Tere Abelleira suma unha nova convocatoria internacional

Pontevedra
17 de outubro 2024
Actualizado: 12:58

A seleccionadora Montse Tomé volve contar coa pontevedresa na convocatoria de España para os encontros amistoso fronte a Canadá e Italia

Tere Abelleira, no partido entre España e Italia en Pasarón
Tere Abelleira, no partido entre España e Italia en Pasarón / Mónica Patxot

A Selección Española Feminina Absoluta deu a coñecer a convocatoria este xoves coa que afrontará a súa próxima xanela internacional.

A seleccionadora Montse Tomé volve chamar a Tere Abelleira.

A centrocampista pontevedresa suma unha nova citación con España, afianzada como unha futbolista fixa nos plans de Montse Tomé.

De feito desde o Mundial só foi baixa por lesión, chegando mesmo a ser citada con problemas físicos para a fase final da Liga de Nacións.

Abelleira é unha das 23 futbolistas seleccionadas por Tomé para os amigables que a Selección xogará contra Canadá e Italia.

A concentración do equipo nacional arrincará o vindeiro luns 21 de octiubre na Ciudad del Fútbol de Las Rozas.

En canto aos partidos previstos, España medirase a Canadá o día 25 de outubro no estadio Francisco de la Hera de Almendralejo.

O martes 29 xogará contra Italia no Romeo Menti de Vicenza.