Pontevedra Viva!

Galerías

  • Primeiro día de clase dos alumnos do CEIP de Ponte Sampaio

    Primeiro día de clase dos alumnos do CEIP de Ponte Sampaio

    O alumnado do CEIP de Ponte Sampaio empezou o novo curso escolar 'de cinema' co obxectivo de que traballen durante todo o ano a temática do cinema, coa súa evolución histórica, profesións relacionadas ou xéneros

     

  • O Teucro preséntase ante a súa afección na Praza do Teucro

    O Teucro preséntase ante a súa afección na Praza do Teucro

    O equipo pontevedrés organizou un Día Azul no que os xogadores compartiron un partido rueiro con menores durante a mañá e se deron un baño de masas a última hora da tarde

    Esta galería aparece en:

  • Exposición do grupo 'Artistas pontevedreses' na Casa da Luz

    Exposición do grupo 'Artistas pontevedreses' na Casa da Luz

    O grupo coñecido como 'Artistas Pontevedreses', integrado por veciños da capital que, en moitos casos, levan 30 anos dando renda solta á súa afección e talento cos pinceis, inaugurou este luns na Casa da Luz a xa tradicional exposición anual na que mostra os seus traballos dos últimos meses. 

    Esta galería aparece en:

  • Condecoración a seis militares da Brilat por repeler un ataque terrorista en Mali

    Condecoración a seis militares da Brilat por repeler un ataque terrorista en Mali

    Os soldados Richard Ríos Dávalos e Daniel Gómez Varela, o brigada Óscar Nestar Gutiérrez, os sarxentos Pedro Varela Martínez e Jhon Mauricio Patiño e o capitán David Mantilla Fuentes foron premiados pola súa actuación o pasado 24 de febreiro ao repeler o ataque terrorista á base da misión militar da Unión Europea EUTM- Mali

    Esta galería aparece en:

  • Actuación da Coral Helenis para terminar as Festas do Pelete

    Actuación da Coral Helenis para terminar as Festas do Pelete

    A actuación da Coral Bella Helenes de Pontevedra marcou os actos organizados no Pelete na honra da Virxe dos Remedios. A xornada tivo nunha misa cantada e na procesión arredor da igrexa e do carballo centenario os seus momentos máis emotivos

     

    Esta galería aparece en:

  • Callos para todos na Seca

    Callos para todos na Seca

    A pesar da calor que aperta este domingo, centos de persoas acudiron ata a chaira da Seca para participar na décimo terceira edición da Festa dos Callos de Poio. Todos eles deron boa conta do dous mil racións de callos que se prepararon para a ocasión

    Esta galería aparece en:

  • Combarro, berce do acuatlón galego por un día

    Combarro, berce do acuatlón galego por un día

    Máis de 150 deportistas acuden a Combarro para tomar parte na segunda edición do Campionato Galego de Acuatlón, todos pertencentes a 34 clubes diferentes procedentes de distintas zonas de Galicia.

     

    Esta galería aparece en: