Inauguración da peonalización de Benito Corbal
Ao ritmo dos acordes da Banda de Música de Pontevedra, a rúa Benito Corbal entrou nunha nova etapa. Lonxe queda xa a súa antiga denominación, Rúa do Progreso, nome que perdeu en 1926. E tamén o seu protagonismo na rede circulatoria da cidade. Desde este venres o tramo final de Benito Corbal, principal eixo comercial de Pontevedra, incorporouse oficialmente á área peonil da cidade
Mónica Patxot