O Bádminton Ravachol Pontevedra consolida o seu liderado na Segunda División Nacional

Pontevedra
20 de decembro 2017

O conxunto pontevedrés disputou unha nova xornada da liga de Segunda División Nacional no pavillón Coto Ferreiro da Estrada

Equipo do Bádminton Ravachol Pontevedra na liga de Segunda Nacional
Equipo do Bádminton Ravachol Pontevedra na liga de Segunda Nacional / Club Bádminton Ravachol Pontevedra

Mantén a súa marcha inmaculada o Club Bádminton Ravachol Pontevedra na liga de Segunda División Nacional.

O conxunto pontevedrés consolídase no liderado da categoría despois da xornada disputada a fin de semana no pavillón Coto Ferreiro da Estrada.

O Ravachol, dirixido por Jesús Pereiro, mostrouse superior aos seus rivais logrando dúas contundentes vitorias por 5-0, primeiro ante o CB Cíes vigués e despois en segunda rolda contra o CB Astures Boggie de Xixón.

Participaron nesta xornada Elena Andreu, Adrián Rey, María Torres, Iván Darriba, Patricia Iglesias e Javier Rey.

Desta forma o Bádminton Pontevedra consegue pechar o ano sen coñecer a derrota en liga cumprindo o obxectivo marcado ao comezo da tempada de pelexar polo ascenso de categoría.