Setembro é un mes ao que os psicólogos lle prestan atención porque se pode producir o denominado trastorno afectivo estacional. Falamos diso e deste mes "iniciático" neste primeiro capítulo junto ao psicólogo sanitario e sexólogo, Carlos Márquez.
Convidamos a que coñezas este novo podcast, que acaba de estrearse esta tempada e que tratará de forma distendida e amena cuestións de psicoloxía sanitaria e de sexología tendo en conta a perspectiva de xénero. Ademais, se queres expor algunha dúbida ou tes interese nalgún tema concreto, podes enviar un correo electrónico a info@pontevedraviva.com co asunto: 'A min tamén me pasa'.