Pontevedra Viva!
Galerías
-
-
Homenaxe a 42 anos de carreira policial
Policías en activo, en segunda actividade e xubilados renderon este xoves 31 de xaneiro unha comida-homenaxe ao inspector Juan Carlos García Castillo con motivo do seu paso a segunda actividade. Levaba 42 anos no Corpo da Policía Nacional, os 30 últimos destinado a Pontevedra
Esta galería aparece en:
-
-
-
Homenaxe ao ciclista de Bueu atropelado
A marcha ciclista de homenaxe a Cristóbal Hermida Freire, o presidente do Club de Ciclismo de Bueu que faleceu atropelado por un camión o pasado 3 de xaneiro na autovía de Marín, reivindicou que os condutores respecten a distancia mínima de seguridade de metro e medio con respecto aos ciclistas, gardando un minuto e medio de silencio no mesmo punto onde a vítima foi arroiada.
Esta galería aparece en:
-
-
O circo chega a Pontevedra e, dentro, a súa escola
Entre carpas, caravanas e gaiolas con animais aparece un camión rotulado coas letras 'Colexio', unha escola itinerante na que a diario estudan todas as materias homologadas polo Ministerio de Educación oito alumnos de tres a 15 anos.
Esta galería aparece en:
-
A neve chega ata A Lama
O primeiro municipio que quedou tinguidura de branco este inverno en Pontevedra foi este martes 22 de xaneiro A Lama. Veciños do municipio e persoas chegadas dende localidades próximas sairon á rúa para xogar polos campos nevados ou facer bonecos de neve
Esta galería aparece en:
-
Loita das traballadoras de Cuca por evitar o traslado da conserveira de Vilaxoán ao Grove
O 5 de decembro empezou unha rebelión en Vilaxoán. 69 traballadores da conserveira recibiron a noticia de que se trasladarían ao Grove e comezaron un camiño no que se manteñen imbatibles: evitar que peche unha empresa na que a máis veterana leva 41 anos
Esta galería aparece en:
-