A Real Federación Galega de Fútbol (RFGF) e a Mutualidade de Futbolistas Españois renderon homenaxe ao doutor Juan José García Cota, ex-médico do Pontevedra Club de Fútbol e da Selección Española.
O galeno, que é actualmente xefe dos servizos médicos do Real Club Celta, foi distinguido coa Medalla de Prata da RFGF.
Ademais recibiu de mans do presidente da Federación, Rafael Louzán, unha camiseta da Selección Galega co número 1 ás costas, o mesmo dorsal que usou durante anos como porteiro en varios equipos do fútbol galego.
Esta homenaxe, defendeu Louzán, é un sentido recoñecemento do fútbol autonómico ao doutor Cota "pola súa humanidade e empatía", tratando ao largo dos anos a infinidade de futbolistas galegos e españois de todas as categorías.