O Concello de Pontevedra aprobou este luns a cobranza das subvencións aos clubs deportivos para o desenvolvemento de actividades de iniciación correspondentes á tempada 2018/2019 xa finalizada.
Así o explicou a portavoz municipal Anabel Gulías á finalización da Xunta de Goberno.
En concreto aprobouse o expediente relativo ás escolas deportivas, ás que se destinan 142.000 euros repartidos entre as escolas que se imparten en centros educativos (20.260 euros), os grupos especiais (8.685 euros) e o resto de escolas de clubs deportivos (113.054 euros).
Agora, tal e como confirmou a finais de novembro o concelleiro de Depotes, Tino Fernández, o obxectivo do goberno local pasa por tentar que "as axudas de 2019 tamén poidan abonarse dentro do primeiro semestre de 2020".