Unha lesión no abdutor deixa sen Copa do Rei a Adrián Cruz

Pontevedra
14 de decembro 2020

A falta de coñecer o alcance concreto da doenza muscular, o obxectivo do Pontevedra é que o centrocampista estea recuperado para o primeiro partido de liga de 2021, fronte ao Guijuelo

Adrián Cruz, en el partido en Pasarón entre Pontevedra CF e Salamanca
Adrián Cruz, en el partido en Pasarón entre Pontevedra CF e Salamanca / Cristina Saiz

A dolorosa derrota encaixada polo Pontevedra Club de Fútbol no campo do Coruxo trouxo consigo un problema inesperado en forma de lesión.

Xusto despois de encaixar o 3-0, Adrián Cruz pedía o cambio por problemas físicos. Era o minuto 61 de xogo e o centrocampista de Moaña deixaba o seu lugar no terreo de xogo a Pol Bueso.

Pois ben, este luns o club granate confirmou que Cruz sofre unha lesión no abdutor da súa perna esquerda, unha doenza muscular cuxa gravidade está aínda pendente de detallar.

En todo caso, o que é seguro é que Adrián causará baixa para o último encontro oficial de 2020, o que este xoves 17 de decembro enfrontará ao Pontevedra co Cartagena en Copa do Rei.

Descartado para a Copa, o obxectivo do club é conseguir que se recupere para a primeira xornada de liga de 2021, na que o rival será precisamente o seu ex-equipo, o Guijuelo.

Esta ausencia, unida á lesión de longa duración de Romay, deixa colla a parcela organizadora do equipo, ao tratarse de dous homes de perfís similares e que estaban a alternar o seu posto nas aliñacións de Jesús Ramos.