Postura da Plataforma Non Crematorios Pontevedra Leste

24 de xaneiro 2019
Actualizado: 18 de xuño 2024

Esta Plataforma quere trasladar a súa postura a propósito do novo revés do Concello de Pontevedra contra a sentenza que deixou sen efecto a modificación puntual do PXOM aprobada no 2014.

Esta Plataforma quere trasladar a súa postura a propósito do novo revés do Concello de Pontevedra contra a sentenza que deixou sen efecto a modificación puntual do PXOM aprobada no 2014.

Á sentenza a favor das teses da Plataforma e anuladora da Regulamentación de crematorios a 50 metros do TSXG engádese a inadmisión a trámite polo Tribunal Supremo do estado do recurso de casación do Concello de Pontevedra. O Concello tamén é sentenciado ó pagamento das costas dos dous procedementos xudiciais.

Como é ben sabido, aquela norma municipal, establecía unha franxa mínima de 50 metros con respecto ás vivendas coa finalidade de evitar a posibilidade de que se construísen crematorios no ámbito urbano.

Si ben é certo que esta plataforma non se sinte en ningún dos casos gañadora, que quede moi claro que se viu abocada a denunciar o Concello de Pontevedra e a Xunta de Galicia, ante a pasividade deste Concello en buscar unha solución para a globalidade dos veciños de Pontevedra, e non so para unha parte.

A Plataforma ante tal discriminación dos seus dereitos a saúde e a un ambiente saudable, que deixaba de lado claramente os veciños de Pontevedra Leste, obrigándoos a aturar unha actividade catalogada como molesta, insalubre, nociva e perigosa, a menos de 140 metros das súas casas.

Preguntamos o Concello; ¿cal é a diferencia entre un veciño do Leste de Pontevedra con un veciño de Poio ou do centro de Pontevedra?.

O Concello de Pontevedra queda en evidencia pola súa mala xestión neste senso: Primeiramente cando se lles ocorre no 2008 a idea de permitir un crematorio a escasos metros dunha urbanización con 15.000 habitantes, centro de saúde, colexios, gardarías, parques infantís, sen consultar os veciños. Máis tarde paralizando as licenzas a tódolos crematorios.

Facendo unha modificación puntual do PXOM Ad hoc, en beneficio do proxecto da Parda en detrimento dos outros proxectos.

A falta dun PXOM actualizado que permita a ordenación urbana.

Isto ten que servirlle o Concello para que medite, e propoña, unha nova normativa máis restritiva e xusta, onde ningún veciño da cidade, independentemente da situación da súa vivenda, vésase prexudicado por unha actividade molesta e insalubre.

É cando menos sorprendente, a reacción do Concello ante os reveses xurídicos e económicos sufridos, culpabilizando a veciñanza e a esta Plataforma.

Fan dúas afirmacións falsas, que son a lei do revés:

  1. Agora calquera pode poñer un crematorio en calquera lugar da cidade. Falso, o procedemento de concesión de licenzas non é automático, máxime cando as cautelas medioambientais recollidas na sentenza do TSXG son evidentes. E máis cando a anulación do Regulamento baséase en parte no nulo interese pola saúde da veciñanza.
  2. Os veciños da Plataforma acadaron o contrario do que propoñían. Pedían máis metros de faixa de seguridade (500 mts) no canto dos 50 metros que reflictia o Concello no Regulamento. Falso, os veciños sabían que o Regulamento foi unha quimera xurídica para favorecer a un crematorio en concreto en detrimento dos veciños do lugar. Son o TSXG e o TS as institucións -non persoas individuais- as que condenan o Concello de Pontevedra, polo seu mal facer.

Miguel Anxo Lores dixo fai tempo nos medios. “O tema dos crematorios xa está moi manido”.

NON, estivo dende o primeiro minuto, mal xestionado polo grupo de goberno do BNG de Lores, deixando de lado os veciños, en todo momento.