'Camiño de historias', de Migallas Teatro, próximo espectáculo familiar en Domingos do Principal

Pontevedra
18 de outubro 2022

A compañía pontevedresa ofrecerá dúas funcións deste espectáculo o domingo 23 de outubro ás 12.00 e ás 18.30 horas no Teatro Principal. As entradas xa están á venda en Ataquilla.coma> 

Carlos Yus e María Campos, de Migallas Teatro, en 'Camiño de historias'
Carlos Yus e María Campos, de Migallas Teatro, en 'Camiño de historias' / Migallas Teatro

Migallas Teatro, a compañía teatral pontevedresa liderada por María Campos e Carlos Yus, presentará este domingo 23 de outubro, ás 12.00 e ás 18.30 horas o seu espectáculo 'Camiño de historias' no Teatro Principal de Pontevedra dentro da programación do ciclo Domingos do Principal.

Trátase dunha montaxe formada por tres historias de tradición oral procedentes de diversos países de lingua portuguesa que tratan sobre interculutralidad e dereitos humanos a través dunha posta en escena divertido e atractiva para o público familiar.

A proposta buscará a implicación do público que terá que atopar unha palabra que constitúe a esencia da historia e, en conexión con outras dúas, dará orixe a unha fórmula que logrará a felicidade das persoas. 

En 'Camiño de historias' tamén se lembra a utilidade da lingua galega para establecer comunicación con máis de 280 millóns de falantes de portugués en Brasil, Portugal, Angola, Timor Leste ou Mozambique.

Tamén se ofrecen escenas con monicreques elaborados con materiais cotiáns, música con cancións tradicionais, mensaxes para promover o coidado das mascotas e un apoio en todo o espectáculo á difusión da literatura popular infantil de Galicia.

As entradas xa están á venda en Ataquilla.com