Suspendidos o Arosa-Boiro e o Valladares-Villalonga pola alerta laranxa

O Salnés
24 de novembro 2024

O forte vento e a choiva obrigaron a suspender varios partidos que debían disputarse este domingo

Estadio municipal da Lomba
Estadio municipal da Lomba / Concello de Vilagarcía de Arousa

Os partidos que debían disputar este domingo ás 18:00 horas o Arosa e o Villalonga foron suspendidos pola alerta laranxa por vento e choiva que azouta as Rías Baixas.

O conxunto arlequinado recibía na Lomba ao Boiro, mentres que os de Sanxenxo debían desprazarse a Vigo para enfrontarse ao Valladares.

A decisión foi adoptada por ambos os concellos despois de que a Xunta recomendase pechar as instalacións municipais e suspender todas as actividades ao aire libre nas zonas de alerta para garantir a seguridade de xogadores, árbitros e público.

Na estación meteorolóxica de Corón, situada en Vilanova de Arousa e máis próxima ao campo da Lomba, rexistráronse refachos de vento superiores aos 75 quilómetros por hora, o que fai inviable a disputa do partido en condicións de seguridade.