"Somos optimistas, vamos a ganar, porque lo creemos y estamos todos convencidos de ello", afirman os traballadores da fábrica de Ence na véspera da reunión na que os maxistrados da Sala do contencioso-administrativo do Tribunal Supremo deliberarán sobre a legalidade da prórroga que o Goberno de Mariano Rajoy outorgou en 2016...
O auditorio de conferencias de Afundación enchíase este venres 3 de persoal de Ence e de empresas auxiliares para participar no acto social convocado polos comités de empresa da entidade pasteira coa intervención de axentes de distintos sectores de Galicia co obxectivo de expoñer o apoio á permanencia da fábrica...
Ence comezou en Navia a produción de Naturcell e anuncia na súa páxina web que se completou con éxito este primeiro proceso na fábrica asturiana para elaborar un produto de celulosa non branqueada. Esta pasta ata o de agora só fornecíase desde a factoría de Lourizán en Pontevedra e agora,...
Unha multitudinaria manifestación de persoal de Ence e de empresas auxiliares percorrían no serán deste venres as rúas do centro de Pontevedra para reivindicar a continuidade da fábrica pasteira na súa actual localización en Lourizán.
A marcha partía ao redor das 20.30 horas da estación de autobuses para percorrer Eduardo Pondal,...
O secretario xeral confederal de CCOO, Unai Sordo, expresou este xoves o apoio do sindicato ao mantemento da empresa Ence na súa localización en Lourizán e destacou que xera emprego de calidade con impacto en distintos sectores de toda a comarca.
O líder sindical reuniuse este xoves en Vigo con membros...
O proceso xudicial que se mantén aberto no Tribunal Supremo para determinar a validez ou nulidade da prórroga que autoriza a permanencia de Ence na Ría de Pontevedra tiña o próximo 4 de outubro unha cita importante. O tribunal fixara ese día para a votación e fallo sobre un dos...
O Comité de Empresa da Fábrica de Ence, o Comité de Oficinas Centrais e representantes de empresas auxiliares, e sectores loxístico e forestal convocaron unha manifestación polas rúas de Pontevedra para o vindeiro venres 30 de setembro, ás oito da tarde.
Esta mobilización, que esperan que sexa "masiva", producirase tres días...
Ence presentou ante a Autoridade Laboral un expediente de regulación temporal de emprego (ERTE) por duración de catro meses, como consecuencia da parada na produción que chegou provocada pola baixada de caudal no río Lérez, de onde recollía auga para a actividade industrial en Lourizán. Este venres 29, representantes do...
Novo pau xudicial para os intereses de ENCE. O Tribunal Constitucional ha desestimado o recurso da Xunta de Galicia contra o artigo 20 da lei de cambio climático que limita a 75 anos as concesións en dominio público marítimo terrestre.
O Goberno galego interpretaba que a norma estatal afecta tamén a...
"Independente pero complementaria", así presentaron este xoves Francisco Conde, vicepresidente primeiro da Xunta de Galicia, e Antonio Casal, director territorial de Ence, a proposta que a empresa proxecta para o municipio coruñés das Pontes. Ambos protagonizaban unha rolda de prensa conxunta en Pontevedra coa intención de sinalar que tanto a...
O alcalde das Pontes e secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso, mostrou os "brazos abertos" á instalación dunha fábrica de biomateriales e de papel tisú de Ence no seu municipio.
Formoso avanzou "todas as facilidades" para que Ence estableza a súa factoría nun pobo que "leva 30 anos ofrecéndose como...
A empresa Ence quixo insistir este martes na "imposible recolocación" da súa fábrica de Lourizán noutro emprazamento. Fíxoo un día despois de que confirmara que estuda poñer en marcha unha bioplanta de biomateriais complementaria a Pontevedra na localidade coruñesa das Pontes e en resposta a unhas declaracións do alcalde e...
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, acompañado polo vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, mantivo este luns un encontro co Consello de Administración de Ence, co seu presidente ao fronte Ignacio de Colmenares que presentou o seu proxecto para crear un Polo de Economía Circular...
Este domingo celebrouse a marcha anual contra Ence que convoca a Asociación pola Defensa da Ría (APDR) na que participou un milleiro de persoas.
Nesta ocasión a APDR colgou unha coroa de eucalipto na porta da fábrica de Lourizán e proclamou que "Ence está morta".
As manifestacións saíron simultaneamente da alamedas de...
Na madrugada deste venres coñecíanse os resultados das eleccións sindicais celebradas na fábrica de Ence. A votación realizábase entre as 13.00 e as 23.30 horas deste xoves, cunha elevadísima participación. Do censo de Técnicos e Administrativos participou un 90%, mentres que en Especialistas, a cifra elévase ao 93%.
O resultado final...
Os traballadores de Ence volveron a tomar as rúas este venres. Aínda que a defensa dos seus postos de traballo sempre está como pano de fondo, a razón desta mobilización era a de agradecer ao presidente da Autoridade Portuaria de Marín, José Benito Suárez Costa, o posicionamento da institución favorable...
Este venres 27 ás 11.30 horas realizarase finalmente a marcha de agradecemento á Autoridade Portuaria de Marín por solicitar a adscrición ao Goberno central dos terreos que actualmente ocupa a factoría pasteira de Ence en Lourizán. A mobilización realizarase pola PO-546, coñecida popularmente como a estrada vella de Marín, desde...
Ence ten previsto realizar investimentos por un total de 395 millóns de euros na fábrica de Lourizán no caso de que o Tribunal Supremo ofreza unha resolución que anule a sentenza da Audiencia Nacional, na que se consideraba ilegal a prórroga para que a empresa se manteña na ría ata...
Un grupo de traballadores da factoría de Ence en Lourizán concentrábanse na mañá deste venres 6 diante da Subdelegación do Goberno ante unha notable presenza de forza policial. A convocatoria, realizada pola maioría do comité de empresa da fábrica, tiña como principal obxectivo demandar unha nova convocatoria da Mesa de...
O comité de empresa da fábrica de Ence en Lourizán anunciou unha concentración para este venres 6 de maio, ás 11.15 horas, ante a Subdelegación do Goberno na praza de España. Alí demandarán unha nova convocatoria da mesa de diálogo entre as partes para buscar unha solución ao futuro da...
Ignacio Colmenares, presidente e CEO de Ence-Enerxía e Celulosa, manifestaba este xoves na Xunta Xeral de Accionistas da compañía celebrada en Madrid que este 2022 está a resultar beneficioso para a empresa ao rexistrarse un contexto favorable para a actividade da entidade, grazas a unha forte xeración de caixa e...
Do mesmo xeito que ocorreu coa sentenza que anulou a prórroga de Ence a pedimento do proceso iniciado por Greenpeace, o Tribunal Supremo admitiu o recurso da compañía ao fallo da Audiencia Nacional derivado do procedemento impulsado polo Concello de Pontevedra.
O Alto Tribunal decidiu aceptar a trámite ademais os recursos...
Persoal da fábrica de Ence concentrábase este xoves 24 fronte ás oficinas da factoría durante o cambio de quenda de mañá e tarde. A protesta convocada polo comité de empresa de fábrica forma parte das accións convocadas para reclamar investimentos na factoría por parte da dirección e un posicionamento por...
O presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, cre que hai "bastantes posibilidades" de que o Tribunal Supremo sentencie a favor de manter a actividade da fábrica de Ence en Pontevedra como consecuencia do impacto económico e social que supoñería deixar sen efecto a concesión.
Na rolda de prensa posterior...
A compañía Ence emitiu un comunicado este venres para "aclarar unha serie de puntos", tras a celebración, onte xoves, dun evento no que interveu o presidente e CEO da compañía, Ignacio Colmenares, para avanzar a estratexia fundamental de Ence para os próximos anos que, segundo recalcan hoxe "prioriza a defensa...
Ence anunciou no seu 'Capital Markets Day', un encontro destinado a investidores, as liñas básicas da súa estratexia de crecemento de negocio para o próximos cinco anos que pasa pola defensa da legalidade da súa planta en Pontevedra e por un investimento de 105 millóns de euros na súa fábrica...
O Goberno central pon data para coñecer as posibles localizacións alternativas que ofrecerá a Ence para recolocar a súa fábrica de Pontevedra. Espera que neste primeiro semestre de 2022, antes por tanto do próximo mes de xullo, se poidan poñer "enriba da mesa" unha serie de posibles emprazamentos.
Así o avanzou...
Para o portavoz municipal do PP, a decisión do Tribunal Supremo de admitir a trámite o recurso de casación presentado por Ence á sentenza da Audiencia Nacional que anulou a prórroga para a súa fábrica de Pontevedra "es un paso importante pero no definitivo".
Rafa Domínguez, tras mostrar a súa "satisfacción"...
A decisión do Tribunal Supremo de admitir a trámite os recursos presentados contra a sentenza que anulou a prórroga á fábrica de Ence en Pontevedra non sorprendeu no goberno municipal. "Non agardábamos outra cousa", sinalou a edil Carme da Silva.
"En ningún momento se manexou outra posibilidade", argumentou Da Silva en...
Novo capítulo na loita xudicial aberta tras as sentenzas da Audiencia Nacional que invalidaban a prórroga da concesión concedida a ENCE para ocupar os terreos de Lourizán nos que se sitúa o seu complexo industrial.
A empresa pasteira confirmou este martes a recepción dunha notificación por parte do Tribunal Supremo na...
Ence puxo data de caducidade á súa fábrica de Pontevedra. A compañía pasteira asegura que, se o Tribunal Supremo non acepta os recursos presentados contra as sentenzas xudiciais que anularon a súa concesión sobre os terreos de Costas nos que senta o complexo industrial de Lourizán, pechará a factoría entre...
Traballadores do Comité de empresa de Oficinas Centrais de Ence; a asociación Seforcel; a Coordinadora de empresas auxiliares de Ence e a sección sindical de Comisións Obreiras no Grupo Ence decidiron nas últimas horas cancelar a marcha reivindicativa que organizaran para a mañá deste venres 18 de febreiro debido ao...
O vicepresidente primeiro da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, falaba este luns en Santiago de Compostela sobre a posibilidade que expón Valentín García Formoso, líder do PSdeG e alcalde das Pontes, de que a fábrica pasteira de Ence sexa trasladada ao seu municipio. Nesas declaracións recollidas pola xornalista María Boullosa no...
Xa se fixo pública a data da manifestación que a sección sindical de Comisións Obreiras, o sector forestal e empresas auxiliares organizan para demandar a adscrición dos terreos que actualmente ocupa a fábrica de Ence en Lourizán ao Porto de Marín, co obxectivo de garantir a continuidade da empresa nas...
A formación política Galica en Común presentaba unha pregunta parlamentaria ao Goberno sobre a tramitación que realiza a Xunta de Galicia de licenzas para acometer obras de mellora na planta de Ence que se atopa situada en Lourizán sen ter en conta as tres sentencias que a Audiencia Nacional emitiu...
O Pleno do Consello Consultivo de Galicia, en sesión celebrada este mércores, acordou trasladarlle á opinión pública que este organismo, como supremo órgano de consulta e asesoramento xurídico da Xunta e das administracións públicas da Comunidade Autónoma de Galicia, "só se pronuncia a través dos seus ditames e informes", por...
Rafa Domínguez, presidente local do Partido Popular e portavoz da oposición municipal, expresaba este mércores a súa preocupación ante as manifestacións realizadas por Teresa Ribera, ministra de Transición Ecolóxica, nas que citaba a Cerceda e As Pontes como posibles localizacións para instalar a fábrica pasteira de Ence ao tratarse de...
A Asociación pola Defensa da Ría de Pontevedra (APDR) denunciou a "manipulación" por parte da Xunta de Galicia e do Partido Popular do informe elaborado polo Consello Consultivo sobre as posibilidades legais de adscribir ao Porto de Marín os terreos de dominio público actualmente ocupados por ENCE en Lourizán.
Este mércores...
O vicepresidente primeiro da Xunta e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Turismo, Alfonso Rueda, mostrouse crítico coa ministra de Transición Ecolóxica, Teresa Ribera, por "abandonar" a idea de manter os postos de traballo de Ence na comarca en Pontevedra.
Ribera apuntou que un posible traslado da fábrica pasteira de Lourizán "es...
O traslado da fábrica de Ence fóra do seu actual emprazamento en Pontevedra sería "más fácil", segundo Teresa Ribera, se a pasteira aceptase irse a áreas que o Goberno cualificou como "zonas de transición justa", é dicir a Cerceda ou As Pontes.
Aínda que a vicepresidenta terceira do Goberno e ministra...
O futuro de Ence en Galicia, segundo o Goberno, pasa irremediablemente polo seu traslado. A que verbalizou este xoves os plans do executivo central foi a vicepresidenta terceira e ministra para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, Teresa Ribera.
Nun acto celebrado en Culleredo (A Coruña), Ribera deu un paso...
O Concello de Pontevedra trasladará un informe desfavorable á Xunta de Galicia sobre a petición remitida pola administración autonómica na que Ence solicita a modificación do plan sectorial de incidencia supramunicipal vixente desde 2012 para a fábrica de Lourizán.
Con esta acción, a empresa pasteira quere legalizar a planta de coxeración...
Pilar Rojo, senadora do PP, advirte de que o Goberno central non está a facer "absolutamente nada" para garantir o mantemento dos postos de traballo da fábrica de Ence en Pontevedra. A representante popular rexistrou varias preguntas no Senado para aclarar a posición do Goberno de Pedro Sánchez sobre o...
Ao redor de 150 traballadores de Ence e de empresas auxiliares manifestábanse este venres polas rúas de Pontevedra convocados polo sindicato Comisiones Obreras. Os motivos desta marcha, segundo expoñía Ana Cedeira, presidenta do comité de empresa de oficinas centrais, era a petición ao alcalde de Pontevedra da retirada da denuncia...
Comisiones Obreras sairá outra vez á rúa en defensa dos postos de traballo de Ence, segundo anunciaba este mércores Ana Cedeira, presidenta do comité de oficinas centrais da factoría. A convocatoria será este venres ás 11.00 horas. Partirá do Hospital Provincial para dirixirse ao Concello de Pontevedra e finalizará na...
Comisiones Obreras ten previsto iniciar unha nova fase de mobilizacións con dous obxectivos: forzar a adscrición dos terreos que ocupa a fábrica de Ence en Lourizán ao Porto de Marín e tamén solidarizarse co traballador da pasteira ao que Fiscalía solicita un ano de prisión despois de golpear o vehículo...
"Paréceme unha inxustiza que a un compañeiro, por defender o seu posto de traballo, a Fiscalía pida un ano de cárcere", sinala José Manuel Godoy, o traballador da fábrica de Ence en Lourizán, que este luns concentrábase ante a Audiencia de Pontevedra cun cartel no que denuncia a situación que...
Pilar Rojo, senadora do Partido Popular de Pontevedra, rexistraba nas últimas horas unha pregunta no Senado dirixida ao Goberno de Pedro Sánchez na que pide que "diga, sen reviravoltas, se vai estudar a viabilidade da adscrición dos terreos de Ence ao Porto de Marín".
Lembra que a ministra de Transición Ecolóxica,...
Pasadas as 10.30 horas, unha furgoneta cargada con pneumáticos situábase no frontal das instalacións de Ence cara á ría de Pontevedra. Varios traballadores da factoría lanzaban aos compañeiros que xa se atopaban na PO-12, a vía que une Pontevedra e Marín, para recoller as rodas e prenderlles lume cortando o...
O Partido Popular trasladaba este venres ao pleno da Deputación unha moción para que o grupo de goberno (PSOE-BNG) apoiase a adscrición dos terreos que ocupa actualmente Ence en Lourizán ao Porto de Marín, despois de que nas últimas horas o Consello de Administración da Autoridade Portuaria votase a favor...
Do mesmo xeito que sucedeu no último pleno municipal de Pontevedra, o Partido Popular demandará ao pleno provincial da Deputación previsto para este venres 26 un "apoio unánime" por parte de todos os grupos ao mantemento dos postos de traballo de Ence e á adscrición ao Porto de Marín dos...
"Te traigo un guion. Es buenísimo", con esta frase comeza Fernando González "Gonzo", presentador do programa Salvados de La Sexta, o avance que xa se pode ver nas redes sociais sobre o contido que se emitirá este domingo 21, a partir das 21.25 horas.
O guión centrarase en Ence e nos...
O presidente da Autoridade Portuaria de Marín e Ría de Pontevedra, José Benito Suárez Costa confirmou que pedirán a adscrición dos terreos de Lourizán "con ou sen Ence" e incluíndo os da clorera Elnosa.
Suárez Costa recibiu este mércores á presidenta comité de oficinas centrais de Ence, Ana Cedeira; ao presidente...
O pleno do Parlamento rexeitou, cos votos do grupo maioritario do Partido Popular, a proposición non de lei do BNG, defendida polo deputado Luís Bará, que reclamaba iniciar un proceso de diálogo con todas as administracións relacionadas, para traballar na ordenación dos usos dos terreos que ocupa actualmente Ence, prevendo...
O Parlamento galego debaterá a próxima semana unha proposta do BNG "pensando no futuro" na que instan á Xunta a que comece a "traballar en serio" na recuperación medio ambiental dos terreos de ENCE en Lourizán unha vez que peche a fábrica de pasta de papel.
O deputado do BNG no...
Ao redor dun centenar de traballadores da fábrica que Ence ten en Lourizán volveron a tomar as rúas para esixir unha solución que garanta a continuidade dos seus empregos no complexo industrial, ameazado co peche tras as sentenzas que anularon a súa prórroga.
Desde as dez da mañá, as súas protestas...
Este venres, ao redor das 10.00 horas, está prevista unha protesta no exterior da fábrica de Ence para reclamar a continuidade dos postos de traballo. Tratábase dunha manifestación que aínda non se anunciara publicamente porque tiña a intención de ser "sorpresa", segundo fontes do comité de empresa.
Pero esta protesta xa...
Catorce recursos de casación interpuxéronse diante do Tribunal Supremo por parte dos comités de empresa, a dirección de Ence, empresas auxiliares, entidades do Porto de Marín, a Autoridade Portuaria e tres empresas do sector forestal contra as dúas primeiras sentenzas da Audiencia Nacional que anulaban a prórroga concedida polo goberno...
O Concello de Pontevedra amosou a súa "sorpresa" pola "axilidade" no que se emitiu o informe do Consello Consultivo de Galicia sobre a posibilidade de incluír a fábrica de Ence dentro do ámbito territorial do porto de Marín.
"Entrou o escrito do presidente o mércores e o luns estaba feito", explicou...
"Que ten mudado tras a reunión Feijóo-Ribera?" A pregunta pona sobre a mesa Antón Masa, presidente da Asociación Pola Defensa da Ría de Pontevedra (APDR), e el mesmo a responde: "deixa as cousas practicamente igual que estaban".
A APDR fixo público este sábado un comunicado no que valora a entrevista que...
O presidente do PP local de Pontevedra, Rafa Domínguez, valorou este sábado o informe do Consello Consultivo de Galicia que ve "perfectamente viable" a adscrición da factoría de Ence en Lourizán ao Porto de Marín e a reunión en Madrid o pasado xoves entre o presidente da Xunta de Galicia, Alberto...
O presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, anunciou este xoves que conseguiu o compromiso da vicepresidenta terceira do Goberno e ministra para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, Teresa Ribera, de que Ence non se mova de Galicia.
Así o asegurou Feijóo nunha comparecencia ante os medios de...
Para os traballadores de ENCE resulta "sorprendente" a postura de Transición Ecolóxica, que nas últimas horas verbalizou a súa intención de expor unha saída "ordenada" para a fábrica pasteira e un calendario "razoable" para o desmantelamento das instalacións.
"Parece que é unha presión para nós", sinalou Toño Lafuente, presidente do comité...
Para Alfonso Rueda que desde Transición Ecolóxica se fale xa abertamente da "demolición" da fábrica de Ence resulta "sorprendente" ao entender que se trata dunha "insensibilidade absoluta" cando, ademais, este asunto aínda esta xudicializado.
"Non é demoler unha fábrica, estamos a falar de moitísimos postos de traballo", sinalou Rueda, preguntado sobre...
O goberno local de Pontevedra considera que é lóxico que "hai que ir pensando" no proceso de desmantelamento da fábrica de Ence en Lourizán para o caso de que o Tribunal Supremo confirme as sentenzas da Audiencia Nacional que declaran ilegal a prórroga á súa permanencia nos terreos actuais concedida...
Antón Masa, presidente da Asociación pola Defensa da Ría (APDR), mostraba a súa satisfacción este mércores pola nova sentenza da Audiencia Nacional, a terceira que emite este tribunal contra a prórroga concedida polo goberno de Mariano Rajoy en 2016 á fábrica pasteira para ocupar terreos de dominio público marítimo-terrestres na...
Desde Transición Ecolóxica xa se traballa nun hipotético peche da fábrica de Ence en Pontevedra. Están dispostos a ofrecer unha saída "ordenada" e un calendario "razoable" de demolición, como con Elnosa, se o Tribunal Supremo non atende os recursos da empresa.
Así o sinalaron fontes do ministerio tras a nova sentenza...
A Audiencia Nacional volveu a ditar sentenza contra a prórroga concedida a Ence para continuar coa súa actividade industrial en Pontevedra, en terreos de Costas, ata 2073. Fíxoo tras estimar o recurso presentado pola Asociación Pola Defensa dá Ría (APDR).
Do mesmo xeito que ocorreu o pasado mes de xullo cos...
O secretario de Estado de Medio Ambiente, Hugo Morán, explicaba este venres na mesa de diálogo sobre Ence que a opción de adscribir a fábrica pasteira de Lourizán ao Porto de Marín é inviable. Para esta afirmación baséase no informe solicitado polo Concello de Pontevedra no ano 2005 e que...
O presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, asinará este mesmo luns unha consulta dirixida ao Consello Consultivo de Galicia para coñecer a viabilidade de que a proposta de que a empresa Ence adscríbase a Porto de Marín.
Así o deu a coñecer este luns o vicepresidente, Alfonso Rueda, durante...
O apoio da Autoridade Portuaria de Marín e Ría de Pontevedra á idea de adscribir os terreos que ocupa ENCE en Lourizán ao Porto, para así lograr a continuidade da factoría na súa actual localización, foi valorado de maneira positiva por parte da pasteira.
"Ence Enerxía e Celulosa considérao unha boa...
A Autoridade Portuaria de Marín e Ría de Pontevedra aceptou a adscrición dos terreos que ocupa a fábrica de Ence en Lourizán.
Así o indicou o vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda que avanzou que o executivo autonómico está "a explorar a posibilidade que expuxeron os traballadores" de adscribir ao Porto...
"Vemos a vontade clara do Goberno e a vontade do Goberno é o peche". Con esta frase resumía este venres a súa frustración Ana Cedeira, a presidenta do comité de empresa de oficinas de Ence, tras tentar forzar unha reunión co presidente do Goberno, Pedro Sánchez, aproveitando a súa presenza...
A intención da Xunta de Galicia de solicitar un informe ao Consello Consultivo de Galicia sobre a viabilidade de que os terreos que ocupa a fábrica de Ence en Lourizán pasen a formar parte do solo do porto de Marín provocou que a Asociación pola Defensa da Ría (APDR) trasladara...
Francisco Conde, vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, lamentaba este mércores no Parlamento de Galicia a actitude que manteñen o Goberno do Estado e o Concello de Pontevedra ao entender que non asumen a súa responsabilidade de buscar unha solución para os traballadores da fábrica pasteira de...
En cumprimento da normativa contable, Ence rexistrou nas súas contas o impacto dun eventual peche da súa fábrica de celulosa de Pontevedra, por importe de 196 millóns de euros, tras as dúas sentenzas ditadas en xullo pola Audiencia Nacional, que anulan a prórroga da concesión dos terreos de dominio público sobre...
Despois da reunión mantida este luns 27 de setembro en Santiago co vicepresidente segundo da Xunta e conselleiro de Economía e Industria, Francisco Conde, o comité de empresa da fábrica de Ence en Lourizán emitiu un comunicado no que analiza a proposta da administración autonómica de acudir ao Consello Consultivo...
César Mosquera, concelleiro de Ordenación do Territorio, lembraba este martes que a opción de adscribir a factoría de Ence ao porto de Marín xa foi explorada en 2005 recibindo informes negativos municipais e dun experto en dereito administrativo.
Por este motivo, Portos do Estado arquivara aquela opción manexada polo goberno central...
"Entendemos que es la única solución viable", con esta frase Rafa Domínguez, presidente local do Partido Popular, afirma que a opción proposta polos representantes sindicais dos comités de empresa de Ence ante a Xunta de Galicia durante a reunión mantida este luns en Santiago preséntase como a "esperanza" para as "cincocentas...
Atopar solucións para o mantemento dos postos de traballo e a continuidade da fábrica de Ence en Lourizán foi o motivo da reunión mantida este luns en Santiago entre representantes dos comités de empresa da factoría e o conselleiro de Economía, Francisco Conde, e a conselleria de Emprego, María Jesús...
O sindicato Comisións Obreiras non dá por perdida a batalla xudicial para a continuidade de Ence en Lourizán. O secretario de organización da entidade, José Luís García Pedrosa, compareceu este mércores para criticar a actitude dos partidos políticos que "manifestan a súa posición coma se a sentenza da Audiencia fose...
O deputado do BNG no Parlamento Galego, Luís Bará, instou á Xunta a procurar un emprazamento para un novo complexo industrial arredor da transformación da madeira en celulosa, en papel e en outros produtos derivados demandados polo mercado e de alto valor engadido.
Bará sinala que "está claro que ENCE non...
O líder do PP en Pontevedra teno claro. O "máximo responsable" de que o proxecto industrial de Ence na cidade estea "muerto" é o alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores. Iso si, por primeira vez, recoñece certa responsabilidade nos seus propios compañeiros de partido.
Ante a insistencia dos xornalistas, Rafa Domínguez dixo...
Para o alcalde de Pontevedra resulta unha "contradición flagrante" que a Xunta de Galicia defenda "ao mesmo tempo" que en Galicia hai sitio para dúas pasteiras, como apuntou o seu presidente, Alberto Núñez Feijóo, e que "non hai alternativas" para a actual fábrica de Ence.
"É absolutamente alucinante que se diga...
A acción de protesta na que o pasado 11 de marzo un grupo de traballadores de Ence tomaron o Concello de Pontevedra en defensa dos postos de traballo da pasteira chegou este luns aos xulgados da Parda. En xuño foi o alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores, o que declarou como...
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, aclarou a postura do Goberno galego sobre o futuro da fábrica de Ence na ría de Pontevedra tras a sentenza da Audiencia Nacional que anula a prórroga da concesión en terreos de dominio público.
Na rolda de prensa posterior ao Consello da Xunta, Núñez...
Membros da Asociación Pola Defensa da Ría, aproveitando a celebración da segunda reunión da mesa de traballo polo futuro de Ence, mantiveron este venres un encontro co secretario de Estado de Medio Ambiente, Hugo Morán. O mandatario deixou aos representantes do colectivo que a fábrica marchará de Lourizán se así...
A segunda reunión da mesa de traballo polo futuro de Ence pechouse este venres sen grandes avances. A empresa e a Xunta insisten en que non é posible atopar unha localización alternativa a Lourizán, mentres que o Goberno móstrase convencido que entre as máis de 400 posibles localizacións propostas pola...
O comité de empresa de fábrica de ENCE en Pontevedra expresou a súa "sorpresa e indignación" pola ausencia da vicepresidenta cuarta e ministra para a Transición Ecolóxica, Teresa Ribera e do presidente da compañía pasteira, Ignacio de Colmenares, na reunión da mesa polo futuro da factoría de Lourizán, que terá...
Dous dos principais actores nas negociacións polo futuro da fábrica de Ence non acudirán á mesa de traballo que o Ministerio para a Transición Ecolóxica convocou para este venres 10 de setembro, ás 11:00 horas, na Subdelegación do Goberno en Pontevedra.
Non estarán nin o presidente da compañía, Ignacio de Colmenares,...
A Autoridade Portuaria celebrará este xoves unha reunión extraordinaria do Consello de Administración cun único punto a tratar a posibilidade de comparecer no recurso de casación á sentenza que anula a prórroga da concesión de Ence en Lourizán.
A convocatoria xorde a pedimento dos representantes no Consello da Cámara de Comercio...
O alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, asistirá este venres día 10 de setembro á segunda reunión sobre o futuro da fábrica de ENCE en Lourizán convocada polo Ministerio para a Transición Ecolóxica.
Desde o concello da capital piden á Xunta e á empresa "que deixen de torpedear e que...
Alfonso Rueda, vicepresidente primeiro da Xunta de Galicia, visitaba este sábado a Carballeira de San Xusto para supervisar a montaxe do acto que se desenvolverá este domingo 29 para celebrar o inicio do curso político nas filas do Partido Popular.
A preguntas dos xornalistas sobre a convocatoria da segunda mesa de...
José Miñones, delegado do Goberno en Galicia avanzou que a segunda mesa de diálogo sobre o futuro de Ence será o venres 10 de setembro. Indicou que o Goberno central cumpre así o compromiso mantido co persoal da fábrica pasteira de Lourizán.
O representante do goberno de Pedro Sánchez espera que...
Ana Cedeira, presidenta do comité de oficinas centrais de Ence; e Pablo Bacariza, secretario do comité de fábrica, encabezaban este xoves a rolda de prensa acompañados por representantes das empresas auxiliares e forestais da factoría de Lourizán.
A mensaxe que trasladaron ía dirixido ás distintas administracións con competencias para buscar unha...
Arredor das 08.00 horas deste mércores 11 de agosto, traballadores de Ence e doutras empresas relacionadas coa fábrica pasteira saían á rúa e procedían a cortar con rodas queimadas e pancartas os accesos a autoestrada AP-9, tanto a través da PO-11 como no Nó do Pino nas dúas rotondas e...
A presidenta do Comité de Oficinas de ENCE, Ana Cedeira, advertiu de que "ahora con un tiempo contrarreloj en contra nuestra, con una amenaza de cierre, vamos a salir a la calle más contundentes que nunca".
Segundo Ana Cedeira "en pocos meses nos pueden parar la fábrica" se se executa a...
A portavoz do Goberno local de Pontevedra, Carme Da Silva acusou o Partido Popular de "alentar e propiciar situacións de violencia" como a levada a cabo este mércores polos traballadores da fábrica de ENCE que cortaron os accesos á cidade con barricadas nunha mobilización que non estaba anunciada.
"Volvemos vivir hoxe...
Nova xornada de protestas do plantel de ENCE, tras a anulación por parte da Audiencia Nacional da prórroga á concesión da pasteira.
Os traballadores, tras o polémico boicot ao pregón das Festas da Peregrina, deron un paso máis este mércores ao cortar o tráfico en dous dos principais accesos á cidade...
"Condeno todo tipo de violencia: pasada, presente ou futura. Non debe de quedar ningún tipo de dúbida", así comezaba Rafa Domínguez, presidente do PP local, a súa comparecencia este martes ante os medios de comunicación en resposta ás acusacións de Miguel Anxo Fernández Lores, alcalde de Pontevedra, de estar tras...