Os escolares achéganse ao cancioneiro tradicional a través do teatro
Máis de 1.900 escolares de 34 centros de Pontevedra asisten á representación teatral Na Percura do Tesouro, un conto infantil de misterio e lenda co que os pequenos aprenden romances, o son das zanfonas, alalás, cantigas, refráns, e a coñecer os seres míticos do patrimonio lendario galego