'Conversas con arte': conferencia do fotoxornalista Gervasio Sánchez
Engadir ao meu calendarioPazo Provincial, Pontevedra
Pazo Provincial, Pontevedra
A Deputación organiza unha conferencia do premiado fotoxornalista Gervasio Sánchez no marco do ciclo "Conversas con arte".
Deste xeito, Gervasio Sánchez toma a remuda de José María Barreiro, Antón Pulido e César Antonio Molina, protagonistas dos anteriores encontros do programa desde a súa posta en marcha o pasado mes de abril.
Gervasio Sánchez (Córdoba, 1959) é licenciado en xornalismo e traballou como independente para diferentes medios (como a Cadena Ser, o servizo español da BBC ou El Heraldo de Aragón), especializándose en conflitos armados, ademais de ter publicado numerosos libros fotográficos.
Durante a súa traxectoria foi enviado especial en numerosas guerras en América do Sur, na guerra do Golfo, así como noutros conflitos situados na antiga Iugoslavia ou nos continentes de África e Asia.
Desde 2001 dirixe o Seminario de Fotografía e Xornalismo da Fundación Santa María de Albarracín, tamén é mestre da Fundación Gabo (Gabriel García Márquez), membro de honra da Universidade de Málaga e presidente de honra da Asociación Fotográfica Cordobesa (AFOCO).
Entre os seus numerosos premios destaca o Premio Nacional de Fotografía.
A conferencia de Gervasio Sánchez, que será un dos participantes na Bienal de Arte de Pontevedra en 2025, poderá seguirse tamén por streaming a través de www.depo.gal e será gravada para poder emitirse posteriormente en formato vídeo e pódcast a través das plataformas YouTube e Spotify.
Máis eventos
Ver máis eventosCarpa das Lagoas, Bueu
Pavillón da Raña. Marín
Auditorio de Afundación, Pontevedra