Neste segundo podcast o psicólogo sanitario e sexólogo con perspectiva de xénero, Carlos Márquez Barros, ponnos ante a sexualidade feminina. Partimos dun feito: a razón maioritaria de consultas por parte da muller é o baixo desexo sexual. Ademais das circunstancias actuais que rodean o día a día da muller, hai unha educación diferencial de xénero e unha devastadora construción sociocultural da sexualidade feminina.
Foto: Roland Klampfer