Cinco ciclistas do Froiz, convocados para o Campionato de Europa de Ciclocrós

Pontevedra
31 de outubro 2022

Acudirán coa Selección Española de Ciclocrós ao Campionato de Europa que se celebrará na cidade belga de Namur os días 5 e 6 de novembro 

María Filgueiras (551) e Uxía Soto (550), na Copa de España de Ciclocrós en Les Franqueses
María Filgueiras (551) e Uxía Soto (550), na Copa de España de Ciclocrós en Les Franqueses / Real Federación Española de Ciclismo

A Selección Española de Ciclocrós prepárase para disputar o Campionato de Europa que se celebrará na cidade belga de Namur os días 5 e 6 de novembro.

Alí estarán 17 deportistas segundo a convocatoria feita pública este luns pola Real Federación Española de Ciclismo, e entre eles catro ciclistas do Grupo Deportivo Supermercados Froiz.

Na categoría sub-23 masculina, que se disputará a partir das 13.15 horas do sábado 5 de novembro, competirán Gonzalo Inguanzo e Miguel Rodríguez, mentres que Uxía Soto e Aroa Otero participarán na carreira júnior feminina o mesmo día ás 11.00 horas.

Ademais o ciclocrós galego estará tamén representado pola porriñesa Laura Mira na proba sub-23 feminina prevista as as 13.15 horas do domingo.

TERCEIRA CITA DA COPA DE ESPAÑA

A convocatoria chega despois dunha fin de semana no que se disputou a terceira proba puntuable da Copa de España da especialidade en Les Franqueses.

Na mesma Inguanzo finalizou en segundo lugar absoluto e como primeiro sub-23 a pesar de sufrir unha saída de cadea a falta dunha volta, mantendo o seu liderado no certame nacional, cob o seu compañeiro Miguel Rodríguez en cuarta posición.

Pola súa banda a marinense Irene Trabazo concluíu no segundo posto da carreira feminina con Uxía Soto en cuarto lugar e como primeira júnior, pasando a ser a nova líder da xeral en lugar da súa compañeira Aroa Otero, que foi a terceira júnior da xornada. Completou o podio nesta categoría como segunda María Filgueiras (XSM de Marín).