Para Manel Loureiro (Pontevedra, 1975) esta será unha semana moi especial. Despois do éxito mundial da triloxía Apocalipsis Z, chega ás librarías a súa nova novela El último pasajero, ambientada nun misterioso trasatlántico. ÿ un dos lanzamentos máis agardados do ano. Da man de Planeta, sairá á venda simultáneamente en seis países, entre eles, España, México, Arxentina e Colombia. Un mes máis tarde, farao en Brasil.
"ÿ unha presión enorme", recoñece a PontevedraViva. "Sabes que están esperando miles de persoas por el. E cando as expectativas son tan altas, tes que coidar moito máis como o fas". E iso é, precisamente, o que fixo. "Xa prácticamente non exerzo como avogado. Baixei moito o pistón, dedícome a isto case en exclusiva", explica días antes de emprender unha intensa campaña de promoción por todo o país. O primeiro destino, Madrid.
Presentas El último pasajero, a túa cuarta novela. Aínda que tendo en conta que Apocalipsis Z foi unha triloxía, non sei se tes a sensación de que este é o teu segundo libro.
ÿ á vez o cuarto libro e o segundo. Tras tres novelas de Apocalipsis Z, é o primeiro cambio de xénero, o primeiro cambio de rexistro. E é algo que ao principio dábame moito medo. Podía optar polo camiño fácil. Atopara unha liña que funcionaba ben e que ten miles de seguidores en todo o mundo. Podía seguir por aí, pero ía acabar esgotado de escribir o mesmo. Decidín dar o paso de contar outras historias e así foi como naceu El último pasajero. A verdade é que lle tiña un pouco de respecto e a sensación ao final foi marabillosa. Paseino moi ben escribíndoo.
Non saberás se gusta ata que saia á venda, pero tes boas sensacións?
Evidentemente non sabes como resulta unha novela ata que chega aos lectores, pero pasoume unha cousa moi curiosa. Tres ou catro libros cada ano envíanse ás librarías, antes de que saian á venda, nunha edición especial. Planeta decidiu que o ían facer con este. Fixeron 300 caixas con este libro. Enviáronas e esgotáronse. Fixeron 100 máis e esgotáronse. Chegou un momento que tivemos que parar porque regalamos 800 novelas. Os libreiros volvéronse tolos con ela, encantoulles. Para min é unha tranquilidade enorme, porque iso significa que mal de todo non está. Agora quen debe xulgalo é o lector. Pero iso verémolo a partir do 28 deste mes. Aínda que de momento, as sensacións son moi boas.
Como xorde El último pasajero? En que momento te dás conta de que tes unha historia entre mans que merece ser contada?
Resulta que a min me apaixonaba a idea de contar a historia dunha casa encantada, pero da cal non poder escapar. O idóneo era contala nun barco, porque á fin e ao cabo, dun barco non podes saír. O máis difícil de abordar unha historia de suspense é crear a ambientación que xere esa tensión. Pero claro eu ía contar a historia dun transatlántico dos anos 30. Necesitaba subirme a un, algo imposible porque xa non quedan.
"Apaixonábame a idea de contar a historia dunha casa encantada, pero da cal non poder escapar. O idóneo era un barco"
Empecei a buscar libros de fotografías e de barcos de época que permitisen subirme a un deles. O que pasa é que eses libros están descatalogados, case non existen. O único xeito de atopalos é en librarías de segunda man. En Santiago atopei un libro cun exlibris estilo anos trinta que era un lobo e un trébol. Non poñía nada máis. Uns meses despois, en Barcelona, atopeime con outro libro que tiña o mesmo selo. Era case como un sinal divino. Foron unhas das pequenas miguiñas de pan que me levaron a crear esta historia.
El último pasajero está ambientado, como dis, nun barco. Queda claro nada máis ver a súa portada. Pero que imos atoparnos nel?
En agosto de 1939 un enorme trasatlántico chamado Valkirie aparece flotando á deriva no Océano Atlántico, sen luces, con motores apagados e sen aparentes sinais de vida a bordo. Atópao un vello buque carboeiro, no medio da néboa. Case bate con el. Tratan de poñerse en contacto co barco e ninguén responde. Finalmente deciden enviar un pequeno bote con tripulantes para ver que ocorre.
Cando soben a bordo, descobren que o barco está baleiro. Non queda ninguén. Con todo, a comida está quente, o xeo que envolve ao champán aínda se está derritindo... Ata hai 20 minutos ese barco estaba cheo de xente e agora non queda absolutamente ninguén. Ninguén, excepto un bebé que foi envolvido a fume de carozo nunhas sabas e que alguén deixou no medio da pista de baile. Iso, e algo máis que non saben que é.
Remolcan ese barco a porto, pensando que vai ser a historia do século. Pero chegan o día 1 de setembro de 1939, o día que estala a Segunda Guerra Mundial, co cal esa historia pasa desapercibida. Setenta anos despois, ese barco que se atopa podrecéndose desde entón no porto, alguén decide poñelo de novo en marcha, rehabilitalo para repetir aquela viaxe inaugural e descubrir que pasou. E ata aquí pódoche contar.
Ao ser unha historia completamente diferente a Apocalipsis Z, tiveches que cambiar moito a forma de abordar esta novela?
Non, porque a estrutura é a mesma. Custoume o mesmo. O que si cambiou é a forma de traballar. O labor de documentación para este libro foi máis intenso, máis traballado. ÿ unha historia terriblemente complicada de contar. Todas as pezas teñen que encaixar como un puzzle, todas as tramas van solapadas e teñen que engarzarse. ÿ como querer manter unha chea de bolas no aire á vez. Se se fai ben, queda xenial. Se o fas mal, é unha completa tolemia. E creo que saíu razonablemente ben.
O feito de que millóns de persoas leran Apocalipsis Z en todo o mundo, engadiuche máis presión á hora de afrontar este novo proxecto?
"ÿ curioso que este tipo de historias funcionen tan ben coa crise. Encántanos evadirnos dos nosos problemas, lendo sobre outros maiores"
Presión non, responsabilidade si. Cando saíu a miña primeira novela, foi cunha editorial pequeniña, case como un 'hobby'. Os seguintes foron crecendo cada vez máis. E este libro sairá xa simultáneamente en seis países, o cal é unha presión enorme. Sabes que están esperando miles de persoas por el. E canto máis altas son as expectativas, tes que coidar moito máis o que fas. Pero presión non, porque eu gozo moito do que fago. Son moi afortunado por traballar no que me apaixona. Contar historias é marabilloso e máxico.
ÿ o teu primeiro traballo con Planeta. ÿ fácil traballar cunha editorial tan grande?
Eu veño de Plaza & Janés, o outro monstro editorial de España. ÿ como o Madrid e o Barcelona. Fíxenme un Luís Figo (rise). A verdade é que a nivel persoal estou encantado co cambio. Estou rodeado dun equipo marabilloso e moi profesional. Apaixónalles o que fan e eu atópome moi cómodo. Planeta ofreceume un proxecto no cal o escritor, é dicir eu, era o eixe, mentres que en Plaza era un máis. Evidentemente como proxecto de futuro interesábame máis e aquí estamos, a ver que pasa.
Cando presentabas Apocalipsis Z dicías que, en certo xeito, a súa historia era unha metáfora da sociedade actual. Ocorreuche o mesmo con El último pasajero?
Non o pensara, pero pode ser. Á fin e ao cabo, El último pasajero é unha historia que vai sobre a busca. Nela, diferentes personaxes buscan algo que lles falta. E nestas épocas de crises, parece que sempre estamos buscando algo. Buscas estabilidade, buscas traballo, buscas mellorar as túas condicións de vida, buscas tranquilidade ou buscar saír da puñetera crise. E neste contexto, é curioso que este tipo de historias funcionen extraordinariamente ben. Encántanos evadirnos dos nosos problemas, lendo sobre outros maiores.
Vouche preguntar por dúas cousas que descoñecía de ti. A primeira, é que participaches nun libro sobre Juego de tronos...
"Son un dos abogados de George R.R. Martin en España. Hai xente que ten un autógrafo seu, eu teño un poder notarial"
ÿ máis, non só participei no libro de Juego de tronos senón que che vou contar unha cousa que sabe pouca xente. Son un dos avogados de George R.R. Martin en España. Coincidín con el na Semana Negra de Gijón. Eu, casualmente, estaba lendo o seu primeiro libro. Fun a falar con el en plan 'groupie'. Díxenlle que acababa de sacar unha novela, que era avogado... e a verdade é que fixemos moi boas migas, porque el é unha persoa moi amable e encantadora.
El estaba de xira por España e á semana seguinte chamoume o seu editor. Díxome que Martin tiña un problema por uns dereitos dunhas camisetas da serie que se estaban vendendo sen licenza, que necesitaba un avogado e que quería que fose eu. Pódeste imaxinar a miña reacción. O único que lle puiden dicir é que o levase a un notario e que me outorgase un poder. E efectivamente, aos catro días chegou un carteiro cun poder notarial. Hai xente que ten un autógrafo de George R.R. Martin e eu teño un poder notarial.
E a segunda, é que xunto co teu amigo (e tamén escritor) Juan Gómez Jurado, fuches un dos impulsores dunha pioneira iniciativa que se chama 1 libro, 1 euro.
Xurdiu a raíz dunha polémica de Juan con Alejandro Sanz. El dixo que defendía a Lei Sinde e á SGAE, coa que por certo, os escritores non temos nada que ver. Dáme rabia que nos mesturen con eles. A min, polos 30.000 libros que vendín en España, a entidade que xestiona os nosos dereitos, liquidoume a arrepiante cifra de 29 euros. Non me dá nin para levar á miña muller a cear. Non ten nada que ver a magnitude dunha con outra.
Pero volvendo ao tema. O fondo era ver se a xente pagaría por algo que podía conseguir gratis. Foi unha especie de desafío para ver se non querían pagar por nada ou simplemente o que non querían era pagar prezos abusivos. Lanzamos unha web na que podías descargar un libro, con todas as miñas bendicións, a cambio dun euro, diñeiro que finalmente entregamos a unha ONG. Recadamos case 100.000 euros, algo do que estou moi orgulloso. Aínda que é verdade que houbo máis descargas sen pagar un puñetero euro que descargas de pago.
Enfrontástesvos entón co eterno problema da piratería da que se queixan moitos artistas e escritores, non?
"A xente confunde a cultura libre coa cultura gratis, pero a solución da piratería non é criminalizar ao consumidor"
Demostramos que a xente está disposta a pagar un prezo xusto e que a solución da piratería non é criminalizar ao consumidor. Que non existe a conciencia de que hai que pagar aos autores polo seu traballo, amparándose en que a industria gaña diñeiro. Pero o problema é que se ti pirateas para foder á industria, ao final a patada estasma dando a min e á xente que traballa. Hai que atopar un punto de equilibrio para que ti goces do meu traballo e mo retribúas a min.
Entendo que os intermediarios amólante, porque tamén me amolan a min. Pero ata que atopemos unha fórmula mellor, a solución non é nin seguir facendo o que se facía ata agora con prezos abusivos, nin o todo vale. A xente confunde a cultura libre coa cultura gratis. ÿ un tema moi polémico e situarse é moi complicado, pero podo dicir coa boca moi grande que eu dei un paso adiante e apostei porque non debe criminalizarse ao lector, ao consumidor. Puxen o meu gran de area e sigo pensando o mesmo.
Supoño que tamén che axudou o feito de que Internet foi clave na túa carreira como escritor...
ÿ que a discusión de se Internet é boa ou mala, é absurda. ÿ como unha pistola, depende do uso que lle deas. Se lle das un bo uso, é unha ferramenta poderosísima. A min permitiume despegar como escritor. Cando publiquei Apocalipsis Z en ver de levala de editorial en editorial, publiqueina na Internet. A miña sorpresa foi que esa novela que eu escribía cando desconectaba do meu traballo como avogado e buscaba certa hixiene mental lonxe de querelas e recursos, transformouse nunha historia que estaban lendo un millón de persoas. E hoxe en día coas redes sociais, igual. Para min sempre será algo positivo.
A partir do martes haberá que seguirche de novo pola Internet. Verémosche moi pouco por Pontevedra. Comezas unha dura campaña de promoción, como o afrontas?
"Se Apocalipsis Z entusiasmoume, se El último pasajero emocióname, o que estou escribindo agora é absolutamente incrible"
A promoción con Plaza & Janés tamén era moi intensa. Hai que tomalo con calma. Espérame un verán moi atarefado, con moitos desprazamentos. A pena é que apenas che dá tempo a ver nada. Sales do hotel, presentas o libro, volves ao hotel, sobes a un avión ou a un tren e marchas. Pero é o meu traballo. Lévoo ben porque me permite unha cousa que me apaixona, que é o contacto cos lectores. Permíteme coñecer a moita xente, estar en contacto con eles, que che conten as súas inquietudes... ÿ fantástico.
E no medio de todo ese balbordo, quédache tempo para pensar en novos proxectos ou prefires ir paso a paso?
Xa estou traballando na seguinte novela, que sairá en 2014. Estou poñendo os cimentos, empezando a fase de documentación e de trazar as tramas e subtramas. E a verdade é que se Apocalipsis Z entusiasmoume, se El último pasajero emocióname, o que estou escribindo agora é absolutamente incrible. Trátase dunha historia que, como ocorre moitas veces, xurdiu no sitio máis impensable.
Estaba na fase de corrección desta novela e ía en coche cara a casa dos meus pais. Chovía e de súpeto foi como un fogonazo. Vin a historia. Parei na cuneta, tomei nota de todo o que se me veu á cabeza e seguín conducindo, pensando que era unha historia que tiña que contar. Estívena macerando uns días e, ao final, falei coa miña muller. Pareceulle brillante e púxenme a traballar niso. E non che sigo contando que se non, leámonos dúas horas máis.