Mantemos unha charla distendida co cineasta de Simes (Meaño), Eloy Domínguez Serén., director da curtametraxe 'Rompente', que estivo preseleccionado para a próxima edición dos Premios Goya. Estreouse en Málaga, onde obtivo a Biznaga á Mellor Curta. No circuíto galego ha recibido premios en Cans, Verín, Ourense ou o FICBUEU e tamén galardóns internacionais.
Está rodada na ría de Arousa, a protagonizan os debutantes Soraya Luaces e Sergio Baleirón. Ata a data Pontevedra non exhibiu esta curtametraxe. Quen si ten confirmada presenza en breve nesta capital é o seu director que será titor dos espazos de formación para novos cineastas que inclúe a próxima edición de Novos Cinemas, o Festival Internacional de Cinema de Pontevedra que se desenvolverá entre o 13 e o 18 deste mes de decembro.
Foto: Renato Cruz Santos