
© Mónica Patxot
Os circuítos da Gran Final, analizados por Javi Gómez Noya: "A carreira a pé creo que é espectacular"

© Mónica Patxot

© Mónica Patxot
"Un dos mellores recordos que teño da miña longa carreira deportiva é correr polas rúas de Pontevedra", asegura Javier Gómez Noya. A súa é a voz máis autorizada posible, e é que con cinco campionatos do Mundo en distancia olímpica é o triatleta máis laureado da historia. Por iso, aínda que non estará nesta ocasión na liña de saída, analizou con coñecemento de causa nunha rolda de prensa xunto ao alcalde de Pontevedra como son os circuítos deseñados para a Gran Final das Series Mundiais.
De primeiras "creo que é un circuíto moi bo para unha Gran Final das Series Mundiais", destaca Gómez Noya.
O primeiro será completar 1.500 metros de natación no río Lérez, nun sector que será "atípico", asegura, ao afeito polos triatletas debido ás correntes do río. "Nunca se sabe moi ben se a mera está a subir ou baixando, as correntes poden variar e é un factor que os atletas teñen que ter en conta", explica. "Non creo que vaia a decidir a competición pero pode xerar algunha sorpresa", avanza.
En canto ao espectador "é moi atractivo para o público porque pode seguir a natación desde as dúas marxes do río ou na pasarela peonil e a ponte de Tirantes idenificando os atletas desde fóra da auga, algo que non ocorre na maioría das sedes".
Tras a primeira transición chegarán 40 quilómetros de ciclismo que "a nivel orográfico non teñen dificultade, aínda que a subida á estrada de Santiago ten un pouco de pendente. Como case sempre ao final o ritmo da competición, e sendo unha carreira do máis alto nivel cos mellores do mundo xogándose prazas olímpicas, vai ser máis o que determine o devir da bicicleta que non o percorrido o si", asegura o pentacampión mundial.
Aquí completaranse oito voltas, nas que os triatletas se dirixirán polo Pazo da Cultura á Avenida de Compostela para saír da cidade, regresando cara ao Pavillón Municipal dos Deportes virando pola Avenida Domingo Fontán e chegando ata a ponte das Correntes, momento no que cruzarán o río para iniciar o retorno ao CGTD en liña recta por Avenida de Uruguai e Bos Aires.
Por último será a quenda da carreira a pé, 4 voltas con 10.000 metros en total polo centro da cidade, pasando por Avenida de Bos Aires, Serra, Don Gonzalo, Curros Enríquez, Michelena, Peregrina, Ferrería, A Leña, Sarmiento, Cruz Vermella e chegando ao CGTD. "A carreira a pé creo que é espectacular", asegura Gómez Noya. "Tiven a oportunidade de correr nun percorrido moi parecido no Mundial de Longa Distancia, e sobre todo o ambiente do público creo que é o máis destacado do circuíto a pé. Non vai ser especialmente rápido pero si espectacular polo público", prognostica.
Unha imaxe, a da cidade envorcada cun tríatlon, que xa se viviu con el como protagonista na Copa de Europa de 2008, no Campionato de Europa de 2011 ou no Mundial de Longa Distancia de 2019. Esta vez, con el tamén animando desde fóra, seguro que non será menos.
Relacionadas:
-
Natalia Castro, a gran esperanza local na Gran Final: "Sairei a gozar e o resultado virá por si só"
Por Diego Espiño & Mónica Patxot |
-
Iván Raña, de Pontevedra ao Salón da Fama do tríatlon mundial
Por Diego Espiño & Mónica Patxot |
-
A praia de Silgar, un pouco máis limpa grazas ao tríatlon
Por Redacción |
-
A apertura da Expo e 'Fan Zone' en Montero Ríos, aperitivo ao comezo da Gran Final
Por Diego Espiño & Mónica Patxot |
-
Kristian Blummenfelt, campión olímpico de tríatlon: "Estou sorprendido do deportiva que é esta cidade"
Por Diego Espiño |
-
Correndo por Pontevedra con dous mitos do tríatlon mundial
Por Diego Espiño & Mónica Patxot |
-
Primeira toma de contacto dos deportistas co circuíto das Series Mundiais
Por Diego Espiño & Mónica Patxot |
-
Pablo Dapena, ansioso por vivir a Gran Final na casa: "Non vou competir, pero se me erizan os pelos"
Por Diego Espiño & Mónica Patxot |
-
A Boa Vila contáxiase de tríatlon polos seus catro custados
Por Diego Espiño & Mónica Patxot |
-
Gómez Noya e o seu grupo 'Liorta' unen música e tríatlon cun concerto na Sala Karma
Por Diego Espiño |
-
Miguel Anxo Fernández Lores: "Que Pontevedra sexa a capital mundial do tríatlon non é casualidade. Hai moito traballo detrás"
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |
-
Jonathan Cancela: "Pontevedra é unha cidade que respira tríatlon"
Por Almu Dapena & Mónica Patxot |
-
Non falta nin un: Unha lista de saída elite coa flor e nata do tríatlon olímpico actual
Por Almu Dapena |
-
Descobre os circuítos deseñados para a Gran Final das Series Mundiais
Por Almu Dapena |
-
Consulta o horarios das carreiras que compoñen a Gran Final de Pontevedra
Por Almu Dapena |
-
Javier Gómez Noya: "Sinto moito orgullo de que a Gran Final se faga en Pontevedra, oxalá fose cinco anos antes"
Por Diego Espiño & Mónica Patxot |