución dos traballos co tráfico rodado e a actividade diaria de  veciños e comerciantes. A empresa construtora informou ao goberno municipal de que esta fase...

PontevedraViva
Santa Clara

Comeza a segunda fase das obras na rúa Santa Clara

06/03/2014
Pontevedra

O luns 10 de marzo a partir das 10,00 horas, comeza a segunda fase das obras na rúa Santa Clara. Segundo anuncian dende a Policía Local de Pontevedra, para garantir a mobilidade dos residentes e o acceso ao aparcadoiro público, se permitirá o acceso e saída ao aparcadoiro de Santa Clara...

PontevedraViva
Obras na rúa Santa Clara

Patrimonio dá vía libre á reanudación das obras en Santa Clara

04/02/2014
Pontevedra

O tenente de alcalde e concelleiro de Urbanismo, Antón Louro, asistiu este martes á Comisión Territorial de Patrimonio Cultural na que se autorizou a continuación das actuacións de reurbanización integral da rúa. Nela, os técnicos municipais entregaron un proxecto modificado que exclúe todo o adro da igrexa conventual de Santa...

PontevedraViva
Obras na rúa Santa Clara

As obras de Santa Clara continuarán na rúa evitando, polo de agora, o convento

23/01/2014
Pontevedra

O Concello de Pontevedra ten intención de seguir adiante coas obras de reforma da rúa Santa Clara malia o informe da Comisión Territorial de Patrimonio Histórico de Pontevedra da Xunta que informa desfavorablemente á rehabilitación integral da zona. Para evitar este "non", modificarase o proxecto de tal forma que se...

PontevedraViva
Convento de Santa Clara

A Comisión de Patrimonio rexeita a reforma da rúa de Santa Clara

22/01/2014
Pontevedra

O voceiro do grupo municipal do Partido Popular, Jacobo Moreira, desvelou este mércores o contido dun informe da Comisión Territorial de Patrimonio Histórico de Pontevedra da Xunta, no que informa desfavorablemente á autorización solicitada polo Concello de Pontevedra para a rehabilitación integral da rúa de Santa Clara. O informe, que ainda...

Oskar Viéitez

As obras rematan en prazo ante a chegada das festas do Nadal

20/12/2013
Pontevedra

O concelleiro de Urbanismo, Antón Louro, visitou este mediodía as obras da pasarela de José Adrio para comprobar o resultado destes traballos que se encontran practicamente finalizados. Esta zona conta xa cun parque infantil e con bancos tras un investimento de 300.000 euros. Segundo manifestou Antón Louro, os veciños e...

PontevedraViva

Frenesí obreiro antes do parón do Nadal

18/12/2013
Pontevedra

A Concellaría de Urbanismo ten en carteira 13 obras urbanas, a metade das cales xa se atopan en marcha. O concelleiro responsable da área e tenente de alcalde, Antón Louro, espera que todos eles estean pechados antes do parón festivo pola campaña do Nadal. O edil socialista visitou este mércores a...

Oskar Viéitez

Cambios no tráfico polas obras da rúa Santa Clara

10/11/2013
Pontevedra

O martes 12 de novembro comezarán a segunda fase das obras de humanización na rúa Santa Clara. As obras alcanzan a intersección de Santa Clara con Álvaro Cunqueiro. O luns retirase o estacionamento da rúa Santa Clara por necesidades de obra e para permitir o dobre sentido circulatorio o martes día...

PontevedraViva

O Concello aproba un paquete de obras valorado en máis de tres millóns de euros

16/09/2013
Pontevedra

O Plan de Obras Urbanas da Concellería de Urbanismo recibiu este luns o visto bo da Xunta de Goberno Local. Quedou aprobado o procedemento de contratación dun paquete de catro reformas valorado nun total de 3.110.638 euros. As actuacións en curso son: Rehabilitación integral da rúa Manuel Leiras Pulpeiro. Orzamento 220.618,60 euros...

Oskar Viéitez

Santa Clara da un paso definitivo para a súa rehabilitación e posta en valor

08/08/2013
Pontevedra

As obras de restauración urbanística e ambiental da rúa Santa Clara xa están adxudicadas. Na mesa de contratación celebrada este xoves decidiuse que as asumirá a empresa Eiriña cun orzamento de 676.199,22 euros e terá como obxectivo devolver a este espazo o seu protagonismo dentro das xoias históricas e patrimoniais...

PontevedraViva