Chegan os Concertos Feroz, música de cinema con dez bandas e artistas locais

Pontevedra
23 de xullo 2024

Serán dez concertos de estilos diferenciados en sete prazas distintas da cidade e cun fío condutor en común, a música de películas, a través das adaptacións que farán cada un dos artistas e das bandas que participan nesta iniciativa

A Banda Senlleira de Robacallos
A Banda Senlleira de Robacallos / A Banda Senlleira de Robacallos

Dez bandas e artistas locais modificarán os seus respectivos repertorios para homenaxear aos Premios Feroz, que a cidade de Pontevedra acollerá en xaneiro de 2025. Todas elas participarán esta fin de semana, os días 27 e 28 de xullo, nos Concertos Feroz.

Esta proposta, incluída na programación das Festas de Verán, "sae do propio sector", explicou o edil de Festas, Demetrio Gómez, xa que "querían participar deste ambiente que hai na cidade arredor destes premios".

Serán dez concertos de estilos diferenciados en sete prazas distintas da cidade e cun fío condutor en común, a música de películas, a través das adaptacións que farán cada un dos artistas e das bandas que participan nesta iniciativa.

Así, o sábado 27 de xullo, os concertos comezarán coa proposta Conto nas verzas, un espectáculo familiar que fará unha versión diferentes temas das películas de Disney. Será á unha da tarde nos xardíns de Marescot, xunto á Facultade de Belas Artes.

Zeltia Irevire (13:30 horas) actuará, pola súa banda, no Campiño de Santa María, o mesmo lugar onde soará as propostas que presentarán Futuro Alcalde (20:00 horas) e Cora Velasco (21:15 horas). A xornada concluirá ás dez da noite con Visi na Praza do Teucro.

Ao día seguinte, o domingo 28 de xullo, a música empezará a soar con Helena Egea, ás 13:30 horas, na Praza de Curros Enríquez, onde tamén actuará en sesión de tarde (19:00 horas) A Banda Senlleira de Robacallos.

Na Praza de Ourense subirán ao escenario os membros de Dalsi (20:15 horas), mentres que Flip Corale & Antonio Cafre farano na Praza da Estrela (21:00 horas). O fin de festa correrá a cargo de Odiosos 5, que ofrecerá o seu concerto na Rúa Duque de Tetuán.

"É un festival que só se pode facer en Pontevedra. Dubido que haxa outra cidade que poida paralizar sete prazas ao mesmo tempo e onde bandas con esta variedade de estilos colaboren e organícense", subliñou o responsable municipal da área de festas.