Autovía A-57

Cambios no tráfico no acceso da AP-9 en Figueirido

As obras da A-57 provocan cortes de tráfico no acceso da AP-9 en Figueirido

10/07/2024
Vilaboa

As obras do primeiro tramo da autovía A-57 entre Vilaboa e A Ermida (Pontevedra) provocarán a partir deste mércores 10 de xuño unha serie de afeccións ao tráfico que deben ser tidas en conta polos usuarios da autoestrada AP-9. Estas obras que executa o Ministerio de Transportes e Mobilidade Sostible inclúen...

PontevedraViva
Andaina reivindicativa organizada pola Plataforma contra a A-57

Percorrido do subdelegado do Goberno polo trazado da segunda fase da A-57 coa veciñanza

21/06/2024
Pontevedra

Abel Losada, subdelegado do Goberno en Pontevedra, facía este venres un percorrido con integrantes da Plataforma Veciñal de Bora e Xeve que se opón á construción da segunda fase da autovía A-57. Con estes veciños camiñaba pola zona afectada polo proxecto que ten previsto acometer o Ministerio de Transportes e que...

PontevedraViva
Rafa Domínguez visitou aos veciños de Bora e Xeve prexudicados polo proxecto da autovía A-57

Domínguez visita a "lesiva e innecesaria" A-57 con veciños de Bora e Xeve

17/05/2024
Pontevedra

O portavoz municipal do Partido Popular de Pontevedra, Rafa Domínguez, visitou aos veciños de Bora e Xeve, prexudicados polo proxecto da autovía A-57, a que tachou de "lesiva e innecesaria". O presidente local do PP está a favor dos afectados porque o trazado actual "no cumpliría las funciones de una circunvalación que...

PontevedraViva
Rafa Domínguez e Pepa Pardo con afectados pola A-57 en Xeve e Bora

O PP critica a "resposta evasiva" do Goberno central para seguir coa autovía A-57

02/05/2024
Pontevedra

O portavoz do grupo municipal do Partido Popular de Pontevedra, Rafa Domínguez, e a súa número dous, Pepa Pardo, criticaron a "resposta evasiva" que recibiron do Goberno de España despois de elevar ao Senado a súa proposición para instar o Executivo central ao estudo de alternativas ao actual trazado da...

Oskar Viéitez
Estela Eirín e Mari Carmen Tenorio, representantes da plataforma, con Belén Rodríguez, secretaria executiva de ADEGA

A campaña "Salva o Lérez. Stop A-57" recadou nun mes 10.030 euros

24/04/2024
Pontevedra

A Asociación para a Defensa Ecolóxica da Galiza (ADEGA) e a Plataforma veciñal de afectados pola A-57 nas parroquias de Xeve e Bora, veñen de recadar os fondos necesarios para poder emprender accións legais contra a aprobación do proxecto definitivo e estudo de impacto ambiental da autovía A-57, no seu...

Oskar Viéitez
Acto poético contra a A-57

Poesía contra a construción da A-57

27/03/2024
Pontevedra

Cun recital de poesía a micro aberto e con música desenvolvíase no local pontevedrés de Nasantiña un acto reivindicativo de apoio á Plataforma de afectados pola construción da autovía A.57. Baixo o título 'Por un rural Vivo', a poeta de orixe neerlandés Noa Noor era a encargada de organizar este evento...

PontevedraViva
Presentación da campaña 'Salva o Lérez. Stop A-57'

Comeza a campaña 'Salva o río Lérez. Stop A-57' para acadar 9.500 euros que freen o tramo A Ermida-Pilarteiros

14/03/2024
Pontevedra

A Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA) comeza unha campaña de recadación baixo o lema 'Salva o Lérez. Stop A-57' en colaboración coa plataforma de persoas afectadas polo proxecto de construción da A-57 no tramo A Ermida-Pilarteiros, que afecta as parroquias pontevedresas de Xeve e Bora. Belén Rodríguez, secretaria...

Anxo Lourido
Anxo Lourido
O Ministerio anuncia seis meses de cortes de tráfico na ligazón de Figueirido

O Ministerio anuncia seis meses de cortes de tráfico no enlace de Figueirido

29/01/2024
Vilaboa

O Ministerio de Transportes e Movilidad Sostible está a executar as obras da autovía A-57 na que está prevista a remodelación do enlace existente entre a N-550 e a AP-9 á altura da enlace de Figueirido, en Vilaboa. A remodelación consistirá na transformación da actual enlace de tipo trompeta noutro de...

Oskar Viéitez
Greenpeace, Ecoloxistas en Acción e Amigas da Terra, mostran o seu rexeitamento á construción da autovía A-57

"Non pedimos un cambio de trazado, pedimos que se desbote por completo a autovía A-57"

14/12/2023
Pontevedra

As organizacións ecoloxistas Greenpeace, Ecoloxistas en Acción e Amigas da Terra expresaron conxuntamente o seu rexeitamento á construción da autovía A-57 en Pontevedra e alertaron do "grave prexuízo ambiental e social" que causará a continuación da construción desta "innecesaria" infraestrutura. "Non pedimos un cambio de trazado, pedimos que se desbote...

Oskar Viéitez
Mónica Patxot
Protesta polo trazado da A-57 no pleno municipal

Afectados da A-57 e persoal municipal trasladan as protestas a un pleno con referencias á "fruta" de Díaz Ayuso

20/11/2023
Pontevedra

Representantes do persoal municipal e do colectivo veciñal de Bora e Xeve coincidían nas súas protestas na mañá deste luns no Teatro Principal con motivo da celebración do pleno da corporación. Ámbolos colectivos demandan diálogo por parte do goberno local. O persoal municipal segue reclamando melloras salariais e laborais manifestando durante...

Anxo Lourido
Anxo Lourido
Obras da A-57 no ámbito do río Pintos

Bora e Xeve, contra a A-57: "Non somos dous afectados, somos moitos"

20/11/2023
Pontevedra

O trazado elixido para o segundo tramo da A-57, que prevé unir os lugares da Ermida e Pilateiros, puxo en pé de guerra aos veciños das parroquias de Bora e Xeve. "Non somos dous afectados, somos moitos. Van a desfacer as parroquias", asegurou Estela Eirín, portavoz da plataforma de afectados. Esta plataforma...

Alejandro Espiño
Obras da A-57 no ámbito do río Pintos

Confirman o trazado A Ermida-Pilarteiros da A-57, xa só pendiente de licitación

08/11/2023
Pontevedra

O Ministerio de Transportes, Movilidad e Axenda Urbana aprobou o trazado do segundo tramo da autovía A-57, entre A Ermida e Pilarteiros (Pontevedra), un itinerario proposto no estudo de impacto ambiental. Este trámite deixa este proxecto a un paso da licitación do contrato de servizos para redactar o proxecto de trazado...

PontevedraViva
Pedro Blanco e César Poza

A construción dun paso superior na N-550 provocará desvíos de tráfico en Vilaboa

29/10/2023
Vilaboa

Dentro das obras de construción da Autovía A-57 o Ministerio de Transportes aborda a construción dun paso superior na contorna do quilómetro 130,5 da estrada N-550 o que afectará o tráfico, tanto na propia estrada nacional como na súa intersección coa N-554. Os traballos iniciaranse a partir das 22:00 horas deste...

Oskar Viéitez
Reunión de Rafa Domínguez con veciños de Bora e Xeve afectados polo segundo tramo da A-57

Reunión de veciños de Bora e Xeve con Rafa Domínguez ante a "preocupación" pola construción do segundo tramo da A-57

28/09/2023
Pontevedra

O presidente do Partido Popular de Pontevedra, Rafa Domínguez, mantivo unha reunión con veciños das parroquias de Bora e Xeve afectados pola construción do segundo tramo da Autovía A-57, entre A Ermida e Pilarteiros. Asegura o representante popular que comparte a súa "preocupación" polo proxecto advertindo que tras dúas décadas dilatando...

PontevedraViva
Depósitos afectados polas obras en Pintos

"Fartos" da falta de solucións tras danar as obras da A-57 a súa traída de auga

06/09/2023
Pontevedra

Un grupo de veciños do lugar de Pintos, na parroquia pontevedresa de Marcón, decidiu denunciar publicamente a situación que están a vivir coa súa traída de augas desde o inicio das obras de construción da autovía A-57, pois o depósito está danado desde que empezaron as explosións a escasos 25...

PontevedraViva
Cor marrón das augas do río Gafos ao seu paso polo centro de Pontevedra

A terra das obras da A-57 volve tinguir o río Gafos de marrón

02/06/2023
Pontevedra

O río Gafos volve lucir, unha vez máis, unha turbia cor marrón ao seu paso polo centro de Pontevedra. Peóns que paseaban esta mañá de venres polo paseo fluvial alertaron a PontevedraViva da intensa cor marrón das súas augas e cheiro a augas fecais. Aos integrantes do colectivo ecoloxista Vaipolorío xa...

Manu Otero
Obras da A-57 no viaduto de Vilaboa

O Goberno 'desbloquea' a A-57 e emite o informe ambiental do tramo entre Marcón e Xeve

26/05/2023
Pontevedra

O Goberno avanza na tramitación da A-57. O Boletín Oficial do Estado publicou este venres os resultados do estudo de impacto ambiental do segundo tramo desta autovía, o que unirá os núcleos da Ermida (Marcón) e Pilarteiros (Xeve). Faio ademais decantándose por unha das dúas alternativas propostas, un trazado de cinco...

Alejandro Espiño
Obras da A-57 no ámbito do río Pintos

Novas expropiacións polas obras da autovía A-57

02/04/2023
Pontevedra

O Boletín Oficial do Estado deste sábado publica a resolución da Dirección Xeral de Estradas na que se aproba tecnicamente a terceira modificación das obras da autovía A-57.  Isto supón a incoación doutro expediente de expropiación forzosa dos bens e dereitos afectados polo proxecto do único tramo que está en construción,...

PontevedraViva
Veciños afectados no camiño da Ermida (Marcón) inundado

Coa auga ata os nocellos na porta de casa: "Podemos pedir entrada: Aquapark A Ermida"

25/11/2022
Pontevedra

Desde principios de semana, os camiños de acceso ás leiras e vivendas dun bo número de veciños do lugar da Ermida, en Marcón, están asolagados. A auga acumulada chégalles, como mínimo, ata os nocellos, máis arriba nalgunhas zonas, mesmo cando pasan moitas horas seguidas sen chover, causándolles molestias e prexuízos...

Natalia Puga
Mónica Patxot
Obras da A-57 no viaduto de Vilaboa

A A-57 conclúe o seu cuarto viaduto e encara a súa 'recta final' tras sete anos de obras

27/10/2022
Pontevedra

Tras sete anos de obras -a primeira pedra púxose en outubro de 2015-, a construción do primeiro tramo da autovía A-57 entra na súa "recta final". Así o destacaron os seus responsables durante unha visita aos traballos, xa finalizados, do cuarto e último dos seus viadutos, en Vilaboa. "Estamos traballando para...

Alejandro Espiño
Mónica Patxot
María Jesús Montero entrega os orzamentos de 2023 á presidenta do Congreso, Meritxell Batet

O Goberno 'fía' todo seu investimento en Pontevedra á A-57 e ao Nó de Bombeiros

06/10/2022
Pontevedra

Uns orzamentos que, para a cidade de Pontevedra, volven destinar practicamente todo o seu investimento en dúas actuacións, a autovía A-57 e a reforma do Nó de Bombeiros. Así son as contas para 2023 que presentou este xoves o Goberno. Entre ambas, o Estado prevé gastar pouco máis de 17 millóns...

Alejandro Espiño
A Canicouva

Asegurado o transporte público na Canicouva mentres duren as obras na A-57

07/08/2022
Pontevedra

A veciñanza da Canicouva terá asegurado o servizo de transporte público durante o tempo que duren as obras da A-47, segundo confirmou o Concello de Pontevedra esta semana. Representantes do goberno local mantiveron ao longo das últimas semanas diversas reunións coas administracións responsables das obras da A-57 en relación cos cortes...

PontevedraViva
Torreta de alta tensión

Enfado en Vilaboa pola liña de alta tensión de Ponte Sampaio a Lourizán

09/02/2022
Vilaboa

A construción do tramo da autovía A-57 entre Vilaboa e A  Ermida iniciouse en novembro de 2015. A última previsión do Ministerio de Transportes, Movilidad e Axenda Urbana é que os traballos finalicen a finais deste ano. Durante todo este tempo xurdiron numerosos imprevistos, algúns dos cales requiriron máis expropiacións.  Despois...

Oskar Viéitez
Miguel Anxo Fernández Lores, alcalde de Pontevedra

Lores, "preocupado" porque a A-57 se está "eternizando no tempo"

14/10/2021
Pontevedra

O alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, expresou este xoves a súa "preocupación" porque, á vista dos compromisos recollidos nos orzamentos xerais do Estado para 2022, a autovía A-57 parece que se está "eternizando non tempo". Tras o atraso acumulado pola execución do primeiro tramo, entre Vilaboa e A Ermida...

Alejandro Espiño
Pilar Rojo, senadora do PP

Pilar Rojo pregunta no Senado polo atraso das obras da circunvalación de Pontevedra

02/05/2021
Pontevedra

A senadora do PP por Pontevedra, Pilar Rojo, presentou na cámara alta varias iniciativas para preguntar ao Goberno central sobre o atraso das obras da Autovía A-57 coñecida coma a circunvalación de Pontevedra, un proxecto "do que nada se sabe, os traballos avanzan a un ritmo moi lento e nin...

PontevedraViva
Alfonso Rueda e Miguel Anxo Fernández Lores

Rueda e Lores tiran das orellas ao Ministerio polas obras da circunvalación de Pontevedra

06/04/2021
Pontevedra

O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda e o alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores deron este martes un tirón de orellas ao Ministerio de Transportes polas obras da autovía A-57, a coñecida como circunvalación de Pontevedra. Nunhas declaracións efectuadas no transcurso da visita oficial ás obras da Estación de...

Oskar Viéitez
Isabel Feijóo Gallardo
Obras da autovía A-57 en Pintos

Carreteras cita para xaneiro aos afectados polas novas expropiacións da A-57

14/12/2020
Pontevedra

O Boletín Oficial do Estado publicou o anuncio da Demarcación de Carreteras del Estado en Galicia co levantamento de actas previas á ocupación de bens e dereitos afectados polo segundo modificado que sofre o proxecto de construción do tramo Vilaboa – A Ermida, da autovía A-57, a coñecida como circunvalación...

Oskar Viéitez
Obras de construción da autovía A-57

O tramo A Ermida-Vilaboa da autovía A-57 necesita máis expropiacións

04/06/2020
Pontevedra

Unha modificación no trazado do tramo A Ermida-Vilaboa da A-57 supoñerá a expropiación de 472 parcelas. O Boletín Oficial do Estado (BOE) deste mércores publica unha resolución co cambio no trazado do primeiro tramo da Autovía A-57, entre Vilaboa e A Ermida. É a segunda ocasión na que se modifica o deseño...

Oskar Viéitez
Obras da Autovía A-57 en Marcón

Cortan o tráfico na estrada Marcón-Pintos-A Reigosa polas obras da A-57

20/05/2019
Pontevedra

As obras da autovía A-57, que circunvalará Pontevedra, obrigarán a cortar o tráfico da estrada provincial EP-0004 Marcón-Pintos-A Reigosa de forma puntual este martes día 22 e o mércores día 23, entre as 8 e as 13 horas e as 14,30 e as 19.00 horas. Segundo advertiu a empresa construtora, os...

PontevedraViva
Obras da autovía A-57 na Fracha

As obras da autovía A-57 na Fracha aínda non chegaron á cuarta parte

19/03/2019
Pontevedra

O Ministerio de Fomento informou que as obras do primeiro tramo da autovía A-57 no tramo entre Vilaboa e A Ermida "alcanzan, a data de xaneiro de 2019, un avance superior ao 20,53%". Así responderon desde o Goberno á pregunta formulada pola deputada pontevedresa Pilar Rojo na que tamén se interesaba...

Oskar Viéitez
Xuntanza de Marea Pontevedra con algúns afectados das parroquias de Xeve, Bora e Marcón

Marea presentará unha queixa polas trabas para presentar alegacións contra a A-57

25/01/2019
Pontevedra

Marea Pontevedra anunciou que rexistrará un escrito de queixa polas trabas que sofren os veciños afectados pola autovía A-57 para presentar as alegacións nos rexistros da Deputación de Pontevedra e nos do Ministerio de Fomento. O colectivo cidadá insiste na súa postura de que esta autovía supón un "atentado ambiental" e...

PontevedraViva
Veciños de Xeve e Bora presentan as súas alegacións contra a A-57

Veciños de Xeve e Bora colapsan os rexistros coas súas alegacións contra a A-57

24/01/2019
Pontevedra

Un grupo de veciños das parroquias pontevedresas de Xeve e Bora acudiron este xoves ás oficinas da delegación do Ministerio de Fomento no barrio de San Roque para entregar as súas alegacións contra o trazado da autovía A-57. Calculan que levan tramitadas máis de oito mil alegacións contra o deseño deste...

Oskar Viéitez
Mónica Patxot
Pleno municipal no Teatro Principal de Pontevedra

A corporación censura o "populismo barato" do PP co seu cambio de criterio sobre a A-57

21/01/2019
Pontevedra

A A-57 logrou unir a toda a corporación contra o Partido Popular. Non entenden o cambio de postura que, segundo BNG, PSdeG-PSOE, Marea e Cidadáns, emprendeu o PP sobre esta infraestrutura agora que non gobernan en Madrid. O portavoz do PP, Rafa Domínguez, esixiu no pleno municipal deste luns instar a...

Alejandro Espiño
Mónica Patxot
Reunión no PP con veciños de Bora e Xeve pola A-57

O PP esixe un trazado "menos lesivo" para o paso da A-57 por Xeve e Bora

15/01/2019
Pontevedra

As dúas alternativas que baralla Fomento para o segundo tramo da autovía A-57 teñen un "enorme impacto social", segundo denuncia o Partido Popular de Pontevedra. Por iso é polo que solicitasen ao Goberno que busquen un trazado "menos lesivo" para os veciños de Xeve e Bora. Os afectados mantiveron un encontro...

Alejandro Espiño
Presentación dos orzamentos xerais do Estado para 2019

O Estado reserva 28 millóns para a A-57 e o paseo a Marín e 'esquece' o nó de Bombeiros

14/01/2019
Pontevedra

A autovía A-57, un ano máis, monopoliza os investimentos previstos polo Estado en Pontevedra. Os orzamentos xerais, presentados este luns polo Goberno de Pedro Sánchez, volven situar esta infraestrutura como a súa principal aposta para a Boa Vila. En 2019, destinaranse 25.6 millóns de euros a esta obra. Practicamente todo o...

Alejandro Espiño
Obras da Autovía A-57 en Marcón

Fomento contempla dúas alternativas para o tramo A Ermida-Pilarteiros da autovía A-57

13/12/2018
Pontevedra

Dous trazados diferentes. Son as alternativas que baralla o Ministerio de Fomento para o segundo tramo da autovía A-57, que unirá os lugares da Ermida (Marcón) e Pilarteiros (Xeve), no municipio de Pontevedra. O Boletín Oficial do Estado, tras a publicación do documento técnico este xoves, somete a información pública o...

PontevedraViva
Lodo no río Pombal

Vaipolorío denuncia as escorrentías causadas polas obras da A-57

22/11/2018
Pontevedra

O colectivo ecoloxista Vaipolorío puxo en coñecemento do 112 os torrentes de auga ou "enxurradas" que están a chegar aos ríos Pintos, do Barco ou de Bois, afluentes da marxe esquerda do río Tomeza (Gafos). Vaipolorío sinala como culpable destas escorrentías ás obras de construción da autovía A-57 que describen...

Oskar Viéitez
Obras da Autovía A-57 en Marcón

A estrada provincial Marcón-Pintos-A Reigosa estará cortada durante un mes

05/11/2018
Pontevedra

As obras da autovía A-57 obrigarán a repoñer un treito dun quilómetro da estrada provincial EP-004 Marcón-Pintos-A Reigosa. A empresa adxudicataria das obras terá que desfacer a actual traza da vía da Deputación e construíla dende cero desviada lixeiramente cara á esquerda, baixando tamén a súa cota e eliminando dúas...

PontevedraViva
Reunión de Cores Tourís con veciños de Curro

A Xunta ve unha "deslealdade institucional" non ser invitada á xuntanza pola A-57

19/09/2018
Pontevedra

Ningún representante da Xunta de Galicia foi convocado ao cumio pola A-57 que hai unhas horas tiña lugar na Subdelegación do Goberno entre representantes do Ministerio de Fomento e os concellos de Barro e Pontevedra. Para o goberno galego, foi unha "deslealdade institucional" que o Goberno non os invitaran. O executivo...

PontevedraViva
Obras de construción da A-57 en Marcón

Fomento aproba o trazado do treito da A-57 que conectará coa AP-9 en Curro

19/07/2018
Pontevedra

O Goberno dá un paso máis para completar a autovía A-57 ata conectala coa autoestrada AP-9 en Curro (Barro). O Ministerio de Fomento aprobou o expediente de información pública e o estudo informativo do tramo entre Pilarteiros (Xeve) e Barro. Segundo publica o Boletín Oficial do Estado, o orzamento estimado de...

PontevedraViva
O voceiro de En Marea, Luís Villares

Villares considera un despilfarro a construción da autovía A-57

11/04/2018
Pontevedra

O voceiro de En Marea, Luís Villares aproveitou a comparecencia do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, no Parlamento para recriminarlle que invista 1.200 millóns na construción dunha autovía "que xa existe" lembrando a duplicidade de gasto que implicará a creación da A-57, un vial cun trazado paralelo ao da...

PontevedraViva
Cristóbal Montoro entrega o proxecto de PGE 2018 a Ana Pastor

A A-57 monopoliza os investimentos do Estado en Pontevedra para 2018

03/04/2018
Pontevedra

Un total de 18,3 millóns. É o diñeiro que investirá o Goberno en 2018 nos diferentes tramos da autovía A-57, á que se seguen referindo circunvalación de Pontevedra. Así se recolle no proxecto de Orzamentos Xerais do Estado que presentou este mércores en Madrid o ministro de Facenda, Cristóbal Montoro. Esta...

Alejandro Espiño
Mariano Rajoy, con dous dedos vendados, na visita ás obras da A-57

Rajoy, con dous dedos vendados: "No se lo diga a nadie. Fui yo solo"

02/04/2018
Pontevedra

Era o primeiro acto oficial -non de partido- de Mariano Rajoy en Pontevedra desde que foi nomeado persoa non grata e o primeiro no que coincidía co alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, desde que o nomearon presidente do Goberno. O interese estaba servido e todo xesto e paso...

Natalia Puga
Mónica Patxot
O presidente do Goberno, Mariano Rajoy, visitou as obras da autovía A-57

O primeiro tramo da "futura circunvalación" estará finalizado en 2019

02/04/2018
Pontevedra

O presidente do Goberno, Mariano Rajoy, acudiu este luns ao lugar de Pintos na parroquia de Marcón para visitar as obras da autovía A-57 no tramo entre Vilaboa e A Ermida, onde indicou que o PP segue promovendo unha xestión que busca a eficacia e o ben común, porque "los...

Oskar Viéitez
Mónica Patxot
Carpa para a visita de Rajoy ás obras da A-57 en Pintos

As obras da A-57 engalánanse para recibir a Rajoy e Lores

01/04/2018
Pontevedra

O presidente do Goberno, Mariano Rajoy, visitará este luns as obras do primeiro tramo da autovía A-57, 6,5 quilómetros entre Vilaboa e o lugar de A Ermida, en Marcón, que levan máis de dous anos en obras. A visita, á que tamén está confirmada a presenza do alcalde de Pontevedra,...

PontevedraViva
Alfonso Rueda, Jose Benito Suárez e Mariano Rajoy

Rajoy visitará o luns en Marcón as obras da A-57

30/03/2018
Pontevedra

O presidente do Goberno, Mariano Rajoy, concluirá os seus días de descanso nas Rías Baixas cunha visita oficial prevista para este luns á parroquia pontevedresa de Marcón, onde comprobará o avance das obras do primeiro tramo da autovía A-57. Na axenda oficial do alcalde da capital, Miguel Anxo Fernández Lores, está...

Oskar Viéitez
Obras de construción da A-57 en Marcón

A Audiencia avala a legalidade das obras da A-57 dous anos despois

23/01/2018
Xeral

As obras do primeiro tramo da autovía A-57, entre Vilaboa e A Ermida (Marcón), seguiron a tramitación "legalmente prevista" e a actuación da administración "en ningún caso" pode considerarse como "arbitraria ou irrazonable". Así o determinou a Audiencia Nacional, que desestima o recurso presentado no seu día por Salvemos A...

PontevedraViva
Xosé Manuel Fernández Abraldes e José Sanmartín, no Concello de Barro

Barro defende ante o Estado un cambio de trazado para o enlace da A-57 en Curro

27/07/2017
Barro

O alcalde de Barro, Xosé Manuel Fernández Abraldes, transmitiulle ao xefe territorial da Demarcación de Estradas de Galicia, que o seu municipio seguirá defendendo o cambio de trazado para o enlace da A-57 en Curro. Nunha xuntanza celebrada este xoves, Fernández Abraldes reiterou que a alternativa escollida, a coñecida como CO-3...

PontevedraViva
Xosé Manuel Abraldes, alcalde de Barro

Barro insiste en cambiar o trazado do treito final da A-57

13/07/2017
Barro

O trazado do treito final da A-57 elixido polo Ministerio de Fomento non termina de gustar no Concello de Barro polo "gran impacto" que suporía para toda a zona de Curro a construción da autovía tal como está prevista. De aí que o goberno municipal confirmara este xoves que seguirán...

PontevedraViva
Obras de construción da A-57 en Marcón

A A-57 entre Pilarteiros e Barro xa ten declaración de impacto ambiental

08/07/2017
Pontevedra

Fomento segue adiante coa tramitación da A-57. O Boletín Oficial do Estado publicou este venres a declaración de impacto ambiental do tramo entre Pilarteiros (Xeve) e Barro, que inclúe a conexión desta autovía coa AP-9 e a Autovía do Salnés en Curro. Con este tramo, sinalan desde o ministerio, búscase dar...

Alejandro Espiño
Vertudura no río dos Gafos

As obras da A-57 tinguen de branco o cauce do Gafos

29/06/2017
Pontevedra

Membros da Asociación ambientalista Vaipolorío informaron dunha vertedura ao cauce do río dos Gafos producida este mércores ás 19:18 horas. Os ecoloxistas foron alertados por una veciña de Tomeza da localización da vertedura no río Pombal, afluente do río Tomeza (Gafos), o que puxeron en coñecemento do 112 Galicia. Persoal de Augas...

Oskar Viéitez
Obras de construción da A-57 en Marcón

18 millóns para a A-57, principal aposta de Fomento para Pontevedra en 2017

05/04/2017
Pontevedra

A A-57 confírmase como unha das grandes apostas investidoras do Ministerio de Fomento para Pontevedra nos próximos anos. Así se reflicte nos orzamentos xerais do Estado que o Goberno presentou nas últimas horas. Máis de 18 millóns de euros destinaranse en 2017 para a construción desta autovía. Case todo o investimento...

Alejandro Espiño
Obras de construción da A-57 en Marcón

Os desmontes das obras da A-57, causa de desprendementos de terra no río Gafos

31/03/2017
Pontevedra

A concellería do Ciclo da Auga de Pontevedra confirmaba este venres que a terra aparecida durante as últimas horas no río Gafos procedía dos desmontes que se están acometendo nas obras da autovía A-57. Este feito foi denunciado polo colectivo Vaipolorío. A empresa do servizo de augas e saneamento do Concello,...

PontevedraViva
Luis Rei, Luis Villares e Peque González

En Marea rexeita a A-57 porque duplicará á AP-9 e beneficia ás construtoras "que aparecen nos papeis de Bárcenas"

09/03/2017
Pontevedra

O portavoz parlamentario de En Marea, Luís Villares, expresou o rexeitamento do seu partido ao proxecto da futura autovía A-57 porque "duplicará" á autoestrada AP-9 e "beneficia" ás construtoras "que aparecen nos papeis de Bárcenas". Luís Villares compareceu nunha rolda de prensa na sede de Marea Pontevedra e visitou a...

Oskar Viéitez
Mónica Patxot
Xuntanza de En Marea coa plataforma Salvemos a Fracha

En Marea reclamará información sobre as obras da autovía A-57

10/02/2017
Pontevedra

En Marea comprometeuse coa plataforma Salvemos A Fracha a solicitar información sobre o proxecto de construción da A57 que iniciou as súas obras no municipio de Pontevedra "xa que existen estudos e propostas que falan dunha vía de alta capacidade que percorrería o eixo atlántico, paralela á AP9".  O colectivo mantivo...

Oskar Viéitez
Obras de construción da A-57 en Marcón

Fomento garante que a A-57 chegará ata Curro

08/02/2017
Pontevedra

A autovía A-57, cuxo primeiro tramo está en construción, enlazará coa autovía do Salnés en Curro (Barro). Así o garante o Ministerio de Fomento, segundo trasladou este mércores o Concello de Pontevedra, tras a substitución da pontevedresa Ana Pastor por Íñigo de la Serna á fronte desta carteira. Técnicos da demarcación...

Alejandro Espiño
Obras da autovía A-57 na Fracha

Preocupación entre os veciños de Bora pola autovía A-57

13/01/2017
Pontevedra

A deputada nacional Pilar Rojo e o portavoz do PP de Pontevedra, Jacobo Moreira, reuníronse con representantes da coordinadora de Bora. Coincidindo cos cambios no Ministerio de Fomento, e tendo en conta que comezan a tramitarse os orzamentos xerais, mantiveron un encontro para falar dos tramos pendentes da autovía A-57. En...

Oskar Viéitez
Vertedura localizada no río Pombal

Vaipolorío alerta dunha vertedura de terra no río Pombal procedente das obras da A-57

09/11/2016
Pontevedra

A asociación Vaipolorío alertou ao servizo de Emerxencias Galicia 112 ao ter coñecemento dunha vertedura no río Pombal. Trátase dunha vertedura de "unha cantidade importante de terra" que, segundo a organización ecoloxista provén das obras de construción da autovía A-57. A vertedura foi localizada ás 12:00 horas deste martes e chegou ata...

PontevedraViva
Lúa saíndo polo monte da Fracha

Marcón aproba por unanimidade o proxecto do parque forestal da Fracha

07/11/2016
Pontevedra

A asemblea da comunidade de montes de Marcón aprobou por unanimidade o proxecto do parque forestal da Fracha que promove o Concello de Pontevedra xunto aos comuneiros de Tomeza e A Canicouva. A asemblea tamén aprobou a recuperación ambiental de Monte Carrasco.  Descartado xa o Hospital de Monte Carrasco, agora a idea...

Oskar Viéitez
Inicio da obra da autovía A-57

Preocupación en Marcón polas escorrentías das obras da A-57

19/09/2016
Pontevedra

A Asociación de vecinos San Miguel de Marcón ven de solicitar unha entrevista co alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, co obxectivo de conseguir as melloras que necesita a parroquia "e que se van demorando no paso do tempo". Entre outras, os vecinos queren que o goberno local solucione as...

Oskar Viéitez
Inicio das obras de construción da autovía A-57 na zona da Ermida, en Marcón

Pontevedra e Barro reciben o proxecto reformado da A-57 entre Pilarteiros e Curro

03/02/2016
Pontevedra

Os concellos de Pontevedra e Barro recibiron a pasada semana o estudo informativo da prolongación da autovía A-57 entre o tramo Pilarteiros (Santo André de Xeve) e Barro, conexión coa autoestrada AP-9 en Curro e coa autovía de O Salnés. Terán un prazo de 30 días para informar este novo proxecto...

Oskar Viéitez
Inicio das obras de construción da autovía A-57 na zona da Ermida, en Marcón

A Audiencia Nacional desestima a suspensión preliminar das obras da A-57 na Fracha

09/12/2015
Pontevedra

A Audiencia Nacional desestimou a petición de suspensión cautelar das obras da autovía A-57 ao seu paso por Pontevedra solicitada, a través dun recurso contencioso administrativo, pola Plataforma de Afectados pola A-57 'Salvemos a Fracha' contra a resolución do secretario de Estado de Infraestruturas, Transporte e Vivenda ditaminada o 15...

PontevedraViva
Andaina reivindicativa pola serra da Fracha

Un cento de persoas secunda a última ruta pola "Fracha tal e como a coñecemos"

26/10/2015
Xeral

Preto dun cento de persoas secundou este domingo a segunda andaina reivindicativa organizada pola plataforma 'Salvemos a Fracha', unha ruta da que os organizadores aseguran que foi a última ruta pola serra da Fracha "tal e como a coñecemos", pois está "gravemente ameazada" polo proxecto da autovía A-57, da que...

PontevedraViva
Andaina de protesta de Salvemos A Fracha

'Salvemos a Fracha' lanza un último SOS polo monte da Fracha e convida a unha andaina

24/10/2015
Pontevedra

A plataforma veciñal ‘Salvemos a Fracha’, en colaboración co colectivo Masa Crítica, organiza este domingo 25 de outubro a súa segunda andaina reivindicativa pola zona afectada polas obras da autovía A-57 e lanza un SOS aos pontevedreses alertando de que esta será a última ruta que permitirá gozar do monte da...

PontevedraViva
O director da obra, Federico Saldaña, explica os detalles do trazado

A autovía A-57 é unha cuestión de "justicia social"

19/10/2015
Pontevedra

A ministra de Fomento, Ana Pastor acudiu este luns a Pontevedra para dar inicio ás obras da autovía A-57, no tramo A Ermida-Vilaboa, unha infraestrutura que segundo dixo é unha cuestión de "justicia social" por ser Pontevedra a "única capital de provincia de toda España que no tiene una circunvalación".  ...

Oskar Viéitez
O alcalde de Vilaboa, José Luis Poceiro xunto ao subdelegado do Goberno, Antonio Coello

O goberno municipal de Vilaboa rexeita asistir ao inicio das obras da A-57

17/10/2015
Vilaboa

Ao goberno municipal de Vilaboa, formado polo PSdeG-PSOE e o BNG, non lle gustaron as formas da ministra de Fomento, Ana Pastor, con respecto á invitación formal enviada para que asistiran ao acto de inicio das obras do tramo A Ermida-Vilaboa da autovía A-57. Tanto que anuncian que non acudirán...

PontevedraViva
Inicio das obras de construción da autovía A-57 na zona da Ermida, en Marcón

'Salvemos a Fracha' denuncia ante a Audiencia Nacional o inicio das obras da autovía A-57

16/10/2015
Pontevedra

A plataforma 'Salvemos a Fracha' presentará o luns, día 19, un escrito ante a Audiencia Nacional denunciando que o Ministerio de Fomento comezou esta semana as obras de construción da autovía A-57 antes de que se resolva a petición realizada formalmente de que, preventivamente, non se poñan en marcha os...

PontevedraViva