Éxito do Galaico Sincro no Open de Castela e León de natación artística

Pontevedra
26 de xuño 2018

As nadadoras do Galaico Sincro lograron un magnífico resultado na súa participación no segundo Open de Castela e León de natación artística, que se celebrou a pasada fin de semana na piscina de Huerta del Rey (Valladolid)

Equipo do Galaico Sincro no Open de Castela e León de natación artística
Equipo do Galaico Sincro no Open de Castela e León de natación artística / Galaico Sincro

As nadadoras do Galaico Sincro lograron un magnífico resultado na súa participación no segundo Open de Castela e León de natación artística, que se celebrou a pasada fin de semana na piscina de Huerta del Rey (Valladolid).

Organizado polo club de natación sincronizada Fabio Nelli, o torneo serviu como adestramento para o próximo campionato de España que terá lugar en Ourense o próximo mes de xullo.

As pontevedresas lograron subir ao podio en todas as categorías nas que participaron e colocaron a seis nadadoras entre as dez primeiras clasificadas.

Participaron Sara Villanueva, Andrea Pazos, María Maquieira, Mercedes Domínguez, Carlota Marescot, Candela Del Campo, Antía Riveiro, Helena Guimeráns, Inés Guijarro, Blanca Castro, Nayeli Faro, Olivia Gómez, Lorena Piñeiro, Almudena García e Daniela Suárez.

O Galaico Sincro logrou as medallas de prata en equipo e combo, mentres que Sara Villanueva e Andrea Pazos colgaron a prata en dúos, categoría na que as súas compañeiras María Maquieira e Mercedes Domínguez foron terceiras. Bronce logrou tamén Sara Villanueva en sós.