Performance de presentación da XV edición de Noites Abertas
As Noites Abertas xa están aquí. Desde esta fin de semana, miles de mozos pontevedreses participarán nas 117 actividades diferentes, máis que ningún outro ano, que se repartirán nos máis de tres meses que abarcará este programa, do 31 de xaneiro ao 3 de maio. O obxectivo, o mesmo desde hai 15 anos, ofrecer unha alternativa de lecer para a mocidade da cidade, concretamente aos que teñan entre 12 e 30 anos.
© Mónica Patxot