
© Concello de Pontevedra
José Hidalgo: "Vai ser a proba de todo o ciclo olímpico de máis nivel deportivo, máis que os propios Xogos"

Por Diego Espiño
A presidencia de José Hidalgo á fronte da Federación Española de Tríatlon vén de lonxe, desde o ano 1997. Por iso estivo presente en todos e cada un dos grandes campionatos que se organizaron en Pontevedra nos últimos 15 anos, empezando pola Copa de Europa de 2008. Unha relación de cooperación e confianza mutua que conseguiu desembocar na organización da Gran Final das Series Mundiais, a maior competición das organizadas anualmente pola Federación Internacional (World Triathlon), e que por primeira vez disputarase en territoio nacional.
- Foron moitos anos traballando non só para poder aspirar a unha Gran Final, senón a unha proba das Series Mundiais que nunca se celebrou en España
Pode parecer o final do camiño porque é a Gran Final e o Campionato do Mundo de Paratriatlón pero para chegar aquí tes primeiro que construír unha reputación a nivel mundial, tes que gañar credibilidade e ser unha organización moi solvente, e iso é o que pasou durante moitos anos. Pontevedra coa realización de campionatos de Europa, copas do Mundo, o Multideporte hai uns anos tamén, o máis exitoso ata o de agora, foi gañando esa reputación de cidade solvente. A partir de aí unha vez que se presenta a candidatura e gáñase empezamos a traballar, pero o bo de que fose Pontevedra é que esa bagaxe de anos fai que nos coñezamos perfectamente, sabemos como responde a cidade, sabemos a implicación dos políticos, o nivel da xente de Pontevedra e os afeccionados que saen á rúa para ver tríatlon. Con esa bagaxe a verdade é que aspiramos a que a Gran Final deste ano sexa lembrada durante moito tempo por moitas pequenas cuestións como o ambiente, a cidade, a organización…
- Hai xa 15 anos daquela primeira Copa de Europa, pódese falar de que naquel 20087 produciuse un flechazo mutuo do tríatlon e Pontevedra?
"Aspiramos a que a Gran Final deste ano sexa lembrada durante moito tempo"
Eu creo que si, que foi un flechazo ou un amor a primeira vista, porque desde esa primeira edición que nos coñecemos, desde entón e de forma ininterrompida tivemos ou unha competición internacional ou un campionato de España, e cada ano sempre buscando ir un paso máis aló. Chegamos a organizar o máis importante que ten a federación internacional, pero xa estamos a traballar para os próximos anos e temos no horizonte como seguimos con este idilio que empezou en 2008.
- Os Mundiais Multideporte 2019 foron un punto de inflexión? Porque tras esa cita poucas cousas quedabana xa máis grandes que as Series Mundiais
Tal cal foi. Fíxate como xurdiu, acababa de gañar Javi Gómez Noya o Campionato do Mundo de Longa Distancia, Pablo Dapena fixera segundo, e nese momento que acaba de terminar estaba a falar con Javi e comentabamos temos que seguir poñendo retos e Pontevedra tamén tiña que seguir tendo retos, e entón xurdiu que o único que quedaba por facer era a Gran Final, e así xurdiu, tal cal.
- Falas de Javi Gómez Noya, que pena que esta Gran Final non chegase un pouco antes para que puidese estar na liña de saída
"Queremos que sexa tamén unha homenaxe a Javi (Gómez Noya) e niso estamos a traballar, que sexa a gran homenaxe da súa cidade e do seu deporte"
Todos pensamos que é así, pero Javi tivo unha vida deportiva moi longa. Leva sendo campión do Mundo e rompendo barreiras no mundo do tríatlon case dúas décadas. Manterse no alto nivel, que é onde Javi só sente que quere estar, era alongar demasiado o seu paso pola distancia olímpica, pero queremos que sexa tamén unha homenaxe a Javi e niso estamos a traballar, que sexa a gran homenaxe da súa cidade e do seu deporte ao mellor deportista que tivemos e ao mellor triatleta que houbo, porque ninguén gañou cinco mundiais e a ver quen bate ese récord, que creo que vai durar moito tempo.
- A nivel deportivo pouco máis se pode pedir a esta proba. En Pontevedra van estar os mellores, non é así?
A ver, é que vai ser a proba de todo o ciclo olímpico entre Tokyo e París, sen dúbida, de máis nivel deportivo, máis que os propios Xogos, porque ten en conta que en Pontevedra van estar todos, os 75 mellores homes e mulleres disputando a competición, todos, non vai faltar ninguén, nunha situación competitiva moi axustada que vai dar un gran espectáculo. Os Xogos Olímpicos é outra dimensión pero son 50 homes e 50 mulleres, e a universalidade fai que non vaian os 50 mellores, tendo en conta que un mesmo país non pode levar máis de tres aínda que estean entre os 20 mellores.
- Para tomar un pouco de dimensión ao que supón este evento, antes organizouse só en grandes cidades e capitais como Londres, Beijing, Abu Dhabi, Lausanne… e Pontevedra está agora nesa lista
Un dos hándicaps, ou o seu maior hándicp en contra, era precisamente a dimensión de cidade. Con Pontevedra está a romperse unha barreira a nivel internacional ao organizarse a Gran Final nunha cidade digamos intermedia en número de habitantes. Son todo grandes cidades do Mundo, capitais dos seus países ou urbes multitudinarias. Neste caso traballamos moito para que non sexa un hándicap senón poñelo como un valor. A ocupación hostaleira por exemplo chega a toda a comarca, a Vigo, a Sanxenxo.
- E isto non para, porque tras a Gran Final chegarán en 2025 de novo os mundiais Multideporte, a relación de Pontevedra e o tríatlon vai para longo?
Témolo clarísimo. Non celebramos a Gran Final e xa temos deberes e no horizonte o seguinte gran reto. Será a primeira cidade que repetirá un campionato Multideporte. Tamén imos facer historia aquí, e ademais cun campionato do Mundo máis que no seu momento en 2019 non había dúatlon cros.
- Se alguén non está aínda convencido, que lle dicimos para que veña a Pontevedra a vivir de preto o mellor tríatlon mundial?
Diríalle de verdade que é unha oportunidade única de ter preto da casa, no noso país, un gran espectáculo deportivo inigualable, cos mellores deportistas, cos que despois van poder ver nos Xogos. Velos en directo, de preto, e ver como a túa cidade vai poder albergar unha competición deste nivel, coas grandes estrelas do tríatlon é algo que non se pode deixar pasar, que isto ocorre unha vez e se cadra non volve pasar en 30 anos. Algo así non pode deixarse pasar de calquera xeito, hai que achegarse a velo.
Relacionadas:
-
World Triathlon concede a medalla de prata en sustentabilidade á Gran Final de Pontevedra
Por Redacción |
-
Natalia Castro, a gran esperanza local na Gran Final: "Sairei a gozar e o resultado virá por si só"
Por Diego Espiño & Mónica Patxot |
-
Iván Raña, de Pontevedra ao Salón da Fama do tríatlon mundial
Por Diego Espiño & Mónica Patxot |
-
A apertura da Expo e 'Fan Zone' en Montero Ríos, aperitivo ao comezo da Gran Final
Por Diego Espiño & Mónica Patxot |
-
Kristian Blummenfelt, campión olímpico de tríatlon: "Estou sorprendido do deportiva que é esta cidade"
Por Diego Espiño |
-
Correndo por Pontevedra con dous mitos do tríatlon mundial
Por Diego Espiño & Mónica Patxot |
-
Primeira toma de contacto dos deportistas co circuíto das Series Mundiais
Por Diego Espiño & Mónica Patxot |
-
Pablo Dapena, ansioso por vivir a Gran Final na casa: "Non vou competir, pero se me erizan os pelos"
Por Diego Espiño & Mónica Patxot |
-
A Boa Vila contáxiase de tríatlon polos seus catro custados
Por Diego Espiño & Mónica Patxot |
-
Cristian Fernández: "Que a Gran Final sexa aquí é como para un futbolista que a final da Champions sexa na súa cidade"
Por Almu Dapena & Mónica Patxot |
-
Miguel Anxo Fernández Lores: "Que Pontevedra sexa a capital mundial do tríatlon non é casualidade. Hai moito traballo detrás"
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |
-
Récord de ocupación: "Dende que se anunciou o tríatlon temos reservado o 100% das habitacións"
Por Mónica Patxot & María José Pita |
-
Jonathan Cancela: "Pontevedra é unha cidade que respira tríatlon"
Por Almu Dapena & Mónica Patxot |
-
Un equipo de voluntariado sen precedentes para "o evento do evento"
Por Mónica Patxot & María José Pita |
-
Moto Bike ou o reto de ser servizo oficial dun Mundial: "Os problemas máis habituais son nos avións, que rompen as bicis"
Por Almu Dapena & Mónica Patxot |
-
Non falta nin un: Unha lista de saída elite coa flor e nata do tríatlon olímpico actual
Por Almu Dapena |
-
Javier Gómez Noya: "Sinto moito orgullo de que a Gran Final se faga en Pontevedra, oxalá fose cinco anos antes"
Por Diego Espiño & Mónica Patxot |
-
Non só tríatlon: Unha 'galFESTA' poñerá o punto musical á Gran Final das Series Mundiais
Por Diego Espiño |
-
Recomendacións de tráfico e mobilidade para convivir cos mundiais de tríatlon
Por Redacción |
-
Consulta o horarios das carreiras que compoñen a Gran Final de Pontevedra
Por Almu Dapena |