Inauguración de Sete Falares, con Quico Cadaval Esta edición 2018 de Sete Falares comezou con éxito de público pese á choiva e ao cambio de ubicación e abre catro días dun Encontro Internacional de Contadores de Historias nos que Pontevedra poderá escoitar as historias de contadores e narradoras de Camerún, Portugal, Zamora e Galicia Esta galería aparece en: A choiva leva a Quico Cadaval a contar as historias inaugurais de Sete Falares no Museo Por Redacción & Mónica Patxot | Venres 8 de Xuño, 2018
A choiva leva a Quico Cadaval a contar as historias inaugurais de Sete Falares no Museo Por Redacción & Mónica Patxot | Venres 8 de Xuño, 2018
Espera dos veciños de Vilaboa á chegada das máquinas Desde o 21 de maio un grupo de veciños mantense de forma permanente no acceso a esta vivenda, situada no número 53 de Muiño, cunha acampada na que hai sempre alguén durante as 24 horas do día, pero este mércores a presenza de persoas na zona incrementouse considerablemente Esta galería aparece en: O 'sinvivir' dos veciños de Vilaboa á espera da picaraña Por Natalia Puga & Mónica Patxot | Mércores 6 de Xuño, 2018
O 'sinvivir' dos veciños de Vilaboa á espera da picaraña Por Natalia Puga & Mónica Patxot | Mércores 6 de Xuño, 2018
Incendio nun garaxe na rúa Jaime Janer Efectivos dos bombeiros de Pontevedra e O Morrazo participaron na mañá deste mércores na extinción. O lume deixou totalmente calcinado o vehículo no que comezou e afectou a un segundo coche. Ademais, houbo moita carga térmica que provocou que toda a placa de formigón da planta caese Esta galería aparece en: Un aparatoso incendio iniciado nun coche nun garaxe obriga a desaloxar un edificio de Marín Por Diego Espiño & Natalia Puga | Mércores 6 de Xuño, 2018
Un aparatoso incendio iniciado nun coche nun garaxe obriga a desaloxar un edificio de Marín Por Diego Espiño & Natalia Puga | Mércores 6 de Xuño, 2018
Actos civís e relixiosos do Corpus en Pontevedra A choiva respectou este domingo a tradicional celebración do Corpus Christi en Pontevedra, que desde o sábado tapizou de alfombras florais a praza da Ferrería e a avenida de Santa María e, pola mañá, incluíu actos civís e relixiosos secundados por numerosas persoas Esta galería aparece en: A choiva respecta a tradición do Corpus Christi Por Redacción & Diego Torrado | Domingo 3 de Xuño, 2018
A choiva respecta a tradición do Corpus Christi Por Redacción & Diego Torrado | Domingo 3 de Xuño, 2018
Marcha solidaria '700 camisetas contra a leucemia' Camiñando, en bicicleta adaptada ou correndo, secundaron a convocatoria da marcha solidaria '700 camisetas contra a leucemia', que se realiza desde o ano 2010. Preto de 200 veciños de Pontevedra cidade sumáronse á iniciativa, que terminou na praza da Peregrina Esta galería aparece en: Unha marea solidaria de 700 persoas camiña entre Vigo e Pontevedra contra a leucemia Por Redacción & Diego Torrado | Domingo 3 de Xuño, 2018
Unha marea solidaria de 700 persoas camiña entre Vigo e Pontevedra contra a leucemia Por Redacción & Diego Torrado | Domingo 3 de Xuño, 2018
Parada militar na Brilat A base Xeral Morillo de Pontevedra acolleu este xoves unha parada militar presidida por Fernando González García-Valerio, xeneral xefe da División "Castillejos", como acto central dos eventos que se levaron a cabo con motivo do LII Aniversario de creación da BRILAT, coincidindo coa data do primeiro aerotransporte, que se realizou en xuño de 1966 no Aeródromo das Rozas (Lugo). Esta galería aparece en: A Brilat conmemora o seu aniversario coa mirada posta nas súas próximas misións de Líbano e Mali Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot | Xoves 7 de Xuño, 2018
A Brilat conmemora o seu aniversario coa mirada posta nas súas próximas misións de Líbano e Mali Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot | Xoves 7 de Xuño, 2018
Visita do alcalde ao novo campo de fútbol de Cerponzóns Miguel Anxo Fernández Lores encabezou a visita ás instalacións do novo campo de fútbol, o primeiro dos planificados no rural que entra en funcionamento Esta galería aparece en: VÍDEO.- Lores exhibe as súas habilidades futbolísticas no novo campo de Cerponzóns Por Diego Espiño | Mércores 6 de Xuño, 2018
VÍDEO.- Lores exhibe as súas habilidades futbolísticas no novo campo de Cerponzóns Por Diego Espiño | Mércores 6 de Xuño, 2018
Exposición "Iso segue o seu curso" 15 obras nacidas dos proxectos artísticos e de investigación que ao longo do presente curso desenvolveu o alumnado do máster en Arte Contemporánea. Creación e Investigación, da Facultade de Belas Artes, integran unha nova edición da exposición "Iso segue o seu curso", que na tarde deste martes inaugurouse no Sexto Edificio do Museo de Pontevedra. Esta galería aparece en: Quince expoñentes do futuro da arte contemporánea reúnense no Museo Por Mónica Patxot & Oskar Viéitez | Martes 5 de Xuño, 2018
Quince expoñentes do futuro da arte contemporánea reúnense no Museo Por Mónica Patxot & Oskar Viéitez | Martes 5 de Xuño, 2018
Torneo de Fútbol-8 Juan López Concello de Poio Os campos de fútbol da Seca e A Reiboa foron escenario da xa tradicional competición de fútbol 8 para as categorías benxamín e alevín, na que participaron un bo número de clubs de toda a comarca Esta galería aparece en: O fútbol base da comarca exhibe a súa boa saúde no XV Torneo Juan López Por Redacción & Diego Torrado | Domingo 3 de Xuño, 2018
O fútbol base da comarca exhibe a súa boa saúde no XV Torneo Juan López Por Redacción & Diego Torrado | Domingo 3 de Xuño, 2018
Andaina reivindicativa polo lago e o parque de Castiñeiras Decenas de persoas sumáronse este domingo á primeira actividade organizada pola recentemente creada plataforma SOS Castiñeiras, unha andaina reivindicativa polo lago e o parque de Castiñeiras coa que pretenden dar a coñecer as súas demandas Esta galería aparece en: Decenas de persoas claman "SOS Castiñeiras" cunha andaina reivindicativa Por Redacción & Diego Torrado | Domingo 3 de Xuño, 2018
Decenas de persoas claman "SOS Castiñeiras" cunha andaina reivindicativa Por Redacción & Diego Torrado | Domingo 3 de Xuño, 2018