A competición non descansa para o Poio Pescamar, nun mes decisivo para as súas aspiracións e ilusionante coa cada vez máis próxima fase final da Copa da Raíña.
Pero antes as vermellas céntranse de novo na liga co obxectivo de manterse no pelotón de cabeza do Grupo A da Primeira División. Para iso o conxunto conserveiro necesita este martes 8 de decembro sumar unha nova vitoria que lles coloque a tiro de pedra dos dous primeiros, o Atlético Navalcarnero e o Roldán.
O Poio visita (19.00 horas) a pista do CD Leganés, o seu inmediato perseguidor desde a cuarta praza, para recuperar a xornada aprazada no seu día por un caso de Covid no plantel madrileño.
Despois das grandes sensacións da fin de semana en Ourense, con goleada incluída, o equipo adestrado por Manu Cossío quere dar continuidade ao seu xogo.
A mellor noticia para o técnico é que por primeira vez no que vai de tempada contará con todo o plantel á súa disposición tras a recuperación de Slvia Aguete. Desta forma ademais da gardameta internacional viaxan terras madrileñas: Caridad, Iria Varela, Carol, Clara, Mirian, Irene García, Ana Rivera, Dani Sousa, Julia Dupuy, Agostina Chiesa ,Luci, Iraia e Antía.