O talento na cancha de xogo convenceu ao Poio Pescamar de incorporar á internacional arxentina Julia Dupuy, pero a futbolista destaca tamén fóra das pistas pola súa afección á escritura... e ao rap.
A recente fichaxe do Poio Pescamar protagonizou en decembro, antes da disputa da Copa América na que conseguiu a medalla de prata coa selección absoluta do seu país, un vídeo cantando rap con transfondo social que causou un gran impacto.
Dupuy animouse cuns versos 'freestyle' nun vídeo gravado por Minuto Feminino, un medio dedicado á difusión do fútbol sala feminino no país suramericano, e no que fixo referencia a asuntos políticos de gran calado como a xenofobia no deporte, o golpe de estado en Bolivia ou as protestas sociais en Chile.
"Acá no hay xenofobia ni nada eso, somos todas hermanas, con distinto acento" comeza nun inicio para despois seguir con frases como "voy a rapear verdades y eso no es pecado. Pecado es que en Bolivia haya un golpe de estado. Pecado no es que fluya en la improvisación. Pecado es que en Chile siga la represión".
#SelecciónArgentina#Futsal#Femenino | ¿Nikki Nicole? ¿La Wos de la Selección? NO, Julia Dupuy para todas y todos La jugadora de la albiceleste volvió con todo de Italia y se despidió rumbo a la Copa América como más le gusta a minuto. ¡No te pierdas el rap! pic.twitter.com/zQEMcalm11
— Minuto Femenino (@minutofemenino) December 11, 2019
Aos seus pouco máis de 20 anos, Julia Dupuy vivirá co Poio Pescamar a súa primeira experiencia en España, tras o seu paso polo fútbol sala italiano. Antes formouse en clubs como Boca Juniors, o Sportivo Barracas e o Racing de Avellaneda.
Todo un exemplo de deportista comprometida que espera destacar tamén no deportivo levando ao seu novo equipo á pelexa polo grandes título nacionais.