Concerto de inicio de curso no Conservatorio de Música Manuel Quiroga
O curso 2013/2014 do Conservatorio Profesional de Música Manuel Quiroga xa está en marcha. Fíxoo co seu tradicional concerto inicial. Nel, reestreouse o ciclo de cancións en galego, Línguas a Rosalía, catro cancións sobre textos de poetas e poetisas románticos contemporáneos de Rosalía de Castro: William Blake, Emily Dickinson, Victor Hugo e Mary Wollstonecraft Shelley.