Yago Iglesias, tras o triunfo ante o Deporivo Aragón: "Foi un partido completo de todo o equipo"

Pontevedra
19 de maio 2024

En canto aos cambios, especialmente o de Toño, Yago Iglesias explicou que "foi un as gardado baixo a manga. Viñámolo falando, era unha eliminatoria de 180 minutos e el é pernas e traballo. Nas últimas xornadas deunos moita forza neste tipo de partidos de chegar aos minutos finais co marcador igualado e dar un paso adiante"

Yago Iglesias, no partido entre Pontevedra CF e Deportivo Aragón en Pasarón
Yago Iglesias, no partido entre Pontevedra CF e Deportivo Aragón en Pasarón / Cristina Saiz

O Pontevedra Club de Fútbol segue vivo. Remontou a eliminatoria fronte ao Deportivo Aragón e está a dous encontros do ascenso a Primeira RFEF. 

"É un partido complicado", recoñeceu o adestrador Yago Iglesias na rolda de prensa. "Nos últimos meses parecía que non acababamos de entoar", ademais, "o partido ponse patas para arriba, empezas perdendo sabendo que tes que marcar un gol máis que eles e sabiamos que non queriamos prórroga", admitiu.

Con todo, o perfil do rival auguraba que as cousas non ían ser sinxelas e ía ser difícil marcarlles gol, e iso que "foi un partido completo de todo o equipo", pero o técnico botou en falta "máis acerto para gol. De estar máis acertados hoxe, o resultado sería máis avultado e máis cómodo".

E é que o conxunto granate monopolizó o xogo e as oportunidades, pero non foi ata o minuto 89 cando conseguiu sentenciar co segundo gol de Toño que supuxo o 3-1. O Deportivo Aragón, en cambio, "unha que teñen vai para para dentro. Despois", di Iglesias, "hai secuencias, perdas de tempo do porteiro, dos seus xogadores... Sumas un erro teu que non podes marcar e vai xerando situación de tensión. Pasarón axudounos, levou ao equipo polo aire vendo o que ocorría no terreo de xogo. O resultado é xusto, aínda que queda curto", afirmou.

En canto aos cambios, especialmente o de Toño, Yago Iglesias explicou que "foi un as gardado baixo a manga. Viñámolo falando, era unha eliminatoria de 180 minutos e el é pernas e traballo. Nas últimas xornadas deunos moita forza neste tipo de partidos de chegar aos minutos finais co marcador igualado e dar un paso adiante. Toño ten estas características, nas últimas semanas deu un paso adiante e en xogo asociativo deunos moito. É o que buscabamos con el".

O equipo, ademais, "era consciente en todo momento do que tiña que facer e hoxe fíxoo que dá xenio. O partido de hoxe é un punto de inflexión en todos os sentidos, sabemos a tempada que fixemos, somos un dos grandes favoritos dos que quedan nos bombos de mañá e hai que saír a xogar. Hoxe o equipo fíxoo, vou súper feliz e contentísimo aínda que enfadado comigo mesmo pola expulsión, ás veces non nos podemos controlar", recoñeceu.