Adestramento de atletas con discapacidade que participarán na carreira PonteNoite 5+5
Os atletas, que participarán acompañados doutros tantos voluntarios, forman parte das asociacións Amizade, Xoán XXIII, Xuntos, Amencer e Centro Méndez Núñez. Todos eles comezaron os seus adestramentos baixo a dirección do preparador e atleta profesional, Víctor Riobó, que traballará con eles durante toda a semana. Unha desas sesións celebrouse este martes na céntrica Praza da Peregrina
© Mónica Patxot