O Bádminton Pontevedra pecha a continuidade de Ana Carbón e Noelia Gestoso no equipo

Pontevedra
15 de xullo 2018

Así o anunciaron os seus responsables, que destacan que ambas as dúas xogadoras, de 18 e 19 anos respectivamente, serán dúas pezas fundamentais nas aliñacións do equipo. O club, por mor das xa anunciadas renovacións e a fichaxe de Manuel Brea, xa se está perfilando como candidato ao título

Ana Carbón, xogadora do Bádminton Pontevedra
Ana Carbón, xogadora do Bádminton Pontevedra / Club Bádminton Ravachol Pontevedra

Dúas xogadoras clave no ascenso do Ravachol Pontevedra á Primeira Nacional de bádminton, Ana Carbón e Noelia Gestoso, seguirán un ano máis no club.

Así o anunciaron os seus responsables, que destacan que ambas as dúas xogadoras, de 18 e 19 anos respectivamente, serán dúas pezas fundamentais nas aliñacións do equipo.

O club, por mor das xa anunciadas renovacións e a fichaxe de Manuel Brea, xa se está perfilando como candidato ao título. 

Carbón, número 66 do ránking mundial e actual subcampioa de España junior, perfílase como un dos claros baluartes do equipo, mentres que Gestoso continuará a súa progresión tras unha complicada tempada lastrada polas lesións.

O Ravachol Pontevedra espera poder anunciar a continuidade no equipo, dentro duns días, de xogadores que mostraron unha gran progresión: Raquel Miguens e Miguel Sanluis.