Gran actuación do Ravachol no Internacional Júnior de Lituania

Pontevedra
06 de setembro 2020

Gran actuación dos deportistas do primeiro equipo do Club Bádminton Ravachol Pontevedra no Internacional Júnior de Lituania. Co claro obxectivo de continuar escalando na clasificación mundial, Gabriel Fernández e Ania Setién desprazáronse a Vilnius, Lituania, para disputar a segunda proba internacional da tempada tras o éxito obtido en Bulgaria

Gabriel Fernández e Ania Setién no Internacional Júnior de Lituania
Gabriel Fernández e Ania Setién no Internacional Júnior de Lituania / Club Bádminton Ravachol Pontevedra
Gran actuación dos deportistas do primeiro equipo do Club Bádminton Ravachol Pontevedra no Internacional Júnior de Lituania. 

Co claro obxectivo de continuar escalando na clasificación mundial, Gabriel Fernández e Ania Setién desprazáronse a Vilnius, Lituania, para disputar a segunda proba internacional da tempada tras o éxito obtido en Bulgaria. 

Fernández accedeu á gran final de individual masculino tras derrotar a Javier Álaba (19-21, 21-17, 21-17). Alí esperábao o finés Joakim Oldorff, que desmostró ser o primeiro cabeza de serie do torneo e venceu ao deportista do Ravachol por 21-5, 21-5.

En dobres, a dupla masculina formada por Fernández e o madrileño Alejandro De Pablo, enfrontouse na final aos tamén españois Javier Álaba e Jacobo Fernández, aos que derrotaron por 21-18 e 21-18. 

Pola súa banda, Ania Setién segue demostrando por que é a número un de Europa e venceu este domingo na final de individual feminino á súa compañeira de adestramentos no CGTD, Lucía Rodríguez, por 21-18 e 21-16. 

Así mesmo, ambas as deportistas formaron parella na final de dobres feminino para enfrontarse ás italianas Katharina Fink e Yasmine Hamza. Despois dun encontro de 31 minutos e tras un primeiro xogo rifado (21-19), foron Fink e Hamza as que se fixeron coa vitoria ao vencer por 21-14 no decisivo.

INICIO DE LIGA

O encontro da primeira xornada da liga de División de Honra, entre o Club Bádminton Ravachol Pontevedra e o CB San Fernando Valencia, previsto para o día 5 de setembro no pavillón da Fuensanta de Valencia, foi aprazado a solicitude do equipo visitante por motivos sanitarios derivados da crise da Covid-19. 

O enfrontamento entre o Ravachol Pontevedra e o San Fernando está previsto que se celebre, se as condicións sanitarias permíteno, o vindeiro sábado día 12 de setembro en Valencia, no que será o debut do equipo na máxima categoría nacional.