Miguel Anxo Fernández Lores: "Que Pontevedra sexa a capital mundial do tríatlon non é casualidade. Hai moito traballo detrás"

© Mónica Patxot

© Mónica Patxot

© Mónica Patxot

© Mónica Patxot
O idilio de Pontevedra co tríatlon comezou alá polo ano 2008. Quince anos despois, a Boa Vila pode presumir de acoller todos os eventos posibles que se organizan no circuíto internacional. "Non hai ninguén máis", celebra orgulloso o alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores.
Para el, existe un "namoramento mutuo" entre Pontevedra e o tríatlon, unha disciplina que situou á cidade como unha referencia deportiva e organizativa. "Todos queren vir celebrar aquí os seus campionatos", destaca o rexedor nesta entrevista con PontevedraViva.
A cidade leva quince anos no máis alto nivel do tríatlon. Que crees que lle reportou toda esta experiencia a Pontevedra?
Todo este proceso, que foi moi longo, converteu a Pontevedra na capital mundial do tríatlon. Non hai forma de escapar a iso. Fixemos na nosa cidade todos os eventos posibles que organiza a Federación Internacional. Non hai ninguén máis que tivese todo o que organizamos aquí. Abrimos camiño a outras cidades.
Hai moito traballo detrás dese camiño?
Desde logo. Todo isto foi posible, primeiro, pola capacidade organizativa do servizo municipal de deportes, que é moi bo; e segundo, polo propio Concello porque nolo tomamos como algo de todo o goberno. Acompañamos a todo ese traballo.
E hai un terceiro ángulo que me gustaría destacar: o modelo urbano. Somos unha cidade que ten un tamaño ideal e que está pensada para o espazo público, onde se visibiliza toda esta actividade. A xente participa moito e enche as rúas. E iso é moi importante.
Cando apostástedes polo tríatlon, era porque criades que era o deporte que mellor podía visibilizar ese modelo urbano?
É que esta cidade permíteche facer todo o que queiras. Temos todo preto. Desde o río, o CGTD, a Illa das Esculturas ou a Xunqueira de Alba, o Pontillón do Castro ou a piscina olímpica. E o poder correr pola cidade é incrible. É algo que non se fai noutros sitios. Non se atreven a cortar a cidade un día enteiro. Aquí si e a xente responde. Entenden que reporta beneficios.
E que papel tivo Javi Gómez Noya en todo este posicionamento? Abriuvos portas?
Iso está claro. Pero non só a nivel federativo, tamén na implicación da cidade. Cando tes unha estrela dese calibre establécese unha relación persoal e de afinidade que é absolutamente indiscutible. Cando a xente ten referentes vai todo como unha seda. E, por fortuna, non hai deporte onde Pontevedra non teña grandes campións. É espectacular.
Como é a relación actual coa Federación Internacional do Tríatlon?
Téñennos como referencia de boas prácticas á hora de organizar, acoller, poñer en valor e xerar esa capacidade de abrazar un evento destas características. Iso fixo que a proposta de Pontevedra fose aprobada por unanimidade. E iso é moi complicado.
Esa boa sintonía seguirá?
Estamos abertos a todo. En 2024 haberá máis tríatlon. Non sabemos se unha competición por equipos ou por comunidades. E en 2025 temos o Multisport outra vez. Hai un namoramento mutuo entre Pontevedra e o tríatlon. Non é gratuíto ou por casualidade. Hai unha gran confianza pola súa banda porque demostramos o que somos capaces de facer.
E setembro é un bo mes para un campionato así?
Os eventos deportivos son un complemento que xera dinamismo na cidade. O que facemos sempre é buscalos antes ou despois de xullo e agosto. Así ampliamos a tempada alta de turismo. Tres meses non son suficientes para manter a actividade económica todo o ano. Ampliar é fundamental para nós porque reforzas a cidade como destino turístico.
Ten capacidade Pontevedra para asumir este nivel de compromiso?
Temos unha gran calidade urbana, unha boa gastronomía, un patrimonio histórico natural e cultural espectacular. Temos a capacidade organizativa e un modelo que favorece e acolle este tipo de eventos. E a xente está encantada e participa activamente. Non podemos pedir máis.
Sería posible todo isto sen o voluntariado?
O do voluntariado é espectacular. Todo o mundo involúcrase. Desde os propios clubs deportivos a cidadáns de todas as idades. Ou a Escola Naval e a Brilat que axudan en voluntariado deportivo e en seguridade. Hai un traballo que excede ao propio Concello. Cando sabes o que hai detrás, quedas asombrado. Sen eles todo isto non sería posible.
Relacionadas:
-
Irlanda escolle Pontevedra como caso de estudo e análise
Por Redacción |
-
Representantes de Brasil e Italia visitan 'a cidade dos 15 minutos' dentro do proxecto 'AcessoCidades'
Por Oskar Viéitez |
-
World Triathlon concede a medalla de prata en sustentabilidade á Gran Final de Pontevedra
Por Redacción |
-
Iván Raña, de Pontevedra ao Salón da Fama do tríatlon mundial
Por Diego Espiño & Mónica Patxot |
-
Correndo por Pontevedra con dous mitos do tríatlon mundial
Por Diego Espiño & Mónica Patxot |
-
Pablo Dapena, ansioso por vivir a Gran Final na casa: "Non vou competir, pero se me erizan os pelos"
Por Diego Espiño & Mónica Patxot |
-
José Hidalgo: "Vai ser a proba de todo o ciclo olímpico de máis nivel deportivo, máis que os propios Xogos"
Por Diego Espiño |
-
A Boa Vila contáxiase de tríatlon polos seus catro custados
Por Diego Espiño & Mónica Patxot |
-
Gómez Noya e o seu grupo 'Liorta' unen música e tríatlon cun concerto na Sala Karma
Por Diego Espiño |
-
Os circuítos da Gran Final, analizados por Javi Gómez Noya: "A carreira a pé creo que é espectacular"
Por Diego Espiño & Mónica Patxot |
-
Así ve a cidade de Pontevedra a revista estadounidense Fast Company
Por Alejandro Espiño |
-
A Avenida de Bos Aires, cortada desde este luns pola gran final das Series Mundiais de tríatlon
Por Redacción |
-
Cristian Fernández: "Que a Gran Final sexa aquí é como para un futbolista que a final da Champions sexa na súa cidade"
Por Almu Dapena & Mónica Patxot |
-
Récord de ocupación: "Dende que se anunciou o tríatlon temos reservado o 100% das habitacións"
Por Mónica Patxot & María José Pita |
-
Jonathan Cancela: "Pontevedra é unha cidade que respira tríatlon"
Por Almu Dapena & Mónica Patxot |
-
Implicación "masiva" dos hostaleiros co tríatlon, adaptando cartas, menús ou horarios
Por Alejandro Espiño |
-
Javier Gómez Noya: "Sinto moito orgullo de que a Gran Final se faga en Pontevedra, oxalá fose cinco anos antes"
Por Diego Espiño & Mónica Patxot |
-
Non só tríatlon: Unha 'galFESTA' poñerá o punto musical á Gran Final das Series Mundiais
Por Diego Espiño |
-
España presenta a súa armada para a Gran Final: "O público de Pontevedra vainos axudar moito"
Por Redacción |