Churre, o primeiro apercibido no Pontevedra

Pontevedra
01 de decembro 2021

Coa tempada xa avanzada as sancións por acumulación de amoestacións empezan a ameazar ao Pontevedra Club de Fútbol. Víctor Vázquez 'Churre', un dos dous únicos xogadores que completou todos os minutos de liga, é o primeiro apercibido no plantel

Churre, nun adestramento do Pontevedra en Pasarón
Churre, nun adestramento do Pontevedra en Pasarón / Mónica Patxot

Coa tempada xa avanzada as sancións por acumulación de amoestacións empezan a ameazar ao Pontevedra Club de Fútbol.

Ata a data só Álex González perdeu un encontro por sanción, no seu caso pola expulsión que sufriu no duelo en casa contra o Leganés B, pero ningún futbolista granate ha chegado a cumprir ciclo de tarxetas como si pasou xa na gran maioría dos seus rivais.

Coa súa amoestación no derbi fronte ao Arosa, Víctor Vázquez 'Churre' converteuse con 4 amarelas no primeiro apercibido de sanción no plantel pontevedrés.

O central é xunto ao seu compañeiro na zaga, David Soto, un fixo no once de Ángel Rodríguez, como demostra o feito de que ambos os dous sexan os únicos xogadores que completaron todos e cada un dos minutos de liga ata a data, 1.170, polos 1.153 minutos que suma Seoane e os 1.130 que acumula Charles.

Tras Churre acumulan tres tarxetas varios compañeiros, como son Yelko Pino, Brais Abelenda e Oier Calvillo.

Unha situación habitual cada tempada e que pode dar oportunidade de entrar no equipo a xogadores que, ata a data, están a contar menos para o técnico, favorable a repetir aliñacións se o xogo e os resultados van acompañando.