Los diez lanzamientos 29nov2024

Los diez lanzamientos
29 de novembro 2024
Selección de 'Los diez lanzamientos' do 29 de novembro

Toca pechar o mes de novembro e abrirse aos 31 últimos días do ano. E isto nótase na industria musical.

Abre edición Montedapena, alter ego en solitario de Héctor Rodríguez, integrante de Lontreira, quen o ano próximo publicará álbum debut. Quen xa ten novo disco é o trapero Pimp Fraco, 'Brillo más'.

Isabel Aaiún tivo o seu oco na banda sonora do pasado verán e agora presenta 'Puñales'. E falando de verán, Bombai e Coti colaboran en 'Verano del 19'.

Os madrileños Tu Otra Bonita preparan EP e avanzan sinxelo. Pola súa banda La La Love You sacarán álbum en 2025 e esta semana presentan colaboración xunto a Álvaro de Luna.

Unha das estreas esperadas deste mes demorouse pero Dani Martín xa sacou á venda 'El último día de nuestras vidas'.

E chegados a estas datas, ... xa están aquí os temas do Nadal. Traemos 'Under the tree' de Ed Sheeran como banda sonora de peli de animación, a colaboración de Michael Buble con Carly Pearce e a revisión que Iván Ferreiro fai con 'Cuento de hadas en Madrid' xunto a un extenso elenco de artistas.