As melloras dos viais do polígono empresarial da Reigosa comezaron este venres.
Segundo informaron dende o Concello de Ponte Caldelas, a actuación consistirá na eliminación da mediana existente entre a Cristalería Pontevedresa e Aludec para rematar co problema de acceso de camións a ámbalas dúas naves empresariais.
Ademais, renovarase toda a sinalización...
Trece mulleres, todas desempregadas, participan na actividade formativa para activar o emprego posta en marcha polo Concello de Ponte Caldelas.
‘Capacitadas’ é unha acción formativa gratuíta para que as mulleres de Ponte Caldelas se preparen para traballar como operarias de producción e loxística.
O ano pasado, oito das quince mulleres participantes no...
O Concello de Ponte Caldelas anuncia que se vai dirixir á Consellería de Infraestruturas para solicitar que se transfira á administración municipal un treito duns 200 metros correspondente ao vello trazado da estrada autonómica PO-532 ao seu paso pola Reigosa.
O alcalde Andrés Díaz e o concelleiro José Manuel Martínez visitaron...
A Xunta de Galicia adxudicou unha nova parcela de solo empresarial con bonificación no parque empresarial de Ponte Caldelas.
No polígono da Reigosa adxudicouse unha parcela cunha superficie de 8.357,75 metros cadrados e unha bonificación do prezo por importe de máis de 238.000 euros.
O prezo total da parcela é de 555.790...
O proxecto da Central de Transportes de Ponte Caldelas, prevista no polígono da Reigosa, vai a experimentar algún cambio. Así, o Instituto Galego de Vivenda e Solo propuxo unha modificación dos seus case 90.000 metros cadrados para adaptalos ás necesidades actuais.
A alternativa seleccionada, que vén de recibir o informe ambiental,...
A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda iniciou este luns a venda de máis de 750.000 metros cadrados de solo empresarial de Xestur, que se poden adquirir cun desconto no prezo de saída. A superficie está repartida en 17 parques empresariais en distintos concellos galegos entre os que se...
O director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS), Heriberto García, e o alcalde de Ponte Caldelas, Andrés Díaz, mantiveron un encontro este venres en Santiago para analizar os cambios que a Xunta de Galicia introducirá no proxecto sectorial da Central do Transporte.
Desde a administración autonómica queren adaptar...
Francisco Barbeito Castro será galardoado por AJE Pontevedra co seu premio honorífico en recoñecemento á súa dilatada traxectoria á fronte do fabricante de vidro técnico Pontevedresa Group, compañía que fundou en 1958 baixo a denominación Cristalería Pontevedresa S.A.
O presidente de AJE Pontevedra, Pablo Fernández, explicou este venres a importancia de...
Unha planta de produción de motores e redutores eléctricos no polígono da Reigosa e un viveiro en Caritel. Son os dous proxectos empresariais que se porán en marcha en Ponte Caldelas cos 190.000 euros dunha subvención concedida polo Grupo de Desenvolvemento Rural (GDR) Pontevedra-Morrazo.
Os proxectos, que xa contan con informes...
O Pleno do Concello de Ponte Caldelas aprobou este xoves unha moción de urxencia pola que volve instar á Xunta de Galicia a aprobar o regulamento urbanístico que permita dar licenzas municipais no solo industrial da Central de Transportes, acabando así cunha paralización que dura xa 20 meses "sen motivo...
O polígono industrial da Reigosa foi, neste 8 de marzo, o epicentro da folga feminista en Ponte Caldelas. Unha marcha de traballadoras percorreu as principais rúas deste espazo empresarial.
As empresas pactaran cos sindicatos paros de dúas horas en quendas de mañá e tarde que foron secundados de forma maioritaria polo...
Os petróglifos máis representativos de Ponte Caldelas, xunto con topónimos tradicionais da zona, darán nome a partir do mes de marzo ás rúas do polígono industrial da Reigosa. O cambio de denominación será aprobado no pleno de marzo.
Así llo trasladou o alcalde, Andrés Díaz, á Entidade de Conservación do polígono...
O Concello de Ponte Caldelas volveu denunciar atrasos na Central de Transportes da Reigosa. En concreto, asegura agora que leva 15 meses agardando a que a Xunta de Galicia realice un cambio na normativa urbanística autonómica pola que debe guiarse para conceder licenzas de construción.
Esta atraso motiva, segundo denuncia o...
O Concello de Ponte Caldelas bonificará cun 50% no Imposto de Construcións, Instalacións e Obras (ICIO) á empresa Egasen, ata agora dedicada á importación de motores eléctricos e redutores industriais. A firma está a piques de iniciar as obras dunha planta de produción propia no polígono da Reigosa que pretende...
Un total de 20 persoas de Ponte Caldelas serán seleccionadas para participar nun programa de Capacitación en Montaxe de Estruturas Metálicas que vai durar dous meses, co compromiso de contratación, ao remate do curso, por parte da empresa especializada Metal Works and Structures, dun mínimo dun 50% dos participantes.
O Concello...
Un ano despois de presentar unha proposta técnica para reactivar a Central de Transportes de Ponte Caldelas, o goberno municipal denuncia que a Xunta de Galicia segue a bloquear os plans empresariais para esta parcela do polígono da Reigosa.
Os empresarios interesados en instalarse nestes terreos están a sufrir, segundo o...
Sete anos despois da súa inauguración, as rúas do polígono industrial da Reigosa seguen sen nome. Pero non será por moito tempo. O Concello de Ponte Caldelas tomou a decisión de bautizar todo o rueiro cos nomes das distintas estacións de petróglifos espalladas polo municipio, converténdoo así nun catálogo da...
O goberno local de Ponte Caldelas está "moi satisfeito" da especialización crecente que o polígono industrial de A Reigosa está adquirindo en torno ao sector dos elaborados do mar. A instalación da conserveira Orbe durante o ano pasado está a exercer un "influxo importante" e así esta mesma semana, a...
AJE Pontevedra decidiu premiar unha andaina empresarial que empezou hai 80 anos, a da conserveira Orbe, agora instalada no polígono empresarial da Reigosa.
A presidenta dos novos empresarios pontevedreses, Lucía Pedroso, destacou que á fronte desta empresa familiar con 149 empregados atópase a terceira xeración con todas as consecuencias que isto...
Un vídeo gravado por un veciño permitiu nos últimos días identificar unha empresa cántabra como presunta responsable de dúas verteduras de residuos no polígono da Reigosa. A firma ten agora aberto un expediente sancionador na Consellería de Medio Ambiente por mor dunha denuncia presentada polo Concello de Ponte Caldelas.
Segundo a...
O polígono industrial da Reigosa poderá recibir dous novos veciños. A Xunta de Goberno local de Ponte Caldelas concedeu nas dúas últimas sesións licenzas de obra maior para a construtora Planificación, Desarrollo y Gestión de Contrataciones S.A. (GPD) e para a empresa Inox+Promed, especializada en distribución de garrafas de gases...
O proceso de selección do persoal para empresa Conservas Orbe afrontarase neste mes de abril e farase no Centro Cultural a cargo de técnicos da empresa de traballo temporal (ETT) Randstad. Serán nun principio 50 mulleres da vila.
O Concello de Ponte Caldelas estará ao marxe, pero "vixiante" para que as...
A Xunta, a través da sociedade pública Xestur, aboará este mes 2,9 millóns de euros aos propietarios dos terreos expropiados para o parque empresarial da Reigosa, en Ponte Caldelas.
Esta proposta, entre outras, veñen de autorizarse no Consello de Administración de Xestur.
Posteriormente, nos meses de maio e agosto de 2016 aboaranse...
O Pleno da Corporación Municipal de Ponte Caldelas aprobou por unanimidade dos concelleiros presentes o regulamento de explotación do punto limpo ubicado no Parque Empresaria da Reigosa e que ten previsto ser entregado ao Concello antes de que remate o presente ano.
O regulamento contempla un uso gratuíto e exclusiva de...
O Concello de Ponte Caldelas remitirá un oficio a Xestur instándolle a proceder á limpeza das parcelas desocupadas do parque empresarial da Reigosa co fin de ofrecer una boa imaxe da zona e evitar a proliferación de especies invasoras e problemas de salubridade.
O alcalde, Andrés Díaz, dixo ao respecto que...
Os alcaldes de Pontevedra, Miguel Fernández Lores, e Ponte Caldelas, Andrés Díaz, asinaron este venres o convenio entre ambos os municipios polo que a capital lle servirá auga ás empresas da Reigosa e no que establece as taxas que se lle cobrará ao concello veciño por esta subministración.
Ambos os concellos...
O alcalde de Ponte Caldelas, Andrés Díaz Sobral, e o xerente de Aludec, S.A., Ernesto Lumbreras Peláez asinaron un convenio de colaboración mediante o cal a multinacional de compoñentes automobilísticos priorizará a contratación de desempregados do municipio como persoal para as súas fábricas instaladas no Parque Empresarial da Reigosa.
O alcalde...
O equipo de goberno do Concello de Ponte Caldelas, encabezado polo seu alcalde Andrés Díaz e a técnica municipal de emprego, realizou unha visita ás instalacións da Fundación para a Orientación Profesional, Emgrego e Formación en Galicia (Forga), ubicadas na parcela número 27 do parque empresarial da Reigosa, para coñecer...
A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas vén de adxudicar as obras de construción do punto limpo do Concello de Ponte Caldelas, por un importe de 285.448 euros. Este contrato foi adxudicado á empresa Atlántica de Construción e Medio Ambiente SL, cun prazo de execución de tres meses e...
O consello de administración da empresa pública Xestur aprobou este martes a adxudicación dunha parcela de solo empresarial no parque de A Reigosa, en Ponte Caldelas.
A parcela adxudicata ten unha superficie de 1.263 metros cadrados.
No que vai de 2015, a Xunta vendeu "un 30% máis" de chan industrial que no...
O alcalde de Ponte Caldelas, Perfecto Rodríguez, mantivo este xoves unha reunión coa Delegada do Estado no Consorcio da Zona Franca, Teresa Pedrosa para estudar as posibilidades de instalar no parque da Reigosa un Centro de Negocios e de Iniciativas Empresariais que siga o modelo de éxito do desenvolvido polo...
A empresa pública Xestur aplicará bonificacións do 30% nas parcelas do parque empresarial da Reigosa, segundo establece o concurso público de venda convocado este venres e no que se poderán presentar ofertas ata o próximo seis de abril.
As bonificacións do 30% aplicaranse sobre os prezos das parcelas anteriores ao concurso...
A Xunta convoca este luns o concurso público de medio millón de metros cadrados de solo industrial con bonificacións que van do 15% ata o 50%. O prazo para presentar solicitudes será dun mes e, unha vez resolto, as parcelas que non foran adxudicadas poderán facelo de forma directa polo...
A Conselleira de Medio Ambiente, Ethel Vázquez, confirmoulle ao alcalde de Ponte Caldelas que o Consello da Xunta deste xoves aprobou a construción dun punto limpo nunha parcela municipal de 1.417 metros cadrados situada no parque empresarial da Reigosa. A Xunta prevé un investimento para a construción de 335.979,97 euros.
Trátase...
O alcalde de Ponte Caldelas, Perfecto Rodríguez, informou que negocia coa Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental de la Xunta a instalación dun punto limpo nunha parcela municipal de 1.417 metros cadrados situada no parque empresarial da Reigosa.
Para iso, a Xunta de Goberno Local aprobou solicitar ante a Consellería...
Este xoves celebrouse o acto simbólico da colocación da primeira pedra da nova nave que a conserveira Orbe está a construír no polígono empresarial de A Reigosa en Ponte Caldelas.
Este acto foi presidido polo xerente da empresa, Juan José Vicente, e no mesmo estiveron presentes o alcalde da localidade, Perfecto...
O alcalde de Ponte Caldelas, Perfecto Rodríguez, acompañado do presidente da Autoridade Portuaria de Marín, José Benito Suárez Costa, e do coordinador de Xestur para a zona sur, Javier Domínguez, visitaron este venres o Parque Empresarial da Reigosa co obxectivo de que o responsable do porto estudie esta zona industrial...
O grupo Aludec decidiu trasladar de Vigo á Reigosa as súas oficinas centrais e a nave de produción de montaxe e serigrafía. Este grupo xa conta no polígono do Campiño en Pontevedra con catro naves de produción: Aludec Stamping, Aludec Saxonia e dous de Aludec Inyección.
O alcalde de Ponte Caldelas,...
A corporación municipal de Ponte Caldelas aprobou, cos votos a favor do PPdeG e BNG e a abstención do PSdeG-PSOE, a declaración de proxecto de interese municipal a construción da factoría conservera Orbe, S.A. no Parque Empresarial da Reigosa, que leva consigo un investimento duns 6 millóns de euros e...
O alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, decidiu forzar ao Consello de Administración da Autoridade Portuaria de Marín e Ría de Pontevedra a que debata sobre a implantación dun porto seco como alternativa para a situación de empresas e servizos que actualmente están nas instalacións, pero que poden ver...
A conserveira Orbe xa ten a punto o proxecto de construción da súa nova fábrica no Parque Empresarial da Reigosa. Tras a declaración de incidencia ambiental favorable outorgada pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas da Xunta, só resta que o Concello outorgue a correspondente licenza de obra e actividade...
A conserveira viguesa ORBE S.A adquiriu 15.000 metros cadrados de terreo no Polígono Industrial da Reigosa. Esta adquisición, realizada a Xestur, enmárcase dentro do proceso de expansión industrial da empresa co obxectivo de mellorar as súas infraestruturas e atender a demanda existente de produción.
Este venres, a xunta de goberno do...
O alcalde de Ponte Caldelas, Perfecto Rodríguez, recibiu o pasado venres os representantes de Aludec Saxonia S.A., que presentaron xa o proxecto para unha nave na parcela número tres do Parque Empresarial da Reigosa para a súa industria de metalizado de pezas plásticas.
Aludec Saxonia S.A., do grupo Aludec, adquiriu recentemente...
O Plan Sectorial de Ordenación de Áreas Empresariais de Galicia aprobado pola Xunta descarta o proxecto de área loxística presentado no ano 2010 polo presidente local do Partido Popular, Telmo Martín, nas marxes do río dos Gafos, entre Tomeza e Vilaboa. O Plan Sectorial tampouco considera a opción dun porto...
O consello de administración da empresa pública Xestur autorizou na súa reunión desta semana diversas operacións de venda de parcelas, unha delas no parque empresarial da Reigosa.
En concreto no parque de Ponte Caldelas autorizouse a segregación dunha parcela de 3.427 metros cadrados, que se dividirá en dúas de 1.500 e...
Dúas mulleres de 20 e 21 anos de idade resultaron feridas nun accidente de tráfico rexistrado este luns no municipio de Ponte Caldelas.
Segundo informan dende o 112, o sinistro tivo lugar no lugar de Finde, no polígono de Reigosa, ás 9,17 horas.
Ademais da Garda Civil de Tráfico ao lugar do...
Unha demanda dos empresarios do Parque Empresarial da Reigosa resolverase nas próximas semanas. O alcalde de ponte Caldelas, Perfecto Rodríguez, informou os membros da Entidade de Conservación do Parque de que un sistema de videovixilancia vai poñerse en funcionamento antes de que finalice o ano.
O sistema conta con 15 cámaras...
A Xunta de Galicia, a través do Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS) saca a concurso a venda de chan industrial da súa propiedade, entre elas a Central de transportes da Reigosa en Ponte Caldelas, cunha rebaixa do 20%.
A Central de Transportes encóntrase completamente baleira. Custou 3,5 millóns de...
A empresa de montaxes eléctricas Felix e Viñas, S.L. inaugurou este venres unha nova nave industrial de no polígono empresarial da Reigosa. Con esta nova nave xa son 11 as construídas no parque empresarial (están ocupadas en total 13 parcelas). Na actualidade das 49 parcelas existentes están vendidas 23 e...
O alcalde de Ponte Caldelas, Perfecto Rodríguez, mostrou a súa satisfacción polo impulso que a ministra de Fomento deu ao proxecto de Circunvalación de Pontevedra. Trátase da publicación no BOE da convocatoria das actas previas para a expropiación dos terreos necesarios para a primeira fase desta actuación incluída na A-57,...
O Concello de ponte Caldelas, en nome dos 49 propietarios de parcelas no parque empresarial da Reigosa, acaba de solicitar unha subvención económica á Consellería de Economía e Industria para a instalación dun sistema de videovixilancia na zona.
Segundo informou o Concello, aínda que dende o inicio da súa actividade o...
O goberno local de Ponte Caldelas ven de conceder licenza de obras e actividade á empresa Félix e Viñas, S.L., para a construción da súa nova nave na parcela nº 28 do Parque Empresarial da Reigosa que ten unha superficie total de 2.319 m2.
Trátase dunha nave de 750 m2 coa...
"Ante la indiferencia del gobierno del señor Lores, en el PP no nos quedamos con los brazos cruzados". Así iniciaba Jacobo Moreira a presentación da parcela que creen "idónea" para a instalación dun crematorio que dea servizo ao Concello de Pontevedra. Está situada no polígono da Reigosa (Ponte Caldelas) e...
A situación económica manda e a vella reivindicación de crear un Porto Seco que preste servizo ao Porto de Marín non parece que vaia a cumprirse nun futuro próximo. O investimento que conlevaría ou a necesidade de contar con conexión por ferrocarril fan que calquera solución teña que situarse a...