España volveu sufrir unha subida histórica do prezo da luz este luns. Sobre iso pronunciouse no Congreso a ministra de Transición Ecolóxica, Teresa Ribeira, criticando a falta de «empatía social» das empresas eléctricas. En 'La Cafetera' o deputado de Unidas Podemos Juan López Uralde, sinalou que «o Goberno non pode depender da empatía social das empresas» senón «de medidas concretas e específicas».