Arde unha chabola e unha caravana en O Vao
Os medios de extinción empregaron varias horas na madrugada deste martes en apagar un lume que se iniciou preto do poboado do Vao. Tras recibir a alerta dun particular ás 02:50 horas desta madrugada, o 112 Galicia, de inmediato, pasou aviso aos medios de extinción da zona, pois, segundo comunicou o alertante, había unha pila de escombro e lixo acumulados que podía pasar ao monte
© Diego Torrado