Esforzo e superación, da man no Campionato Galego de Cros Adaptado

Pontevedra
27 de febreiro 2019

Por terceiro ano consecutivo a Illa das Esculturas de Pontevedra foi escenario da competición autonómica organizada pola Federación Galega de Deporte Adaptado, coa participación de preto de 200 atletas

Campionato Galego de Cros Adaptado
Campionato Galego de Cros Adaptado / Victoria Regueira

Por terceiro ano consecutivo a Illa das Esculturas de Pontevedra foi escenario do Campionato Galego de Cros Adaptado organizado pola Federación Galega de Deporte Adaptado.

No privilexiado enclave pontevedrés esforzo, superación e deportividade foron da man coa presenza de preto de 200 deportistas.

Nas diferentes carreiras, organizadas nas categorías de competición, adaptado e xogo, tomaron parte atletas de diferentes idades completando un percorrido que variaba dos 500 aos 3.000 metros.

A xornada iniciouse ao redor das 11:00 horas e prolongouse ata aproximadamente as 13:00 horas.

Participaron no campionato os clubs: Aceesca, Asdan, Aspanaex, Aspavi, Chapela, Esclavas, Independiente, Juan XXIII, Méndez Núñez, Menela, Ourense Atletismo, Playa Samil, Saladino, San Rafael, San Xerome e Vilagarcía.