Cara a cara #608. Manuel Vilas máis 'El mejor libro del mundo'

Cara a cara
23 de novembro 2024
O escritor Manuel Vilas
O escritor Manuel Vilas / Carlos Ruiz B.k.

Manuel Vilas volve ao podcast 'Cara a cara' para charlar sobre ‘El mejor libro del mundo’ que é o que por suposto calquera autor querería asinar e o que persegue insistentemente o narrador desta novela, ou quizais ensaio literario?.

Un título cuxo punto de partida é unha nova década, a entrada nos sesenta anos e a revisión do universo interior e exterior que esta idade lle provoca.

Neste compendio de reflexións, opinións e experiencias sobre practicamente todo, non escatima en abrir a porta de atrás da profesión de escritor.

Como nos conta o propio Vilas nesta charla, "o libro ataca dúas cousas, a solemnidade e a superstición, que son inimigas da vida, da felicidade e a liberdade".

Leva un aderezo constante que é o "aceite da intelixencia", é dicir, humor, esa somarda tan aragonesa da que provén e que queda reflectida tamén na recreación sonora que precede á entrevista.

Ministerio de Cultura. Dirección Xeral do Libro, do Cómic e da Lectura