Non só tríatlon: Unha 'galFESTA' poñerá o punto musical á Gran Final das Series Mundiais
Por Diego Espiño
A Gran Final das Series Mundiais serán moito máis que tríatlon en Pontevedra, que preparou "unha programación paralela ampla e variada e que de algunha maneira marca a difrerencia con outras cidades".
Así o defendeu o alcalde da Boa Vila, Miguel Anxo Fernández Lores, na presentación desa axenda que completará o evento deportivo, e no que destaca o que se bautizou como 'galFESTA', con concertos entre o 21 e o 24 de setembro no escenario que se habilitará na Praza de España.
O xoves día 21, ás 19.00 horas, terá lugar a inauguración oficial dos campionatos, cun desfile de participantes e as súas delegacións nacionais desde a Praza da Ferrería ata a Praza de España, coa participación do grupo Os de Algures. Tras este evento a compañía Pablo Méndez Performance ofrecerá un espectáculo no escenario principal nunha xornada que concluirá cun concerto do grupo Celme.
Un día despois, o venres 22 ás 21.30 horas, a nota musical poñerana Xabier Díaz e Adufeiras de Salitre, mentres que o sábado 23 á mesma hora actuarán De Vacas.
Por último o domingo 24 de setembro terá lugar clausúraa da Gran Final (21.30 horas) cun concerto de Carlos Núñez.
As actividades paralelas aos mundiais de tríatlon completarase cunha feira en Montero Ríos, con expositores de empresas e produtos deportivos e vinculados a este deporte, e cunha montaxe na Alameda por parte de Estrella Galicia, con zona de restauración incluída.
Ademais organizaranse visitas guiadas en inglés do 19 ao 25 de setembro, un percorrido polo Camiño de Santiago desde Pontevedra que contará con representantes da Federación Internacional de Tríatlon e organizarase unha cea de gala o mércores 20 de setembro no Liceo Casino na que un deportista galego como Iván Raña pasará a formar parte do 'Salón da Fama' do tríatlon mundial.
Relacionadas:
-
O concerto do cuarteto De Vacas puxo o broche de ouro a un sábado inesquecible
Por Cristina Saiz & Redacción |
-
As acrobacias de Pablo Méndez e a música de Celme adornan a inauguración das Series Mundiais
Por Redacción & Mónica Patxot |
-
José Hidalgo: "Vai ser a proba de todo o ciclo olímpico de máis nivel deportivo, máis que os propios Xogos"
Por Diego Espiño |
-
Cristian Fernández: "Que a Gran Final sexa aquí é como para un futbolista que a final da Champions sexa na súa cidade"
Por Almu Dapena & Mónica Patxot |
-
Miguel Anxo Fernández Lores: "Que Pontevedra sexa a capital mundial do tríatlon non é casualidade. Hai moito traballo detrás"
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |
-
Récord de ocupación: "Dende que se anunciou o tríatlon temos reservado o 100% das habitacións"
Por Mónica Patxot & María José Pita |
-
Jonathan Cancela: "Pontevedra é unha cidade que respira tríatlon"
Por Almu Dapena & Mónica Patxot |
-
Ravachol, de símbolo do Entroido a imaxe da Gran Final das Series Mundiais de Tríatlon
Por Almu Dapena |
-
Implicación "masiva" dos hostaleiros co tríatlon, adaptando cartas, menús ou horarios
Por Alejandro Espiño |
-
Moto Bike ou o reto de ser servizo oficial dun Mundial: "Os problemas máis habituais son nos avións, que rompen as bicis"
Por Almu Dapena & Mónica Patxot |
-
Un equipo de voluntariado sen precedentes para "o evento do evento"
Por Mónica Patxot & María José Pita |
-
Javier Gómez Noya: "Sinto moito orgullo de que a Gran Final se faga en Pontevedra, oxalá fose cinco anos antes"
Por Diego Espiño & Mónica Patxot |
-
Recomendacións de tráfico e mobilidade para convivir cos mundiais de tríatlon
Por Redacción |
-
Non falta nin un: Unha lista de saída elite coa flor e nata do tríatlon olímpico actual
Por Almu Dapena |
-
Descobre os circuítos deseñados para a Gran Final das Series Mundiais
Por Almu Dapena |
-
Consulta o horarios das carreiras que compoñen a Gran Final de Pontevedra
Por Almu Dapena |
-
Un investimento de 2,8 millóns de euros cun retorno "que calculamos vai estar por riba dos 15"
Por Diego Espiño |
-
Descobre os circuítos deseñados para a Gran Final das Series Mundiais
Por Almu Dapena |
-
Non falta nin un: Unha lista de saída elite coa flor e nata do tríatlon olímpico actual
Por Almu Dapena |
-
Consulta o horarios das carreiras que compoñen a Gran Final de Pontevedra
Por Almu Dapena |