ENCE seguirá en Lourizán

Fábrica de Ence en Lourizán

O Estado tamén pide a nulidade da sentenza do Supremo sobre Ence

06/05/2023
Pontevedra

A Avogacía do Estado presentou dous incidentes de nulidade ante o Tribunal Supremo para que deixe sen efecto as sentenzas ditadas o pasado 7 de febreiro, que confirmaron a validez da prórroga da concesión da fábrica de Pontevedra ata o ano 2073. Así o desvelou o propio presidente de Ence, Ignacio...

Oskar Viéitez
Marcha contra ENCE 2022

A APDR acode á Unión Europea contra a prórroga de ENCE

03/04/2023
Pontevedra

A Asociación Pola Defensa da Ría de Pontevedra (APDR) vén de solicitar á Secretaría Xeral da Comisión Europea que se lle teña como parte interesada no Expediente incoado a España polas irregularidades cometidas á hora de outorgar distintas concesións administrativas no dominio público marítimo-terrestre, entre outras a correspondente á fábrica...

Oskar Viéitez
Patricia Vilán, deputada do PSdeG-PSOE, no Parlamento

A sentenza do Tribunal Supremo sobre ENCE, a debate na UNED da man de Patricia Vilán

29/03/2023
Pontevedra

A recente sentenza do Tribunal Supremo sobre ENCE que valida a prórroga da empresa para permanecer en Lourizán será protagonista dunha cita no Centro da UNED en Pontevedra: unha conferencia protagonizada pola avogada  e ex deputada socialista Patricia Vilán. Será o 14 de abril, a partir das 18 horas, no salón...

PontevedraViva
Fábrica de Ence en Lourizán

Ana Cedeira, sobre o recurso que o Concello estuda presentar á sentenza de Ence: "A nivel xudicial pouco ten que facer"

09/03/2023
Pontevedra

Ana Cedeira, presidenta do comité de oficinas centrais de Ence, en representación do persoal da factoría situada en Pontevedra afirma que "estamos moi contentos" ao coñecer todo o contido da decisión adoptada polo Tribunal Supremo que permite á fábrica permanecer en Lourizán ata 2073. Argumenta que é unha "sentenza firme e...

Anxo Lourido
Mónica Patxot
Transporte de madeira á fábrica de ENCE

ENCE celebra que o Supremo "despexe a incerteza" sobre o seu futuro en Lourizán

08/03/2023
Pontevedra

A sentenza íntegra do Tribunal Supremo sobre a fábrica de Ence en Pontevedra "despexa a incerteza" sobre o futuro deste complexo industrial, segundo celebra a compañía. A través dun comunicado remitido aos medios tras coñecerse o contido deste fallo, a dirección da empresa pasteira destaca que o alto tribunal "avala a...

Alejandro Espiño
Miguel Anxo Fernández Lores, alcalde de Pontevedra, na intervención para analizar a sentenza sobre Ence do Tribunal Supremo

Lores afirma que a sentenza de Ence abre novas posibilidades de recurso e garante que o Concello "vai seguir loitando"

08/03/2023
Pontevedra

Miguel Anxo Fernández Lores, alcalde de Pontevedra, analizaba a sentenza do Tribunal Supremo horas despois de recibila no Concello. Indicaba que hai unha "cuestión negativa" na resolución ao non retrotraerse á Audiencia Nacional, cuestión que para o rexedor "non se axusta a dereito" e mesmo considera "inaudito" porque en casos similares non...

Anxo Lourido
Anxo Lourido
Fábrica de ENCE en Lourizán

ENCE descarta que o proceso de Bruxelas contra España afecte á súa fábrica en Pontevedra

16/02/2023
Pontevedra

A empresa Ence descarta que o procedemento de infracción aberto pola Comisión Europa contra España en relación á adxudicación de concesións no dominio público marítimo terrestre poida afectar á súa fábrica de Pontevedra. Nun comunicado, a compañía sostén que a legalidade da súa prórroga para ocupar terreos de Costas na ría...

Alejandro Espiño
Recepción de Fernández Lores a estudantes de Arquitectura que traballan sobre os terreos de Ence

Lores celebra que Bruxelas "coincida plenamente" coa loita do Concello por recuperar a ría

16/02/2023
Pontevedra

O procedemento aberto por Bruxelas contra España pola xestión das concesións en liña de costa foi moi ben recibido no Concello de Pontevedra. O alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores, asegura que este ditame "reafirma" a posición municipal sobre Ence. "Este requerimento vén a confirmar e avalar o noso posicionamento", asegurou Fernández...

Alejandro Espiño
Telmo Martín, alcalde de Sanxenxo

Telmo Martín: "ENCE xera economía pero ás veces hai cousas que son máis importantes"

14/02/2023
Sanxenxo

O alcalde de Sanxenxo, Telmo Martín, desmarcouse este martes da liña oficial do PP con respecto a Ence. Asegura respectar o fallo do Tribunal Supremo que avala a continuidade da fábrica pasteira en Lourizán, pero reitera que el sempre foi partidario de trasladala. "Ence é unha necesidade pero tamén o é...

Alejandro Espiño
Ignacio de Colmenares, presidente do Grupo Ence

Colmenares sostén que o fallo do Supremo sobre ENCE é "definitivo" e non se poderá recorrer

09/02/2023
Pontevedra

O presidente e conselleiro delegado de Ence, Ignacio de Colmenares, avanzou este xoves que a sentenza do Tribunal Supremo sobre a súa planta en Pontevedra "é definitiva" e non se poderá recorrer. Asegurouno nun encontro telemático con analistas e investidores. "Desde toda perspectiva legal hoxe a nosa concesión é firme", sinalou...

PontevedraViva
Carmela Silva, presidenta da Deputación de Pontevedra

Carmela Silva avoga por "manter as conviccións" e reafírmase en que "ENCE non debería estar na ría"

08/02/2023
Pontevedra

A presidenta da Deputación de Pontevedra e presidenta do Partido Socialista de Galicia, Carmela Silva avogou por "manter as conviccións" e reafirmouse en que "Ence non debería estar na ría de Pontevedra". Fronte ao discurso do secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso, e do portavoz local dos socialistas pontevedreses chamando...

Oskar Viéitez
Mónica Patxot
Valentín González Formoso, alcalde das Pontes e secretario xeral do PSdeG

Os socialistas galegos chaman a acatar a sentenza de ENCE e "mirar para o futuro"

07/02/2023
Pontevedra

O secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso, trasladou o "respecto absoluto á sentenza do Tribunal Supremo" que avala a ratifica a continuidade da fábrica de Ence en Lourizán.  Formoso empraza a "pasar páxina e mirar para o futuro" e estar "centrados na continuidade dos traballadores" do complexo e acadar o...

Oskar Viéitez
Presentación da candidatura de Pontevedra Alternativa ás municipais de 2023

Pontevedra Alternativa e Vox cren que o alcalde debería dimitir tras o fallo do Supremo sobre ENCE

07/02/2023
Pontevedra

Os partidos que, actualmente, non teñen presenza na corporación tamén reaccionaron este martes á decisión do Tribunal Supremo de permitir a continuidade da fábrica de Ence en Lourizán ata o ano 2073. Desde a candidatura de Pontevedra Alternativa felicitan aos traballadores de Ence e solicitan "encarecidamente" que todos os implicados "respecten"...

Alejandro Espiño
Mobilización dos traballadores da fábrica de ENCE en Lourizán e das súas empresas auxiliares

Sectores auxiliares de ENCE, "emocionados, contentos e felices" tras o fallo do Supremo

07/02/2023
Pontevedra

As empresas auxiliares de Ence recibiron con extrema satisfacción a decisión do Tribunal Supremo de avalar a continuidade da fábrica de Lourizán. Defenden que "por fin temos a tranquilidade que esperabamos para seguir traballando". Así o asegurou José Antonio Taboada, o presidente da Sociedade para o Emprego Forestal, Rural e Industria...

Alejandro Espiño
Miguel Anxo Fernández Lores, alcalde de Pontevedra, con Ana Pontón, portavoz nacional do BNG

Ana Pontón asegura que a sentenza de ENCE "será recordada por inxusta e inexplicable"

07/02/2023
Pontevedra

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, asegurou que a decisión do Tribunal Supremo sobre a fábrica de Ence en Pontevedra, avalando a súa continuidade ata o ano 2073, "será lembrada por inxusta e inexplicable". "Sabemos que as multinacionais teñen poderes na sombra pero non pasarán por encima da dignidade de...

Alejandro Espiño
Fábrica de ENCE en Lourizán

ENCE, ata 2073: O Tribunal Supremo avala a continuidade da pasteira en Lourizán

07/02/2023
Pontevedra

Ence poderá continuar en Pontevedra ata 2073. O Tribunal Supremo revogou as sentenzas da Audiencia Nacional que, en xullo do pasado ano, anularan a concesión da fábrica pasteira de Lourizán, prorrogada polo Goberno en funcións de Mariano Rajoy.  Os maxistrados da sección quinta da sala do contencioso-administrativo estimou todos os recursos...

Alejandro Espiño