Pontevedra Viva!

Galerías

  • Manifestación polas preferentes en Pontevedra tras coñecerse a quita

    Manifestación polas preferentes en Pontevedra tras coñecerse a quita

    A pesar de que a chuvia non deixou de caer durante toda a manifestación, varios centenares de afectados polas preferentes de plataformas de toda a provincia percorreron o centro de Pontevedra mentres os seus compañeiros do resto da comunidade autónoma esperaban xa ás portas do recinto da Semana Verde de Silleda

    Esta galería aparece en:

  • Terceiras Xornadas de Manga e Anime

    Terceiras Xornadas de Manga e Anime

    Pontevedra acolleu durante o fin de semana as Xornadas de Manga e Anime que naceron no marco do programa xuvenil Noites Abertas e que este ano chegaron á súa terceira edición. A Casa Azul acolleu diversas actividades pero a máis divertida foi o cosplay, isto é disfrazarse como os personaxes de ficción dos manga

    Esta galería aparece en:

  • Redada antidroga da Policía Nacional no Vao

    Redada antidroga da Policía Nacional no Vao

    O poboado chabolista do Vao de Abaixo converteuse este luns nunha batalla campal entre axentes da Policía Nacional e veciños do ámbito. O Grupo de Tráfico Medio de Estupefacientes da Comisaría Provincial tiña programada unha redada contra o tráfico de drogas, pero cando chegaron esperáballes unha resistencia inesperada que obrigou a reforzar o despregamento policial. Os anfitrions recibíronos a pedradas e palazos

    Esta galería aparece en:

  • Celebración de San Benitiño de Inverno

    Celebración de San Benitiño de Inverno

    A celebración do San Benitiño de Inverno levou este xoves 21 de marzo aos devotos ata o mosteiro do Divino Salvador de Lérez para recoller aceite bendito, participar en actos litúrxicos e facer ofrendas ao santo máis milagreiro. Non faltou a degustación do polbo á feira

    Esta galería aparece en:

  • Visita institucional de alumnos con discapacidade ao Concello de Vilagarcía

    Visita institucional de alumnos con discapacidade ao Concello de Vilagarcía

    O alcalde e a concelleiro de Educación de Vilagarcía, Tomás Fole e Orballo Llovo, recibiron este mércores 20 de marzo na Casa Consistorial aos do colexio Andorra de Teruel que están a realizar un intercambio educativo con alumnos con minusvalidez da localidade

    Esta galería aparece en:

  • Vilagarcía educa en igualdade o día do Pai

    Vilagarcía educa en igualdade o día do Pai

    Os alumnos de Infantil e Primaria traballaron esta martes coas tarxetas distribuídas polo Concello para que, ademais de felicitar aos seus pais, aprenderan e trasladasen aos seus proxenitores a idea da corresponsabilidade e a igualdade no ámbito familiar

    Esta galería aparece en:

  • Festa da fabada de Marcón

    Festa da fabada de Marcón

    A parroquia de Marcón celebrou durante este soleado domingo a VII edición da Festa da Fabada, que organiza o Club de Fútbol da parroquia coa colaboración do Concello.

    Esta galería aparece en: