De panxoliñas cos Chichisos
Un ano máis, e xa van trece, o grupo Os Chichisos acompañados de diversos instrumentos como acordeón, gaita, frauta traveseira, guitarra, tamboril, bombo, charrasco, pandeireta e pandeiro, etc., e un grupo de nenos, se xuntaron para levar os "Cantos de Reis", polo concello de Pontevedra.